Flores de

Científicos galegos participan no descubrimento en China dun fósil que adiantaría 50 millóns de anos a orixe das flores

Ciencia - 18 Decembro 2018

Os investigadores atoparon un novo espécime fósil bautizado como 'Nanjinganthus dendrostyla', que se remontan ao Xurásico temperán, hai máis de 174 millóns de anos.

Souto de castiñeiros / galiciaunica.es

Así se 'domesticou' o castiñeiro en Galicia, desde o século XV

Ciencia - 12 Decembro 2018

O grupo Agronomía da Universidade de Santiago lidera a análise xenética do castiñeiro en Europa e avalía o efecto do enxerto na súa ‘domesticación instantánea’. As primeiras evidencias de cultivo en Galicia localizáronse no val do Douro, en castaños enxertados de 14 metros de perímetro, hai seis séculos.

Handy Gym foi ideada pola empresa Micaton Ergonomics S.L / Duvi

Handy Gym, a máquina de adestramento máis pequena do mundo "made in Galicia"

Ciencia - 11 Decembro 2018

Cun peso inferior a un quilogramo e un tamaño de 15 centímetros, este sistema de adestramento baséase na tecnoloxía inercial.

Luis Liz-Marzán | Agencia SINC

Un galego no top da ciencia en España

Ciencia - 06 Decembro 2018

O Ministerio de Ciencia e Universidades laureou ao lucense Luis Liz-Marzán co Enrique Moles, o Premio Nacional de Ciencia e Tecnoloxía Química.

Satélite Gaia / ESA.

Os nanosatélites, o futuro do espacio

Ciencia - 05 Decembro 2018

A cidade de Vigo vén de celebrar o primeiro congreso de New Space de toda España coa Universidade viguesa posiciónase como un núcleo revolucionario e transgresor das telecomunicacións.

Cambio de hora outubro 2018. Europa Press - Archivo / Europa Press

Expertos defenden os dous cambios de hora e volver adiantar o de inverno a setembro

Ciencia - 04 Decembro 2018

Segundo o científico Jorge Mira Galicia non debería cambiar o seu fuso horario para que coincida co de Portugal.

Acto no Muncyt na Coruña co ministro  Pedro Duque.. XUNTA / Europa Press

Pedro Duque apunta o valor da divulgación para concienciar sobre a importancia da ciencia e da tecnoloxía

Ciencia - 04 Decembro 2018

O ministro de Ciencia anunciou na Coruña un novo programa para fomentar as vocacións científicas.

Algas na costa de Galicia / DUVI.

Metais tóxicos nas algas comestibles máis consumidas en Europa

Ciencia - 04 Decembro 2018

Un estudo científico comproba a presenza de aluminio, cadmio, chumbo e mercurio nestes organismos. Os investigadores subliñan o caso das augas galegas como exemplo de "exposición á actividade humana a grande escala" e a "desastres ambientais".

Xornada New Space España. DUVI / Europa Press

Vigo, base "pioneira" de nanosatélites e foro de discusión sobre a "democratización" do espazo

Ciencia - 29 Novembro 2018

A Universidade de Vigo lanza en decembro un novo nanosatélite, o LUME-1, para a prevención e detección de incendios forestais. A cidade acolle o primeiro encontro New Space España, con máis de 200 expertos.

O Premio Nobel de Química en 2016, Jean Pierre-Sauvage / Santi Alvite - USC.

Galicia acolle a Jean Pierre-Sauvage, Premio Nobel pioneiro da química supramolecular

Ciencia - 28 Novembro 2018

A Universidade de Santiago e o Consorcio de Santiago de Compostela organizan un encontro co prestixioso científico.

A científica Carmen Piñeiro.

Carmen Piñeiro, unha científica galega pioneira na Antártida

Ciencia - 28 Novembro 2018

A investigadora do Centro Oceanográfico de Vigo pon en valor o labor das mulleres científicas españolas que foron pioneiras nos estudos no Ártico, e recorda a primeira expedición científico-pesqueira no continente xeado, hai tres décadas.

