Periodista Digital acusa a blogueiros galegos de “ameazar” ao Papa

Comunicación - 26 Agosto 2010

Ao fío das polémicas pegatinas que comezan a agromar nas rúas de Compostela.

Sobrevirá algún medio en galego?

Comunicación - 16 Agosto 2010

O empresario d'A Peneira culpa a Xunta e mesmo aos redactores dos despedimentos, mentres os asalariados, que marchan con 6 meses sen cobrar, cualifican a súa actitude de "humillante".

La Voz e El Progreso gañan os concursos que lles deseñou a medida Medio Rural

Comunicación - 15 Agosto 2010

A Xunta pagará 125.000 euros a cada xornal mediante uns concursos negociados sen publicidade, nos que en teoría debería haber competencia pero que en realidade estaban amañados dende o mesmo título. Documentación no interior.

A Xunta baixa as axudas para os medios 100% en galego

Comunicación - 13 Agosto 2010

No último ano do bipartito houbo unha convocatoria de 900.000 euros, mentres que este ano só é polo de agora de 63.000.

Xornal "se coloca tercero" grazas a Vieiros

Comunicación - 31 Xullo 2010

O xornal que dirixe José Luis Gómez ven de publicar xa un artigo no que destaca que ten atraido a parte dos lectores do desaparecido Vieiros.

"Dos encapuchados de habla gallega"

Comunicación - 30 Xullo 2010

"Dos encapuchados de habla gallega atracan a punta de pistola la estación de servicio de A Ponte do Porto...Dos hombres jóvenes que hablaban gallego robaron la gasolinera de A Ponte do Porto (Camariñas) armados con sendas pistolas".

En marcha a resurrección de Chuza!

Comunicación - 28 Xullo 2010

Internautas traducen o código de Meneamedo galego e preparan o moi próximo lanzamento do portal de noticias editado polos propios usuarios.

Que medio necesita Galicia?

Comunicación - 27 Xullo 2010

Galicia Confidencial abre unha fiestra para que opinedes sobre a necesidade de abrir novos camiños no eido comunicativo do país tras o feche de medios e webs con longa tradición na rede galega.

Santiago Rey acusa ao PSOE da crise española

Comunicación - 25 Xullo 2010

O editor de la Voz de Galicia pon nome e apelidos ao responsable da crise que sufre España; o PSOE. Tamén carga contra as entidades financieiras, contra as "tensións" nacionalistas e contra algúns xornais "jaleadores" de grupos políticos. Sobre a situación galega, volve a criticar a socialistas e nacionalistas.

O editor culpa ao xerente do feche de Vieiros

Comunicación - 24 Xullo 2010

Día negro para a internet galega. Lois Rodríguez, editor do diario dixital Vieiros, anuncia o seu feche definitivo o 25 de xullo. O Día da Patria Galega tamén pechará a rede social Chuza!, anunciou o seu webmaster Berto Yañez.

Os Outeiriño saldan contas con La Voz

Comunicación - 18 Xullo 2010

La Región desmiúza a caída de lectores do diario de Santiago Rey. Esta ruptura do corporativismo entre os editores débese a que La Voz frustrou unha operación para que a Deputación de Ourense entrara no accionariado do xornal ourensán.

Feijóo: 'o político navega pola prensa para facer intelixibles as súas mensaxes'

Comunicación - 13 Xullo 2010

O presidente da Xunta de Galicia falou este martes do poder da prensa e da relación entre o xornalismo e a política.

Rebelión a bordo no Partido Galeguista

Comunicación - 09 Xullo 2010

Un grupo de concelleiros denunciará este sábado que a actual dirección ten secuestradas as siglas da histórica formación.

La Voz ataca á competencia e Faro destápalle máis repartos masivos

Comunicación - 06 Xullo 2010

A publicación da segunda vaga do Estudio General de Medios provocou unha nova onda de autobombo nos medios galegos e de denuncias da suposta crise dos rivais.

A CIG culpa á dirección d’A Nosa Terra dos impagos

Comunicación - 05 Xullo 2010

A “mala xestión” dos directivos que mantén Jacinto Rey no histórico semanario fai perigar a viabilidade dunha cabeceira histórica, segundo o sindicato nacionalista.

Que lle pasa ás audiencias da TVG e da RG?

Comunicación - 05 Xullo 2010

Pasou xa un ano desde que o executivo de Núñez Feijóo nomeara á nova dirección da CRTVG e os datos amosan que tanto a radio, como a televisión pública, perden audiencia paseniñamente.

O Xacobeo non existe para o The Telegraph

Comunicación - 02 Xullo 2010

O xornal inglés adica unha reportaxe a Santiago nun dos seus suplementos de viaxe, pero non fai ningunha referencia ao Xacobeo.

Axudas a dedo para a prensa da emigración

Comunicación - 01 Xullo 2010

240.000 euros sen concurso ou publicidade. Esta é a cantidade que paga a Xunta a tres xornais en español para que informen das “liñas” que aplica Santiago Camba, secretario de Emigación.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.