O pintor galego Luis Caruncho / Xurxo Lobato

Falece o pintor e escultor galego Luis Caruncho

Cultura - 08 Outubro 2016

Foi Medalla Castelao polo seu labor como pintor e escultor de proxección internacional.

The Chemical Brothers / nosalive.com

Sweet California, The Chemical Brothers + 2manyDjs + Erol Alkan, Michael Nyman e Leiva, este outono en Galicia

Cultura - 08 Outubro 2016

A Asociación de Hostalaría de Santiago de Compostela ofrecerá aos asistentes prezos especiais para pasar a noite na cidade.

Unha "rompedora" obra do galego Misha Bies Golas gana o premio de pintura Mardel

Cultura - 07 Outubro 2016

O seu 'Políptico de sabores' exponse no Centro do Carmen xunto á obra dos 30 finalistas, novos artistas emerxentes

Abel Ferrara defende un cinema de "experimentación libre": "A viaxe dun cineasta é a onde o leven as súas ideas"

Cultura - 07 Outubro 2016

O cineasta norteamericano Abel Ferrara define o seu traballo a cabalo entre a independencia e a experimentación, aínda que se decanta por esta última e, en particular, pola "experimentación libre", no mundo do cinema: "A viaxe dun cineasta é a onde o leven as súas ideas".

Teatro do Noroeste representando Palabras Malditas.

O 60% dos actores e o 89% dos bailaríns galegos viven por debaixo do umbral da pobreza

Cultura - 07 Outubro 2016

Os intérpretes viven unha situación "alarmante", pois só un 25% cobra máis de 1.000 mensuais, mentres que case a metade están desempregados.

O director Sergei Loznitsa: "O cinema é unha ferramenta importante pero perigosa, hai que aprender a usar a imaxe"

Cultura - 07 Outubro 2016

O autor de 'Maidan', convidado de 'Curtocircuito', séntese "conectado" con Santiago e non descarta volver para rodar en Galicia

A artista catalá Núria Güell recibe o primeiro premio da XIV Mostra Internacional Gas Natural Fenosa

Cultura - 06 Outubro 2016

A bienal de arte contemporánea permanecerá aberta ata o 4 de decembro na sede do MAC

Unha obra aborda as distintas facetas de Manuel María en 29 artigos e recompila o seu epistolario con Ramón Piñeiro

Cultura - 06 Outubro 2016

O día no que Manuel María cumpriría 87 anos foi a data escollida para dar a coñecer unha nova obra en homenaxe ao poeta ao que se dedicou a festa das Letras Galegas neste ano. Unha publicación na que 29 autores e especialistas abordan as diferentes facetas da traxectoria do autor 'chaireigo', ademais dunha recompilación do epistolario que compartiu co intelectual Ramón Piñeiro.

Consello.- A Xunta concede ao Museo da Historia de Valga o recoñecemento de 'colección visitable'

Cultura - 06 Outubro 2016

O Museo da Historia de Valga (Pontevedra) ten a consideración de 'colección visitable' despois de que o Consello da Xunta, na súa reunión deste xoves, autorizara a devandita cualificación.

Un estudio presentado na RAG alerta do uso "maioritario" do castelán a idades temperás

Cultura - 06 Outubro 2016

Nova Escola Galega avoga por traballar na formación de educadores para avanzar na transmisión do galego

A exposición 'A fronteira infinda' mostra en Santiago unhas 40 obras de artistas galegos na emigración e o exilio

Cultura - 06 Outubro 2016

'A fronteira infinda', o título dun libro de relatos de Celso Emilio Ferreiro sobre a emigración, dá nome a unha exposición que, da man de Abanca, chega a Santiago para mostrar 44 obras realizadas por artistas galegos fóra das nosas fronteiras.

Sergei Loznitsa / Europa Press.

Sergei Loznitsa: “Gústanme as caras que vexo en Compostela, persoas que pelexan pola vida”

Cultura - 06 Outubro 2016

O autor de 'Maidan', convidado de 'Curtocircuito', séntese "conectado" con Santiago e non descarta volver para rodar en Galicia.

José María Pérez, 'Peridis', presenta o xoves en Santiago o seu libro 'La maldición de la reina Leonor'

Cultura - 06 Outubro 2016

José María Pérez, 'Peridis', presentará este xoves día 6 na Cámara de Comercio de Santiago o seu libro 'La maldición de la reina Leonor'.

O MAC inaugura este xoves en A Coruña a exposición colectiva da Mostra de Arte Gas Natural Fenosa

Cultura - 06 Outubro 2016

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) inaugura este xoves, a exposición colectiva '14ª Mostra de Arte', que estará aberta ao público ata o 4 de decembro. Das máis de 600 propostas recibidas durante a convocatoria, o xurado do certame de arte seleccionou 50 obras, das que 17 son de artistas galegos ou residentes en Galicia.

A música da Real Filharmonía chega este xoves ao centro sociocultural de Santa Marta, en Santiago

Cultura - 06 Outubro 2016

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá este xoves un concerto gratuíto no Centro Sociocultural de Santa Marta, en Santiago de Compostela, no que dirixirá a orquestra Adriana Winkler.

O contexto internacional das Irmandades da Fala, a debate no Consello da Cultura Galega

Cultura - 05 Outubro 2016

O Consello da Cultura Galega acollerá dende este xoves o congreso internacional 'O contexto internacional das Irmandades da Fala. As nacionalidades na Europa de entreguerras: de imperios a nación', que analizará o tempo das Irmandades no centenario da súa fundación.

Francisco Cortegoso / Chan de Pólvora Editora.

O poeta Francisco Cortegoso falece aos 31 anos

Cultura - 05 Outubro 2016

Cortegoso finou o mesmo día no que o seu último libro chegou ás librarías.

Dúas das esculturas do Mestre Mateo que se expoñerán no Museo del Prado / Europa Press.

O Museo do Prado acollerá a primeira exposición do Mestre Mateo fóra de Galicia

Cultura - 05 Outubro 2016

Serán as primeiras esculturas graníticas que albergue a pinacoteca madrileña e colocaranse no "corazón do museo", cuxo director o cualifica como "un acontecemento histórico e extraordinario".

Unha das imaxes de Gibraltareña / pentacion.com

Gibraltareña, unha visión diferente ao mundo da prostitución

Cultura - 05 Outubro 2016

A obra de teatro será representada na cidade de Pontevedra o vindeiro 6 de outubro.

Vicente Risco

Nace Doutor Alveiros, unha nova editorial en lingua galega

Cultura - 05 Outubro 2016

O novo selo nace da unión de Urco editora e a Fundación Vicente Risco.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.