Acto de homenaxe a Javier Gutiérrez en Ferrol / Europa Press

Ferrol entrégalle ao actor Javier Gutiérrez a Medalla de Prata ao mérito artístico

Cultura - 17 Novembro 2018

Javier Gutiérrez iniciou o seu discurso asegurando que estaba "moi atafegado e moi feliz de estar aquí".

Futuro Nº7. Óleo con pedramol sobre lenzo. JOSÉ LORENZO / Europa Press

Abre este venres en Santiago a exposición individual 'Lodeiro: paisaxe e futuros'

Cultura - 15 Novembro 2018

A exposición trata de mostrar os elementos esenciais que compoñen a obra de Lodeiro.

Colección

Editorial Galaxia lanza unha nova colección de libros para reivindicar o feminismo

Cultura - 14 Novembro 2018

Chegará ás librarías galegas a finais deste mes de novembro coas tres primeiras achegas.

Miguel Franqueiro Becerra/Concello de Sober

A tuba que levou a Miguel de Sober a Barcelona

Cultura - 14 Novembro 2018

Miguel Franqueiro Becerra, é o director da Banda de Música de Sober desde o ano 2005 e este ano debutará como tuba solista da Orquestra Sinfónica de Barcelona e Nacional de Cataluña (OBC).

Unha actividade no Museo do Pobo / cedida

O Museo do Pobo Galego aviva os libros e a tradición

Cultura - 12 Novembro 2018

Esta institución, xunto coa Asociación Xandobela, organiza este xoves 15 a terceira edición de Biblioteca Vivente. Cun catálogo de oito Libros Vivos, procuran "construír coñecemento" a través da experiencia directa e do diálogo cos lectores.

Concerto de María Fumaça / Paxi da Silva

A banda "María Fumaça" actuará na final do certame 'Quero Cantar' da Deputación da Coruña

Cultura - 12 Novembro 2018

O encontro será este sábado no Teatro Colón ás 18:00 e nel actuarán as seis bandas finalistas do certame.

Feijóo entrega a Luz Casal o XXXI Grelo de Ouro de Fundación Amigos de Galicia. FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA / Europa Press

Luz Casal dedica o Grelo de Ouro á súa nai e a todos os seus familiares que tiveron que emigrar

Cultura - 10 Novembro 2018

A Fundación Amigos de Galicia galardoa a esta "galega universal" polo seu "talento" e "calidade humana".

XORNADA CULTURA ACCESIBLE CONCELLO CORUÑA. AYUNTAMIENTO CORUÑA / Europa Press

Xornada de "cultura accesible e inclusiva" na Coruña

Cultura - 09 Novembro 2018

O Concello da Coruña puxo en marcha esta xornada dentro do compromiso do goberno local de "situar ás persoas con diversidade no centro da produción das artes".

María Xesús Lama, gañadora do Premio Nacional de Ensaio

María Xesús Lama gaña o Premio Nacional de Ensaio cunha novidosa biografía de Rosalía de Castro

Cultura - 08 Novembro 2018

Hoxe, o Ministerio de Cultura e Deporte do Goberno de España outorgoulle o Premio Nacional de Ensaio a María Xesús Lama pola obra Rosalía de Castro. Cantos de liberdade e independencia (1837-1863) publicada en Galaxia o pasado 2017 O primeiro volume dunha novidosa e rigorosa biografía de Rosalía de Castro, valeulle hoxe o Premio Nacional de Ensaio a María Xesús Lama (Lugo 1964), profesora de Estudos Galegos na Universidade de Barcelona e editora da obra da poeta. Este primeiro volume, publicado por Galaxia o pasado febreiro de 2017, abrangue desde o nacemento da escritora ata 1863, ano da publicación de Cantares gallegos. A profesora Lama pescuda na vida de Rosalía de Castro en Madrid, nun tempo de ideais e de aprendizaxe para a mocidade que, na segunda metade do século XIX, decide intentar vivir da pluma. Cun enfoque novidoso e un pulo investigador que converte a lectura nunha pescuda apaixonante na vida da autora de Follas novas, este primeiro volume relata e analiza unha serie de feitos e momentos chave na infancia e na etapa de formación de Rosalía de Castro. Desvélase a orixe acomodada e urbana dunha rapaza que medra gozando do ocio e benestar da súa clase; desmóntase a teoría do trauma da orixe, xa que é unha nena querida e valorada pola súa familia, e aclárase de xeito incuestionable o asunto da paternidade. O xurado do Premio Nacional destacou que a obra de Lama contribúe «a revisar unha imaxe tópica de Rosalía de Castro ancorada nunha visión romántica e chorona, mostrando a unha escritora lúcida, independente e defensora da liberdade, a igualdade e a xustiza social». Deste xeito, María Xesús Lama convértese na cuarta muller en lograr o Premio na historia do galardón e na segunda autora galega, despois de que Justo Beramendi o lograse no 2011.

