Comunicación - 07 Setembro 2009
Cadena Noroeste e Punto Radio acaban de romper o acordo comercial e informativo que mantiñan e que explotaban baixo a fórmula de Radio Líder...
Comunicación - 27 Agosto 2009
Os comités de empresa de Faro de Vigo e Celta de Artes Gráficas protestarán, novamente, esta mañá, contra o despido de oito traballadoras. A concentración terá lugar a partir das 11.30 horas ante o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (Marco). Reproducense deste xeito as protestas dos traballadores que xa tiveron lugar a principios de xullo.
Comunicación - 24 Agosto 2009
A empresa madrileña Avante Comunicación acaba de facerse co concurso de servizo de compra de espazos en prensa especializada nacional e internacional, nomeadamente de Alemaña, para difundir as actividades do Igape. O custe total deste concurso é de 359.600 euros.
Comunicación - 14 Agosto 2009
Hai uns dias o Xacobeo anunciaba o concurso da campana de publicidade e creatividade por 625.000 euros e cun prazo de pouco màis de mes e medio...
Comunicación - 07 Agosto 2009
Non é a primeira, nin será a ultima, que falamos das cuantiosas subvencións que os medios teñen recibido tanto do Goberno de Fraga, do bipartito coma do novo Executivo de Feijóo. Sen embargo, hoxe é El País quen lle saca os colores a La Voz de Galicia. Este xornal publica que La Voz recibiu en 2006 o 20% de todas as axudas que o bipartito repartiu entre os medios de comunicación. En total, 5.765.625 euros.
Comunicación - 17 Xullo 2009
Un informe presentado hoxe polo Colexio de Xornalistas destapa a situación dos profesionais da comunicación na comunidade: o 27,6% declara traballar máis de oito horas e un 40,3% traballa máis de 22 días ao mes. O seu salario medio está moi por baixo da media dos licenciados de segundo grao. A esta situación sumase tamén a súa invisibilidade social. Ningún medio vai falar dos problemas dos xornalistas nin, por suposto, dos moitos despedimentos dos últimos meses. Máis información aquí.
Comunicación - 11 Xullo 2009
Un dos grandes xornais galegos, Faro de Vigo, pertencente ao grupo Prensa Ibérica, tamén está en crise. A cabeceira decana de Galicia ben de despedir a oito dos seus traballadores de moi malas maneiras, con presenza da Policía Local incluída. O Sindicato de Xornalistas chama aos traballadores a protestar e reivindicar os seus dereitos. Tamén o gratuíto Que!, que mantiña unha sede en Vigo, acaba de pechar as portas deixando dez traballadores na rúa, un camiño semellante ao do 20 Minutos que pecha as delegacións de Vigo e Coruña, deixando tan só a unha persoa por cidade traballando dende as súas casas.
Comunicación - 09 Xullo 2009
O empresario Jacinto Rey acaba de devolverlle o golpe a Santiago Rey. O propietario de San José tíñalla gardada ao editor de La Voz dende a campaña que éste emprendeu contra el pola saída do Xornal de Galicia, do que Jacinto Rey é o máximo accionista...
Comunicación - 22 Xuño 2009
Unha televisión boliviana presentou no seu principal telexornal, e abrindo o informativo, unha serie de fotografías falsas do suposto instante no que o vo 447 de Air France caiu ao Oceano Atlántico o pasado 1 de xuño. Estas instantáneas son froito dunha montaxe con imaxes da famosa serie "Perdidos". Esta fin de semana a presentadora recoñeceu o seu erro e dixo que actuou de "boa fe" ao recoller información que lle chegou por Internet. Sen embargo, quixo aclarar que na súa nota non se aseguraba que os feitos fosen "totalmente certos".
Comunicación - 19 Xuño 2009
O director de Xornal, José Luis Gómez, denuncia hoxe a "discriminación" que según el sufriu este medio por ser excluído da campaña publicitaria de Educación para promocionar a enquisa sobre o decreto do galego no ensino e mesmo chega a pedir a demisión do conselleiro. Esta campaña, da que xa deu conta GC en primicia, podería custar 300.000 euros segundo denuncian PSdeG e BNG. Non só Xornal foi excluído destas axudas. Tamén Galicia Hoxe quedou fora.
Comunicación - 11 Xuño 2009
Primeiro foi o ADN, logo o Que! e a crise xa toca ao tercer gran gratuíto, 20 minutos, que pecha as dúas delegacións que mantiña en Galicia, a de Vigo e a da Coruña...
Comunicación - 11 Xuño 2009
O Igape destinará case un tercio máis de diñeiro público que no último ano do goberno bipartito para mercar espacios de publicidade en medios especializados de economía...
Comunicación - 09 Xuño 2009
Finalmente Pilar Bermúdez Blanco será a nova xefe de informativos da TVG...
Comunicación - 08 Xuño 2009
Xurxo Souto despediase do 'Aberto por Reformas' asegurando que coa música galega "botamos por fora". No seu lugar estará Xusto López Carril cunha selección de música con "estilo propio". Por outra banda, a Fundación Artabria acaba de denunciar a fin deste programa ...
Comunicación - 04 Xuño 2009
Publicamos o video sobre as vacas tolas censurado este martes na TVG dentro do Espacio Caixa Negra...
Comunicación - 03 Xuño 2009
A Xunta cotraataca e, en relación coas axudas aos medios, asegura que o bipartito deixou facturas millonarias pendentes...
Comunicación - 02 Xuño 2009
Antes de "estudar" a regulación das subvencións aos medios, tal e como se comprometeu a pasada semana cos representantes dos xornalistas, Núñez Feijóo apresurouse, dous meses despois de asumir a Presidencia do Goberno galego, a ampliar o decreto de axudas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión asinado polo bipartito e o fai con 300.000 euros máis que o anterior goberno...
Comunicación - 01 Xuño 2009
Finalmente, e despois de moitas especulacións, Rosa Vilas e Rosa Martínez dirixirán a TVG e a RG, respectivamente...