Dolores Cortina, profesora da Facultade de Física da Universidade de Santiago e integrante do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) / USC.

Unha profesora de Santiago coordina un dos maiores experimentos europeos sobre física nuclear

Ciencia - 14 Xuño 2017

Dolores Cortina, do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, é elixida coordinadora dun dos maiores experimentos do centro europeo de investigación FAIR para o estudo da estrutura e propiedades da materia visible que forma o Universo.

Hemorraxia intracerebral.

Científicos galegos contribúen a un novo método que reduce os danos por sangrado no cerebro

Ciencia - 09 Xuño 2017

O Journal of the American Heart Association publica os resultados dun estudo realizado entre o Instituto de Investigación Sanitaria de Navarra, o Centro de Investigación Biomédica en Red do Instituto de Salud Carlos III e o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Os científicos probaron con éxito unha molécula que frea a hemorraxia intracerebral e mellora a recuperación funcional e neurolóxica.

Membros do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial / ITMATI.

As matemáticas e a estatística reducen á metade o custo e o tempo de desenvolvemento dun fármaco

Ciencia - 08 Xuño 2017

O ITMATI organiza en Vigo o XII Foro de Interacción Matemática Industria, onde se presentan varios casos de éxito.

 Investigadores do grupo QUIMOLMAT da Universidade da Coruña / UDC.

Científicos da Coruña descobren un novo sistema de refrixeración barato e non contaminante

Ciencia - 07 Xuño 2017

Investigadores da UDC do grupo QUIMOLMAT, da Facultade de Ciencias, e de PROTERM, da Escola Politécnica Superior, publican o traballo na prestixiosa revista Nature Communications. Os científicos propoñen o uso de materiais calóricos como alternativa aos gases de refrixeración, perigosos e contaminantes, unha proposta, barata e non contaminante que permitiría facer sistemas de refrixeración máis compactos e eficientes.

Captura dunha das pezas do documental

Os reitores, preocupados polo envellecemento das infraestruturas científicas das universidades

Ciencia - 05 Xuño 2017

A CRUE mostra a súa "preocupación" polo "envellecemento" das infraestruturas científicas nas universidades debido á "falta de financiamento" nos últimos anos.

Federico Martinón (esquerda) e Antonio Salas / USC.

Científicos de Santiago avanzan no estudo da maior causa de cegueira no mundo

Ciencia - 01 Xuño 2017

Investigadores da Universidade de Santiago participan nun estudo internacional que profunda no coñecemento das causas xenéticas da síndrome de exfoliación, causa de cegueira para 70 millóns de persoas.

O CSIC participa desde Galicia nun proxecto sobre fitominería. / Europa Press

Galicia participa nun proxecto europeo pioneiro sobre o potencial socioeconómico da fitominería

Ciencia - 01 Xuño 2017

O CSIC, a través do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG), é o único socio español do proxecto 'Agromine', cuxo obxectivo "é pór en valor o uso das técnicas de fitominería para a obtención de níquel".

Premio SEn Ictus / Europa Press

Os neurólogos galegos Delicias Muñoz e Miguel Blanco, Premio SEN polo seu labor científico

Ciencia - 01 Xuño 2017

A Sociedade Española de Neuroloxía recoñece o "seu amplo labor científico e á súa dedicación" á investigación do ictus da esclerose múltiple.

Oito colexios e nove familias presentarán en Pontevedra os resultados das súas investigacións en Pontenciencia

Ciencia - 31 Maio 2017

Pontevedra presenta a nova edición desta cita científica, que se desenvolverá os días 2 e 3 de xuño na Escola de Enxeñaría Forestal.

Coca-Cola vs Pepsi.

Científicos galegos achan diferenzas entre Coca-Cola e Pepsi claves para a súa calidade

Ciencia - 31 Maio 2017

Investigadores das universidades de Vigo e Gante analizaron as propiedades dieléctricas destes refrescos e descubriron diferenzas no seu comportamento electromagnético. Estas probas poden ser importantes para corrixir defectos na produción e para ter un maior control da calidade deste tipo de bebidas tan populares. Íñigo Cuiñas, catedrático da UVigo, explica a GC os detalles deste experimento.

Mapa do radon en Galicia. As zonas vermellas son as máis afectadas / USC.