Os buracos dos mouros. Mina romana en Tomiño / Cedida

Lugo, capital do ouro galego por uns días

Cultura - 08 Novembro 2018

Expertos de distintos países participan neste congreso promovido pola Deputación Provincial. Será a primeira vez que se trate a cuestión da ourivaría galego a nivel internacional.

Exposición Alba de Gloria de Castelao / Europa Press

Reconstrúen as últimas emocións e pensamentos de Castelao

Cultura - 07 Novembro 2018

A exposición "Alba de Gloria", do Consello da Cultura Galega, utiliza ferramentas do século XXI para facer comprensible o testamento político do gran ideólogo galeguista.

Xulio Formoso, cantautor galego-venezolano

Morre Xulio Fermoso, o compositor de música protesta galego-venezolano

Cultura - 06 Novembro 2018

Morreu un dos cantautores da música protesta de Galicia, Xulio Formoso, de orixe galego-venezolano. Ademais de compositor e músico, Formoso era enxeñeiro civil e enxeñeiro de sistemas da UTSA en San Antonio de Texas. O analista Xurxo Martiz, tamén galego-venezolano, lembra a este compositor comprometido.

Dous lenzos de Dalí no Thyssen / Europa Press

Cadros de Dalí da colección Abanca estarán expostos no Museo Thyssen ata xaneiro

Cultura - 06 Novembro 2018

O Museo Nacional Thyssen-Bornemisza acolle até o 27 de xaneiro a exposición 'Dalí e o surrealismo na Colección de Arte Abanca'. É un conxunto de 13 obras, seleccionadas dos fondos artísticos do banco.

Mostra do cine clube A Calexa 2015 / Arquivo A Calexa

A maxia dos pequenos cine clubes galegos

Cultura - 06 Novembro 2018

"Onde mellor se ve una película é nunha sala, nunha butaca, en pantalla grande e a escuras. O feeling que se crea entre o espectador e a pantalla non se pode trasladar a outro esceario", asegura o presidente do cine clube a Calexa, Alfredo Vázquez Sanjurjo, que leva 21 anos loitando en Monforte polo amor ao celuloide.

‘La felicidad de los perros’/ David Hernández

A historia dun home vigués en paro de 40 anos e con dúas fillas salta ao cinema

Cultura - 06 Novembro 2018

O director vigúes David Hernández está colleitando boas críticas por ‘La felicidad de los perros’, o seu primeiro filme que se poderá ver en Cineuropa de Santiago de Compostela e no Festival Internacional de Cine de Xixión.

Actividades nunha das edicións anteriores do Laboratorio Audiovisual de Vedra

Destinan 240.000 euros para impulsar a preproducción de 14 proxectos audiovisuais

Cultura - 05 Novembro 2018

As axudas serán concedidas pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega de Industrias Cultura (Agadic).

Luz Casal

A artista Luz Casal recibe o XXXI Grelo de Ouro da Fundación Amigos de Galicia

Cultura - 05 Novembro 2018

Seralle entregado nun acto no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela que contará coa actuación do grupo de música antiga Resonet, que interpretarán cancións do seu disco no que versionan poemas de Rosalía de Castro, realizando así unha homenaxe á poetisa.

DMX Krew. SON ESTRELLA GALICIA / Europa Press

A Coruña acolle este sábado o ciclo SON Estrella Galicia coa actuación de DMX Krew

Cultura - 05 Novembro 2018

O artista convidado ten publicado traballos de electro, pop e sons experimentais.

Imaxe en 3D de Castelalo / CCG

Castelao volve á vida grazas ao 3D

Cultura - 05 Novembro 2018

O político e escritor galeguista é o protagonista dunha exposición que máis que unha mostra é unha experiencia sensorial. Tecnoloxías do século XXI rescata dos recunchos do pasado aos principais protagonistas da historia de Galicia.

Samaín en Cedeira

Sabes realmente de onde ven o Halloween?

Cultura - 01 Novembro 2018

A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro estase convertendo nun xogo de disfraces e cabazas que se importou desde os EE.UU. Pero, curiosamente, o Halloween é unha festa celta que os irlandeses e outros emigrantes levaron antes a ese país. O All Hallow’s Eve, o Samaín Celta, celebrase nun día equidistante entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.