Depuradora de augas residuais en Guillarei, Tui

Por que é importante analizar restos de drogas nas augas residuais?

Ciencia - 16 Novembro 2017

A Facultade de Química da USC analizará a investigación actual en epidemioloxía de augas residuais aplicada ao consumo de drogas.

Seca.

Medio cento de científicos galegos súmase á alerta mundial para salvar o planeta

Ciencia - 15 Novembro 2017

A revista BioScience publica o manifesto 'Advertencia dos científicos do mundo á Humanidade: un segundo aviso', asinado xa por 17.500 por investigadores de 184 países.

Xardas / Petar Milošević en Wikipedia.

A xarda que se captura en Galicia, a máis contaminada por anisakis en Europa

Ciencia - 10 Novembro 2017

Un estudo europeo mostra que as capturas nas augas galegas (87%) e norte de Portugal (52%) teñen un nivel de infección por este parasito xeralmente más alto que o atopado en zonas máis setentrionais do Atlántico oriental. O anisakis ten menor incidencia na xarda do Mediterráneo. Trátase dun problema de saúde pública, xa que afecta cada vez máis a humanos que consumen peixe contaminado.

Deserto do Sáhara / UVigo.

Un científico da Universidade de Vigo contribúe a explicar como se secou o Sáhara hai 5.500 anos

Ciencia - 10 Novembro 2017

O físico Luis Gimeno participa nun proxecto internacional sobre o "abrupto fin" do Período Húmido Africano

Esta é a primeira referencia documentada de cabaliños de mar nas illas Cíes / Manuel E. García Blanco.

Á luz un dos grandes misterios submarinos: o mundo dos cabaliños de mar, peixes pipa e dragóns de mar

Ciencia - 10 Novembro 2017

O Instituto de Investigacións Mariñas presentará en sociedade en Vigo o documental 'SyngDoc: O descoñecido mundo dos signátidos'.

Oliveira da variedade

Un fito: primeiras variedades galegas de oliveira recoñecidas oficialmente

Ciencia - 09 Novembro 2017

Os traballos da Misión Biolóxica de Galicia sobre Brava galega e Mansa galega foron aprobadas por resolución da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios

Exemplares de Quercus lusitanica (carballo anano) que resistiron o lume no Monte Pindo / Asociación Monte Pindo Parque Natural.

O Monte Pindo, último reduto do carballo anano en Galicia

Ciencia - 08 Novembro 2017

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas fai público un estudo sobre a conservación do Quercus lusitanica, especie en perigo de extinción. Galicia Confidencial adiantou en exclusiva os resultados hai catro meses.

Tenreira galega.

Melloran a calidade nutricional da carne de tenreira galega cunha dieta de bagazo de uva

Ciencia - 07 Novembro 2017

Científicos do Centro Tecnolóxico da Carne en Ourense demostran os beneficios dunha alimentación con residuos de uva tinta nestes animais, contribuíndo a reducir o contido de ácidos graxos saturados na graxa intramuscular.

Navallas / jlastras en Wikipedia.

Unha aplicación móbil para mellorar a xestión da explotación da navalla

Ciencia - 06 Novembro 2017

Universidade de Vigo e da Consellería do Mar poñen en marcha un proxecto de investigación para promover un método de explotación baseado en información biolóxica obtida de forma continua. A idea é que aplicación móbil permita aos mariscadores da Ría de Vigo identificar o mellor momento para realizar o seu labor.

Lume en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 / Miguel Núñez.

Un proxecto de intelixencia artificial axuda xa a esclarecer a autoría de incendios

Ciencia - 04 Novembro 2017

A Fiscalía de Medio Ambiente impulsa o primeiro prototipo de perfilado de incendiarios con redes bayesianas, que desenvolven investigadores da UAB. Investigadores dos lumes en Galicia xa poden usar esta ferramenta.

Poboación negra en Surinam, en 1915, descendente dos escravos africanos / histclo.com.

Un investigador galego descobre na Güiana os descendentes directos dos escravos africanos

Ciencia - 03 Novembro 2017

O xenetista Antonio Salas Ellacuriaga, da Universidade de Santiago, participa nun grupo internacional que identificou por vez primeira un conxunto de poboacións na Güiana Francesa e en Surinam que “representan os denominados cimarróns (noir marron), descendentes de escravos africanos rebeldes que conseguiron escapar e vivían refuxiados”.

Ensaio clínico do Chuvi / Europa Press

Un ensaio clínico do Chuvi abre a porta ao uso de biopsia líquida como alternativa á de tecido en cancro de pulmón

Ciencia - 02 Novembro 2017

Os resultados obtidos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo aínda están en fase de ensaio.

Versión en galego da Táboa Periódica dos Elementos / USC.

A ciencia en galego faise forte en novembro

Ciencia - 02 Novembro 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha un ano máis unha ampla programación nas bibliotecas de Galicia para o impulso da creación e da divulgación científicas en lingua galega.

Ría de Vigo

Un proxecto europeo estuda o impacto da descarga de augas subterráneas na ría de Vigo

Ciencia - 31 Outubro 2017

O proxecto, denominado SUBACID, está coordinado polo Trinity College de Dublín, conta coa participación do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e coa colaboración da asociación Amigos da Terra, con financiamento da Unión Europea e do Goberno de Irlanda.

MR-CAT, un novo sistema de diagnóstico de cancro no CHUVI

A Xunta pon en marcha unha unidade de Oncoloxía Pediátrica para abordar os cancros infantís

Ciencia - 31 Outubro 2017

Os casos de cancro en menores de 19 anos constitúen a segunda causa de morte na infancia e adolescencia.

Alegoría sobre a inmortalidade/ codigooculto.com

Debería a ciencia axudarnos a vivir para sempre?

Ciencia - 29 Outubro 2017

Esta será a pregunta da primeira Regueifa de Ciencia internacional da USC que debate sobre a inmortalidade.

Investigadoras universitarias durante unha manifestación a favor do ensino público

A Xunta insiste en que sufraga a talentos galegos

Ciencia - 28 Outubro 2017

Educación destina 263.250 euros á UDC, USC e UVigo para pagar parte dos contratos de sete científicos no marco do programa Ramón y Cajal.

Bosque arrasado polo lume, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 / Miguel Núñez.

Un modelo estatístico galego predí as zonas con maior risco de sufrir os incendios forestais máis graves

Ciencia - 26 Outubro 2017

Investigadores das universidades de Vigo e Santiago e do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán deseñan un sistema que avalía variables topográficas, de vexetación e meteorolóxicas para determinar o seu grao de severidade que poden sufrir distinas áreas no caso dun lume.

O enxeñeiro agrónomo e doutor Jorge Armesto analizou na súa tese a composición da verza / UVigo.

A verza galega, unha boa fonte de compostos bioactivos con elevada actividade antioxidante

Ciencia - 25 Outubro 2017

Jorge Armesto, doutor da Universidade de Vigo, estudou a composición desta verdura, analizando por primeira vez tanto as diferenzas de calidade entre as súas variedades rizada e lisa como os efectos no produto dos diferentes métodos de cocción.

Temperaturas, calor, verán.

As evidencias do cambio climático en Galicia

Ciencia - 24 Outubro 2017

Xeógrafos da Universidade de Santiago presentan os datos dun estudo que evidencian os efectos deste fenómeno no país.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.