Unha tese mostra a utilidade dos mapas de radon residencial para coñecer o seu efecto sobre a saúde

Ciencia - 29 Maio 2017

Unha tese doutoral da Universidade de Santiago de Compostela (USC) mostra a utilidade dos mapas de radón residencial para coñecer o seu efecto sobre a nosa saúde.

Carballeira de Santa Susana, en Compostela/ flickr- E.A. Fernán

O carballo foi o principal recurso madeireiro na Galicia da Idade de Bronce

Ciencia - 26 Maio 2017

Investigadores galegos e portugueses identifican por primeira vez os principais recursos madeireiros consumidos polas pequenas poboacións humanas asentadas no noroeste peninsular na Idade do Bronce Antigo e Medio. Os científicos analizaron cinco asentamentos e un lugar funerario e descubriron que estas comunidades "estableceron unha clara preferencia pola madeira de Quercus", árbore "predominante nos bosques caducifolios que dominaron esta rexión durante ese período".

Imaxe microscópica en alta resolución dun oso de auga (Tardigrada) sobre musgo, de Nicole Ottawa e Oliver Meckes, unha das mellores fotografías de 2013 para National Geographic e a NASA. / Eye of Science - Science Source.

Galicia dá á ciencia unha nova especie de oso de auga, o ser máis resistente do mundo

Ciencia - 23 Maio 2017

Investigadores de Portugal e da Universidade de Santiago describen por primeira vez dúas novas especies de tardígrados, unha descuberta en San Cibrao e outra en Cascais. Estes animais están considerados os máis resistentes da Terra e son mesmo capaces de sobrevivir e reproducirse no baleiro do espazo exterior. Algúns científicos pensan que poden ser a chave para a colonización doutros planetas.

Recreación da sala de medición de radon co sistema de mitigación, no Laboratorio de Radioactividade Ambiental da Universidade da Coruña / Sensors, 2017, 17, 1090.

Reducen un 76% as concentracións de radon nun experimento na Universidade da Coruña

Ciencia - 19 Maio 2017

Un equipo de investigadores probou durante máis de oito anos, no Laboratorio de Radioactividade Ambiental da UDC, un método de mitigación deste gas canceríxeno. Os científicos presentan agora os "moi bos resultados" conseguidos. Galicia é a autonomía máis exposta ao radon.

Imaxe do

Os meteoritos do bólido avistado hai un ano caeron probablemente en Arbo e As Neves

Ciencia - 16 Maio 2017

Investigadores presentan as conclusións dun exhaustivo estudo presentado na 48th Lunar and Planetary Science Conference que tivo lugar en Texas.

Unha tese dun investigador do CSIC avanza no coñecemento das enfermidades bacterianas do feixón

Ciencia - 15 Maio 2017

O estudo ofrece "información esencial" para incorporar melloras xenéticas de resistencia ás pragas

Buque oceanográfico

Investigadores do IEO parten de Vigo para estudar os recursos pesqueiros en Terranova

Ciencia - 15 Maio 2017

Os científicos do Instituto Español de Oceanografía levarán a cabo durante os tres próximos meses as campañas anuais de investigación pesqueira denominadas Platuxa, Flemish Cap e Fletán Negro 3L.

O CSIC finaliza un estudo sobre o peixe pallaso / Europa Press

O CSIC finaliza un estudo pioneiro sobre o cambio de sexo do peixe pallaso

Ciencia - 11 Maio 2017

O Consejo Superior de Investigaciones Científicas determinou por primeira vez os mecanismos xenéticos asociados ao cambio de sexo —de macho a femia— desta especie.

Afundimento do Prestige / Aduana Francesa.

Crean un sistema barato contra mareas negras como a do ‘Prestige’

Ciencia - 11 Maio 2017

A clave está no uso de sepiolita, un mineral coñecido tamén como "escuma de mar" porque frota na auga e ten gran capacidade de absorción. O método foi desenvolvido e ensaiado por un equipo do CSIC, do Ministerio de Economía, Industria y Competitividad e da Pennsylvania State University. Nos experimentos usaron fuel do ‘Prestige’ e recrearon as condicións reais nas que se atopan o buque e a súa carga.

Muller autoexplora as súas mamas.

A reconstrución inmediata da mama con prótese directa é oncoloxicamente segura

Ciencia - 10 Maio 2017

Investigadoras do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela confirman nun estudo a seguridade desta técnica para as mulleres con cancro de mama.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.