Cultura - 07 Abril 2012
Nacido na cidade universal das tres culturas, este gaiteiro chanta as súas orixes en Sada para promover a nosa música dende a capital manchega. Vídeo no interior.
Cultura - 06 Abril 2012
Benvidos ao circo. Benvidos ao espectáculo dun home pequeno cunha ambición máis alta ca el mesmo.
Cultura - 05 Abril 2012
“N-VI”, do realizador galego Pela del álamo, é o retrato da estrada que uniu tanto tempo Galicia e Madrid realizado a través dos que aínda habitan nela, fóra da velicidade estresante da A-6.
Cultura - 04 Abril 2012
A vida de Jules Verne foi de todo menos anódina. Fillo dun prestixioso avogado francés pertencente a unha longa estirpe de persoeiros dedicados á xurisprudencia (a avó do escritor chegou mesmo a conselleiro notario de Luís XIV e presidente do colexio de avogados de Nantes), o pequeno Verne desafiou pronto a autoridade paterna e decidiu que o ‘fascinante’ mundo das Leis non había ser o seu.
Cultura - 03 Abril 2012
Por que choramos sempre cando o mal xa está feito? O mito de Sísifo e o incendio das Fragas do Eume da man do coordinador do GC Tendencias, Paco Gallego.
Cultura - 03 Abril 2012
O mundo do fútbol tece a novela que trae esta semana Xosé Manuel Eiré, ‘O penalti de Fuco’, unha obra do ex director de A Nosa Terra, Alfonso Eiré, un apaixoado dun dos clube da capital do Estado, o Real Madrid, moi presente neste libro.
Cultura - 02 Abril 2012
O plenario da Real Academia Galega dedidiu recoñecer a súa traxectoria a prol da defensa do galego.
Cultura - 01 Abril 2012
A RAG presenta a súa nova web que contén un diccionario con máis de 50.000 entradas e ten a posibilidade de escoitar a realización sonora das palabras.
Cultura - 01 Abril 2012
Xurxo Ayán e Manuel Gago. Un arqueólogo e un xornalista xuntos na defensa da nosa Historia. GC fai un repaso con eles sobre o seu último libro e sobre o proceso de "apartheid patrimonial" que viviu o noso país. Unha arqueoloxía que renace grazas a colaboración cidadá. Vídeo no interior.
Cultura - 31 Marzo 2012
Achegámonos á moda e aos deseños que nos recomenda a blogger de moda e modelo María Iglesias Bartolomé, moza compostelá á que coñecemos no estudio de Sue Rainbow e editora do blog "Stylishcabinets by María Iglesias".
Cultura - 29 Marzo 2012
Realizado por Tomás Martínez, este excelente traballo, que leva mil visitas nos últimos tres días, recolle as esencias da nenez que habita en tod@s e cada un/unha de nós.
Cultura - 28 Marzo 2012
Fotos da manifestación en Santiago no interior.
Cultura - 28 Marzo 2012
Alvaro Cunqueiro volve á actualidade literaria tras a traducción ao inglés do seu 'Xente de aquí e de acolá' ('Folks from here and there') por Katheleen March e editada por 'Smal Stations Press' en Sofia (Bulgaria).
Cultura - 27 Marzo 2012
Xosé Manuel Eyré aborda esta semana 'Un mundo de mulleres', un poemario de Carmen Blanco editado por Biblos que aborda a problemática da situación actual da muller.
Cultura - 27 Marzo 2012
A Xunta négase a explicar porque botou á directora do Centro Dramático Galego, quen cedera un local para a protesta do Día Mundial do Teatro hoxe. Cendán recibe o apoio de forzas nacionalistas.
Cultura - 26 Marzo 2012
A Mesa critica ao secretario xeral de Política Lingüística por non saír na defensa de Carlos Callón, enxuizado por censurar a actitude do ex xuíz decano da Coruña ao non respectar a toponimia.
Cultura - 26 Marzo 2012
As primeiras entradas saíron á venda a partir das 12 horas cun prezo especial de 35 euros máis gastos de xestión para todas aquelas persoas que as compren antes do 15 de abril. A actuación é o 22 de xuño na Cidade da Cultura.
Cultura - 25 Marzo 2012
A empresa galega Cludeen SL presentará esta semana en Madrid, durante a Feira Internacional do Xogo, un innovador sistema telemático que permite un completo control e xestión das máquinas de xogo coñecidas como "tragaperras".
Cultura - 24 Marzo 2012
A cidade de Vigo será testemuña deste novo evento do que o seu responsable, Manuel García García, manterá informadas ás persoas interesadas a través da rede Linkedin e do noso GC Tendencias.
Cultura - 24 Marzo 2012
Cultura nega que botase á directora do Centro Dramático Galego (CDG) por ceder o Salón Teatro a un acto reivindicativo dese sector, como denuncia Blanca Cendán.