O CSIC participa desde Galicia nun proxecto sobre fitominería. / Europa Press

Galicia participa nun proxecto europeo pioneiro sobre o potencial socioeconómico da fitominería

Ciencia - 01 Xuño 2017

O CSIC, a través do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG), é o único socio español do proxecto 'Agromine', cuxo obxectivo "é pór en valor o uso das técnicas de fitominería para a obtención de níquel".

Premio SEn Ictus / Europa Press

Os neurólogos galegos Delicias Muñoz e Miguel Blanco, Premio SEN polo seu labor científico

Ciencia - 01 Xuño 2017

A Sociedade Española de Neuroloxía recoñece o "seu amplo labor científico e á súa dedicación" á investigación do ictus da esclerose múltiple.

Oito colexios e nove familias presentarán en Pontevedra os resultados das súas investigacións en Pontenciencia

Ciencia - 31 Maio 2017

Pontevedra presenta a nova edición desta cita científica, que se desenvolverá os días 2 e 3 de xuño na Escola de Enxeñaría Forestal.

Coca-Cola vs Pepsi.

Científicos galegos achan diferenzas entre Coca-Cola e Pepsi claves para a súa calidade

Ciencia - 31 Maio 2017

Investigadores das universidades de Vigo e Gante analizaron as propiedades dieléctricas destes refrescos e descubriron diferenzas no seu comportamento electromagnético. Estas probas poden ser importantes para corrixir defectos na produción e para ter un maior control da calidade deste tipo de bebidas tan populares. Íñigo Cuiñas, catedrático da UVigo, explica a GC os detalles deste experimento.

Mapa do radon en Galicia. As zonas vermellas son as máis afectadas / USC.

Unha tese mostra a utilidade dos mapas de radon residencial para coñecer o seu efecto sobre a saúde

Ciencia - 29 Maio 2017

Unha tese doutoral da Universidade de Santiago de Compostela (USC) mostra a utilidade dos mapas de radón residencial para coñecer o seu efecto sobre a nosa saúde.

Carballeira de Santa Susana, en Compostela/ flickr- E.A. Fernán

O carballo foi o principal recurso madeireiro na Galicia da Idade de Bronce

Ciencia - 26 Maio 2017

Investigadores galegos e portugueses identifican por primeira vez os principais recursos madeireiros consumidos polas pequenas poboacións humanas asentadas no noroeste peninsular na Idade do Bronce Antigo e Medio. Os científicos analizaron cinco asentamentos e un lugar funerario e descubriron que estas comunidades "estableceron unha clara preferencia pola madeira de Quercus", árbore "predominante nos bosques caducifolios que dominaron esta rexión durante ese período".

Imaxe microscópica en alta resolución dun oso de auga (Tardigrada) sobre musgo, de Nicole Ottawa e Oliver Meckes, unha das mellores fotografías de 2013 para National Geographic e a NASA. / Eye of Science - Science Source.

Galicia dá á ciencia unha nova especie de oso de auga, o ser máis resistente do mundo

Ciencia - 23 Maio 2017

Investigadores de Portugal e da Universidade de Santiago describen por primeira vez dúas novas especies de tardígrados, unha descuberta en San Cibrao e outra en Cascais. Estes animais están considerados os máis resistentes da Terra e son mesmo capaces de sobrevivir e reproducirse no baleiro do espazo exterior. Algúns científicos pensan que poden ser a chave para a colonización doutros planetas.

Recreación da sala de medición de radon co sistema de mitigación, no Laboratorio de Radioactividade Ambiental da Universidade da Coruña / Sensors, 2017, 17, 1090.

Reducen un 76% as concentracións de radon nun experimento na Universidade da Coruña

Ciencia - 19 Maio 2017

Un equipo de investigadores probou durante máis de oito anos, no Laboratorio de Radioactividade Ambiental da UDC, un método de mitigación deste gas canceríxeno. Os científicos presentan agora os "moi bos resultados" conseguidos. Galicia é a autonomía máis exposta ao radon.

