Comunicación - 02 Febreiro 2009
Acaban de remitirnos un video que é bochornoso polo que nel se pode ver e porque recrea unha situación moi real no mundo dos medios de comunicación. O "gran wyoming", ese "rei do espectáculo", botandolle unha bronca descomunal a unha bolseira que, como saben os que se adican a isto do xornalismo, traballa igual ou máis que un traballador, e cobra 300 miserentos euros, cando non cobran nada. No programa de hoxe saberemos o desenlace desta historia recreada. En todo caso, e alleos a montaxes televisivas, dende GC o noso apoio a todo este amplo colectivo que nin tan sequera ten os dereitos dun traballador.
Comunicación - 30 Xaneiro 2009
Metro internacional acaba pecha as súas operacións en España pola actual crise económica que vive o sector...
Comunicación - 27 Xaneiro 2009
Un lector dirixese a nós para preguntar sobre os problemas do teletexto da TVG...
Comunicación - 26 Xaneiro 2009
A Federación Internacional de Periodistas (FIP) denuncia as "difíciles" circunstancias nas que traballan os xornalistas palestinos e reclama axuda urxente á comunidade internacional para protexelos. Por outra banda, o Sindicat de Periodistes de Catalunya denunciou que un equipo de TV3 foi agredido polo exercito israelí.
Comunicación - 23 Xaneiro 2009
A CUT denuncia graves irregularidades no día de hoxe durante o proceso de revogación do Comité de empresa da TVG...
Comunicación - 23 Xaneiro 2009
Mucho se ha hablado del cabreo que tiene La Voz con la aparición del nuevo "Xornal" de Jacinto Rey y que estaría financiado por el concurso eólico. Pero las cosas puede ser que no sean como parece que son y puede ser que el mundo sea al revés sobre todo cuando el viento remueve todo
Comunicación - 22 Xaneiro 2009
O proxecto galego de información alternativa 'Altermundo' será presentado en Belém do Pará no marco do I Foro Mundial dos Medios Libres co obxectivo de "integrar un medio libre galego no tecido mundial de medios de comunicación alternativos ao xornalismo de mercado".
Comunicación - 21 Xaneiro 2009
"En cinco años, con toda seguridad existirán periódicos escritos. Dentro de 10, si se hacen las cosas precisas, a lo mejor, probablemente sí. En 15, no estoy seguro de que sigan existiendo tal y como los conocemos. Existirán si luchamos para que existan". Con esta aseveración defendeu hoxe o conselleiro delegado do Grupo Prisa, Juan Luis Cebrián, o que calificou de "refundación" de El País, "la decisión más importante de esta empresa desde su fundación"...
Comunicación - 20 Xaneiro 2009
Finalmente non hai acordo entre sindicatos e traballadores sobre a futura política laboral da CRTVG e un bo número dos segundos, baixo o paraugas da CUT, ten iniciado un proceso de revogación do Comité da empresa da TVG...
Comunicación - 16 Xaneiro 2009
Remitennos o enlace a unha nova páxina web: http://www.baixomino.1foro.com , o foro do Baixo Miño. "O punto de encontro da nosa comarca en internet", apuntan.
Comunicación - 15 Xaneiro 2009
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia os despidos acontecidos nos últimos días no Qué! e no Diario de Pontevedra. O xornal gratuíto despediu en Galicia a 12 dos seus 21 traballadores co consentimento do comité de empresa, dominado por CC.OO. No xornal propiedade do Grupo El Progreso foron tres as persoas despedidas e os seus traballadores barallan facer unha folga ante a posibilidade de novos recortes. O SXG critica o actual sistema de axudas aos medios e lémbralle á Xunta, empresas e concellos que o propio Parlamento de Galicia aprobou que os anuncios das administracións do país (Xunta, municipios, deputacións, etc.) estivesen condicionados ao fomento do emprego estable nos medios.
Comunicación - 14 Xaneiro 2009
No seu blog, os xornalistas de TV3 refirense a situación interna que están a padecer os medios públicos e piden "que siguem tots més crítics i autocrítics, que respectant com toca la jerarquia, utilitzem els instruments democràtics que enriqueixen el funcionament d'una redacció viva : l'Estatut Professional, el Comitè Professional, el Conveni col.lectiu, el Comitè d'empresa i els sindicats". E á empresa recomendanlle "que no divergeixin tant l'exigència professional i la situació laboral, sovint precària. No pot ser que l'empresa aparegui amb dues cares : la dels caps immediats i la de l'espasa de Dàmocles de la contractació".
Comunicación - 07 Xaneiro 2009
Os xornalistas de France-Presse veñen de iniciar unha campaña para garantir a independencia desta histórica axencia de prensa e para evitar a inxerencia das forzas políticas no traballo dos xornalistas. Podes consultar máis sobre esta campaña aquí. Por outra banda, a Federación Internacional de Prensa (FIP) denuncia as "violacións cínicas" dos dereitos dos medios por parte de Israel ao convertir aos xornalistas en obxectivos militares e evitar que sexan independentes á hora de informar do conflicto que se vive en Gaza.
Comunicación - 31 Decembro 2008
Acaba o ano e a situación nos medios non mellora. Seguen os problemas en El País e no Grupo Zeta...
Comunicación - 23 Decembro 2008
Tal e como avanzamos, a crise económica comeza a tocar de cheo aos medios de comunicación. Os traballadores de El País decidiron, de xeito casi masivo e a falta de votacións nas delegacións de Sevilla e Barcelona, ir á folga os vindeiros 26 e 27 deste mes por motivos laborais. A causa está na externalización do departamento de Publicidade do diario que afecta a case 60 traballadores. A dirección de Prisa negocia contrareloxo para tentar evitar unha folga que, de producirse, sería a maior da súa historia. Máis aquí.
Comunicación - 19 Decembro 2008
Interesante reflexión de Manolo Rivas sobre o actual concurso eólico. "O que un non comprende é como o actual Goberno non intentou o esclarecemento do anterior thriller eólico. Sería unha vacina, unha garantía para o actual proceso. Como non se entende que o Defensor do Pobo e a Xustiza non profundaran nas estrañas conexións entre ex altos cargos políticos e algunhas das concesións de parques eólicos e centrais hidroeléctricas no au revoir de Fraga. Talvez os intereses cruzados eran tan fortes que se coidou mellor mirar só cara adiante e confiarse colectivamente á deusa Fortuna. Mais xa é sabido que esta é unha dona traizoeira, "nunha man leva auga e noutra lume". Pide transparencia aos actuais gobernantes e a algúns poderes mediáticos. "Adeus aos apagóns informativos. Dende o poder ou dende os "muíños picados". Podes ler o seu artigo en El Pais.
Comunicación - 16 Decembro 2008
Segundo nos teñen comentado, nos últimos días, directivos da área comercial de La Voz de Galicia se teñen interesado pola difusión que Xornal de Galicia ten nas principais cidades galegas...
Comunicación - 15 Decembro 2008
GC cambia de imaxe a partir do vindeiro ano. Aínda que conservará o espírito blogueiro que o caracteriza, Galicia Confidencial configurarase como un novo medio de comunicación na rede...
Comunicación - 10 Decembro 2008
A saída este martes de Xornal de Galicia ten provocado o inicio, por parte de La Voz de Galicia, dunha serie de informacións moi críticas coa Vicepresidencia da Xunta...
Comunicación - 01 Decembro 2008
Xornal.com, diario que dirixe José Luis Gómez, integrase dentro de Xornal de Galicia e será o soporte dixital do novo xornal do Grupo San José que sairá a rúa a vindeira semana...