Fernando Abilleira / CCCB.

Fernando Abilleira, o científico de orixe galega ao mando da sonda da NASA que explorará o interior de Marte

Ciencia - 27 Novembro 2018

Nado en Madrid, pero con familia en Sanxenxo, este enxeñeiro aeroespacial é o responsable do Deseño de Misión e Navegación do 'InSight', que aterrou no planeta vermello esta semana.

De esquerda a dereita, Fernando Alcalde, Pablo González e Alvaro Lozano / USC.

As matemáticas suxiren que unha boa organización é a mellor defensa

Ciencia - 27 Novembro 2018

Científicos da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago demostran a probabilidade de que o efecto da selección natural na extensión dun hipotético patóxeno pode verse reducido en función da estrutura adoptada polo organismo.

Sistema láser do L2A2 en funcionamento / USC.

Científicos galegos crean unha nova tecnoloxía de raios X

Ciencia - 26 Novembro 2018

Son os primeiros resultados do Laboratorio Láser de Aceleración e Aplicacións da Universidade de Santiago, que traballou na aceleración de partículas para desenvolver aplicacións médicas.

Restos da fragata da Armada española

Buques dos séculos XVI e XVIII afundidos na costa galega revelan segredos do Imperio español

Ciencia - 23 Novembro 2018

Investigadores publican os resultados das análises químicas dos restos do galeón 'Santiago de Galicia', afundido en 1597 en Ribadeo, e da fragata da Armada española 'Santa María Magdalena', botada en 1773 en Ferrol e que foi a pique en 1810 en Viveiro. Os resultados evidencian que os cascos destes navíos foron construídos con madeira de carballo do noroeste peninsular e que en Europa se teceron rutas comerciais para o subministro de distintos tipos de madeiras destinadas ás frotas española e portuguesa, sendo o "motor da primeira globalización".

Al-Andalus.

Investigadoras de Galicia, Reino Unido e Canadá reconstrúen a dieta das clases populares no Al-Andalus medieval

Ciencia - 22 Novembro 2018

As científicas analizaron restos datados entre os séculos IX e XIII.

Cociña de vangarda/ R. Berlim, Flickr

A nova cociña sabe a tecnoloxía

Ciencia - 22 Novembro 2018

Hai diferentes tecnoloxías para modificar os alimentos e conseguir maneiras de cociñar que non se usaban tradicionalmente. Entre elas, o uso de ultrasóns para cociñar; a extracción de aromas ou uso do baleiro para impregnar froitas con sabores diferentes.

Juan A. Garzón, primeiro pola dereita, xunto a integrantes do equipo encargado do desenvolvemento co detector TRISTAN no

Un detector de raios cósmicos feito en Galicia axudará a resolver un dos misterios para a ciencia

Ciencia - 21 Novembro 2018

Está destinado á Campaña Polar Española na Antártida e foi desenvolvido nunha colaboración entre a Universidade de Santiago e o LIP de Coimbra (Laboratorio de Instrumentación e Física Experimental de Partículas). Búscase profundar na forma de corrixir en terra o efecto da temperatura da atmosfera nos raios cósmicos, problema que está sen resolver.

Avespa velutina ataca unha abella / Danel Solabarrieta en Flickr.

Científicos demostran a pouca eficacia das trampas comerciais e caseiras contra a avespa velutina

Ciencia - 21 Novembro 2018

Un estudo realizado en 21 municipios galegos invadidos pola avespa asiática evidencia que as trampas de cebo teñen "taxas de captura e selectividade relativamente baixas" e representan unha "ameaza potencial" para os insectos nativos, sendo os métodos caseiros os menos eficaces. So o 0,90% dos insectos atrapados son velutinas.

Celebración do Mes da Ciencia en Galego / Xunta

A ciencia tamén se pode facer en galego

Ciencia - 20 Novembro 2018

Cultura e Turismo celebra no Pórtico da Gloria o Mes da Ciencia en Galego.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.