Baltar négase a responder ás preguntas de El País

Comunicación - 16 Xullo 2011

O barón ourensán é protagonista de moitas das informacións sobre caciquismo neste diario.

Feijóo: "Os gobernos non pechan medios de comunicación"

Comunicación - 14 Xullo 2011

O presidente galego insiste en que a Xunta non tivo nada que ver no peche de GH ou doutros xornais en galego.

Para ser xornalista da USC non cómpre estudiar comunicación

Comunicación - 11 Xullo 2011

As polémicas bases dunha praza no gabinete Universidade de Santiago desatan unha durísima condena do Colexio de Xornalistas. A experiencia vale cinco veces máis que a titulación, que nin sequera é un requisito, malia que a propia USC imparte dous carreiras de comunicación.

Que se busca sobre os políticos? "Rubalcaba gal" e "Rajoy gay"

Comunicación - 10 Xullo 2011

A potencia dos algoritmos de Google permite identificar que palabras se buscan xuntas máis a miúdo. GC mostra os resultados para Mariano Rajoy, Alfredo Pérez Rubalcaba, Cayo Lara e Manuel Fraga.

Acusan ao alcade de Vigo de obstruír aos medios "máis críticos"

Comunicación - 09 Xullo 2011

A Policía Local cacheou a varios informadores que tentaban cubrir o pleno do venres, no que non se prevía e non houbo incidente algún.

Canto venden en quiosco La Voz e Faro?

Comunicación - 08 Xullo 2011

GC debulla os últimos datos do OJD, que mostran importantes perdas de difusión da prensa en papel, e do EGM.

Esquerda Socialista critica a “hipocresía” da Xunta co galego

Comunicación - 05 Xullo 2011

Esta corrente do PSOE asegura que a desaparición de Galicia Hoxe confirma o “desexo” da Xunta de rematar cunha “sinal de identidade propia”.

O Bloque pide axudas á prensa en galego na rede e no papel

Comunicación - 04 Xullo 2011

Lobeira acusa a Feijóo de repartir as axudas en función das afinidades políticas co Goberno e non usalas para normalizar o idioma propio.

Os sindicatos de xornalistas, contra a privatización das TVs autonómicas

Comunicación - 04 Xullo 2011

Tras o peche do Galicia Hoxe, centrais de Cataluña, Galicia, Madrid, Andalucía, A Rioxa, Baleares e Canarias demandan máis axudas á prensa en galego.

Sen medios en galego, a lingua pode desaparecer

Comunicación - 01 Xullo 2011

A Real Academia únese ás voces que reclaman un programa de axudas real ás cabeceiras que apostan pola lingua propia do país. A AGAL tamén denuncia o recorte do pluralismo tras a morte do Galicia Hoxe.

Novas axudas a dedo á prensa da emigración

Comunicación - 01 Xullo 2011

En pleno debate sobre o recorte de axudas ao medios en galego, a Xunta volve a beneficiar a España Exterior, Galicia en el Mundo e La Región Internacional mediante convenios de colaboración.

Sánchez Izquierdo nega manipulacións nos informativos da TVG e RG

Comunicación - 30 Xuño 2011

Asegura que os medios públicos de Galicia son os únicos que garantizan a difusión do galego e defende a limpeza das probas e o tribunal das oposición a CRTVG.

Culpa da Xunta, do público ou de Editorial Compostela?

Comunicación - 28 Xuño 2011

Os directivos de Galicia Hoxe cargan durisimamente contra Feijóo, mentres o Sindicato e o Colexio de Xornalistas lembran que a empresa leva varios meses aplicando un ERE polo que os seus asalariados cobraban menos e traballaban máis.

O Galicia Hoxe pecha este luns

Comunicación - 27 Xuño 2011

A editora de El Correo Gallego bota á rúa a todos os traballadores do único diario impreso en galego salvo ao director e o subdirector. Complétase así un ano pésimo para os que teiman en informar na lingua do país.

A Consellería do Mar contrata a dedo a La Voz para unha enquisa

Comunicación - 27 Xuño 2011

A consultora Sondaxe realizará un estudo sobre pesca gracias ao cuarto contrato negociado sen publicidade que o Grupo Voz recibe da Xunta nos últimos meses. As empresas de Santiago Rey suman así máis de 285.000 euros nese período.

A Xunta volve contratar a dedo a catro xornais

Comunicación - 26 Xuño 2011

O Goberno deu a catro cabeceiras até tres adxudicacións discrecionais nos últimos meses. A Xunta repartiu case un millón a dedo entre os donos deses periódicos.

Así "manipula" a TVG as novas dos indignados e a lingua

Comunicación - 23 Xuño 2011

O Comité de Empresa dá exemplos concretos de como a emisora pública evita os temas que poden prexudicar a imaxe do PP e do Goberno da Xunta en asuntos como as reivindicacións de Queremos Galego, o 15 M e a detención dos responsábeis do IGAPE.

Medio millón a dedo para catro xornais

Comunicación - 08 Xuño 2011

La Voz será quen máis reciba no novo reparto discrecional dunha campaña da Xunta de Galicia. Outros tres xornais do país tamén cobrarán por informar de Medio Rural.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.