Laboratorio da Universidade de Santiago / USC.

Os galegos, os que máis apoian o investimento en ciencia e tecnoloxía

Ciencia - 13 Xaneiro 2016

Un novo informe da FECYT salienta que Galicia é a comunidade na que os cidadáns se mostran máis dispostos a apoiar o aumento do gasto nestes sectores, pero tamén na que se percibe menor desenvolvemento en I+D.

A base Gabriel de Castilla na illa Decepción / DUVI.

Investigadores galegos á conquista científica da Antártida

Ciencia - 12 Xaneiro 2016

Un equipo das universidades de Vigo e de Santiago partirá o 29 de xaneiro cara a illa Decepción, onde estudarán como a actividade volcánica afecta aos procesos de descomposición das algas.

Investigadores do Grupo de Investigación en Diagnóstico Conductual e Molecular Aplicado á Saúde, da Universidade da Coruña / UDC.

A Academia de Ciencias premia a investigadores da UDC por analizar a toxicidade de nanomateriais

Ciencia - 07 Xaneiro 2016

O Grupo de Investigación en Diagnóstico Conductual e Molecular Aplicado á Saúde recibe o Premio de Investigación 2015 da Real Academia Galega de Ciencias.

A Acampada Obradoiro protéxese da chuvia

2015, un dos menos chuviosos dos últimos 30 anos en Compostela

Ciencia - 04 Xaneiro 2016

O pasado ano 2015 foi o cuarto menos chuvioso dos últimos 30 en Compostela, con case 500 litros/m 2 por baixo da media, e cunha insolación tamén maior que a das últimas décadas, con 2.096 horas de Sol recollidas nos heliógrafos. Así o reflicte o resumo meteorolóxico da cidade elaborado cos datos obtidos de cotío na estación do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, centro colaborador da Axencia Estatal de Meteoroloxía.

A ría de Arousa deu catro novas especies mariñas á ciencia en 2015

Ciencia - 03 Xaneiro 2016

O Grupo de Estudo do Medio Mariño pechou un ano cheo de novos achádegos para a ciencia.

A neumóloga María Torres / Xunta.

O gas radon nas vivendas aumenta o risco de cancro de pulmón para os non fumadores

Ciencia - 28 Decembro 2015

María Torres, neumóloga do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, demostra na súa tese doutoral que o radon residencial, abundante en Galicia, é un factor de risco importante para este tipo de cancro en xente que nunca fumou.

Identifican na ría de Arousa unha nova especie de molusco gasterópodo

Ciencia - 28 Decembro 2015

O Grupo de Estudo do Medio Mariño, en colaboración co Muséum National d'Histoire Naturelle de Francia e o Instituto Español de Oceanografia, presenta ao mundo científico a 'limacia ibérica'.

Rodaballos triploides / Instituto Español de Oceanografía.

O cultivo de rodaballos estériles pode mellorar a produción desta especie

Ciencia - 24 Decembro 2015

Investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo presentan un estudo que demostra que o seu cultivo podería permitir obter exemplares de maior tamaño e reducir a súa taxa de mortalidade.

Laboratorio da Universidade de Santiago / USC.

A Universidade de Santiago, na elite da produción científica

Ciencia - 23 Decembro 2015

A USC é a décima das universidades españolas pola calidade e cantidade das súas publicacións científicas e a 381 en todo o mundo, segundo o University Ranking by Academic Performance.

Marcos Curty, investigador de AtlantTIC e profesor da Universidad de Vigo / DUVI.

A Universidade de Vigo, na vangarda da criptografía cuántica

Ciencia - 22 Decembro 2015

A revista científica Nature Photonics publica un estudo sobre a fiabilidade da criptografía cuántica no que participa Marcus Curty, investigador de AtlantTIC.

Augusto Pérez Alberti, catedrático de Xeografía Física da Universidade de Santiago / USC.