Imaxe do

Os meteoritos do bólido avistado hai un ano caeron probablemente en Arbo e As Neves

Ciencia - 16 Maio 2017

Investigadores presentan as conclusións dun exhaustivo estudo presentado na 48th Lunar and Planetary Science Conference que tivo lugar en Texas.

Unha tese dun investigador do CSIC avanza no coñecemento das enfermidades bacterianas do feixón

Ciencia - 15 Maio 2017

O estudo ofrece "información esencial" para incorporar melloras xenéticas de resistencia ás pragas

Buque oceanográfico

Investigadores do IEO parten de Vigo para estudar os recursos pesqueiros en Terranova

Ciencia - 15 Maio 2017

Os científicos do Instituto Español de Oceanografía levarán a cabo durante os tres próximos meses as campañas anuais de investigación pesqueira denominadas Platuxa, Flemish Cap e Fletán Negro 3L.

O CSIC finaliza un estudo sobre o peixe pallaso / Europa Press

O CSIC finaliza un estudo pioneiro sobre o cambio de sexo do peixe pallaso

Ciencia - 11 Maio 2017

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas determinou por primeira vez os mecanismos xenéticos asociados ao cambio de sexo —de macho a femia— desta especie.

Afundimento do Prestige / Aduana Francesa.

Crean un sistema barato contra mareas negras como a do ‘Prestige’

Ciencia - 11 Maio 2017

A clave está no uso de sepiolita, un mineral coñecido tamén como "escuma de mar" porque frota na auga e ten gran capacidade de absorción. O método foi desenvolvido e ensaiado por un equipo do CSIC, do Ministerio de Economía, Industria y Competitividad e da Pennsylvania State University. Nos experimentos usaron fuel do ‘Prestige’ e recrearon as condicións reais nas que se atopan o buque e a súa carga.

Muller autoexplora as súas mamas.

A reconstrución inmediata da mama con prótese directa é oncoloxicamente segura

Ciencia - 10 Maio 2017

Investigadoras do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela confirman nun estudo a seguridade desta técnica para as mulleres con cancro de mama.

As dúas premiadas xunto aos seus compañeiros no Hospital / Europa Press

Premian un método rápido para detectar bacterias resistentes a antibióticos con participación galega

Ciencia - 10 Maio 2017

O Hospital Universitario Miguel Servet premia o método, no que participou o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC).

Grupo de Metabolismo Molecular da Universidade de Santiago / USC.

Investigadores galegos avanzan no tratamento do fígado graxo

Ciencia - 08 Maio 2017

Científicos da Universidade de Santiago mostran por primeira vez que as proteínas p53 e p63 regulan a cantidade de graxa que almacena o fígado, o que podería reverter a enfermidade. O achado publícase na revista Nature.

A USC xestiona un cento de patentes. / Europa Press

A USC xestiona un cento de patentes, cun retorno anual de 100.000 euros

Ciencia - 04 Maio 2017

A Universidade de Santiago xestiona cada ano entre 30 e 40 novas patentes.

Xurado do Premio Internacional de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica Ramiro Carregal.

Luis Paz-Ares, Premio de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal

Ciencia - 03 Maio 2017

O premiado, natural de Vilagarcía de Arousa, é xefe de servizo de Oncoloxía Médica no Hospital Universitario Doce de Octubre en Madrid e conta cunha brillante carreira investigadora, asistencial, académica e xestora.

A xerente da área de Santiago con profesionais de Anatomía Patolóxica / Europa Press

O CHUS incorpora unha técnica de secuenciación masiva de nova xeración para estudar o cancro de pulmón avanzado

Ciencia - 27 Abril 2017

O laboratorio de Bioloxía Molecular de Santiago "é dos primeiros de España e o único na sanidade pública galega en empregar esta técnica".

Un profesor da UVigo, elixido embaixador en Galicia de

Un profesor da UVigo, elixido embaixador en Galicia da iniciativa Scientix para fomentar a educación científica

Ciencia - 26 Abril 2017

José Benito Vázquez convértese nun dos 43 embaixadores de España no período entre 2017 e 2019.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.