A USC realiza a primeira investigación no mundo que aplica drons en xeomorfoloxía costeira

Ciencia - 22 Decembro 2015

O catedrático de Xeografía Física Augusto Pérez Alberti comprobou en dous coidos galegos en Laxe Brava e Oia cómo os temporais afectan a súa fisionomía.

Detalle do cometa Catalina. / USC.

Remata un outono “atípico” e comeza o inverno coa visita do cometa Catalina

Ciencia - 21 Decembro 2015

A estación que remata foi seca e calurosa na capital de Galicia, segundo o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago. O cometa Catalina poderá observarse a simple vista en xaneiro.

Investigadores e profesores da Universidade de Cabo Verde e do Campus do Mar de Vigo traballan nun proxecto conxunto / Uvigo

O Campus do Mar acada o selo de excelencia internacional definitivo

Ciencia - 15 Decembro 2015

Este recoñecemento coincide cunha achega do Ministerio de 166.000 euros para proxectos de internacionalización e emprego.

Un experto en tecnoloxías da información e da comunicación. / Xunta.

Galicia carece de profesionais suficientes no ámbito científico tecnolóxico

Ciencia - 15 Decembro 2015

Malia ser un dos sectores con máis demanda de traballo, os estudantes galegos amosan pouco interese por formarse como profesionais das TIC.

Distribución xeográfica das universidades que aparecen entre as cen mellores no Wikipedia Ranking of World Universities. / José Lages, Antoine Patt, Dima Shepelyansky.

Wikipedia penaliza as universidades galegas

Ciencia - 14 Decembro 2015

Investigadores franceses crean un novo modelo para clasificar as universidades máis influíntes do mundo baseado nas referencias enlazadas na enciclopedia libre. Na clasificación, que inclúe 1.025 institucións, non aparece ningunha galega.

Conferencia de Reitores do Suroeste Europeo, Crusoe

Imaxina, un proxecto universitario de catro millóns

Ciencia - 12 Decembro 2015

A Conferencia de Reitores do Suroeste Europeo, Crusoe, conformada por universidades e institutos politécnicos de Galicia, Asturias, Castela e León e o norte e centro de Portugal, está a ultimar os detalles dun proxecto de investigación que en breve presentarán á Unión Europea, aproveitando a apertura do novo marco financieiro, e para o que tratarán de acadar unha axuda orzamentaria de arredor de catro millóns de euros.

Presentación doD3Mobile Metrology World League 2015 en Lugo / USC

A ciencia galega copa as axudas da Fecyt

Ciencia - 11 Decembro 2015

Sete proxectos de divulgación científica da USC consolidan a esta universidade na cabeza da financiación de proxectos, entre eles, os baseados en 3D, matemáticas, física, química ou regueifas de ciencia.

Virxilio Rodríguez, investigadores da Agrupación Aeroespacial da UVigo e Francisco Marín celebran o éxito da comprobación en directo do funcionamento do sistema HumSAT / DUVI.

Galicia exhibe músculo aeroespacial

Ciencia - 11 Decembro 2015

A Universidade de Vigo demostra en directo a utilidade e fiabilidade da súa tecnoloxía aeroespacial cunha transmisión de datos recollidos nunha estación de medición do río Miño.

Ramón Alberte Díaz Varela, director de operacións de RPAS da Universidade de Santiago. / USC.

A Universidade de Santiago operará con drones

Ciencia - 07 Decembro 2015

A Axencia Espacial de Seguridade Aérea autoriza á USC a operar con aeronaves pilotadas por control remoto.

Javier Montenegro García (dereita) acompaña ó conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, nunha visita ó CiQUS. / Xunta.

O CiQUS volve recibir a máis prestixiosa axuda europea a novos investigadores

Ciencia - 07 Decembro 2015

Javier Montenegro García obtén unha bolsa Starting Grant para o seu proxecto Dynamic Cell Penetrating Peptides.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.