Cultura - 06 Agosto 2015
Será a partir do xoves 6 de agosto, e de asistencia libre. O venres 7 de agosto a exposición tamén vive a Noite Branca de Vigo. A mostra estará aberta ao público na Sede Afundación ata o 30 de decembro.
Cultura - 06 Agosto 2015
Santi Romay é un actor que moi pronto comezou no audiovisual galego. Dende moi pequeno xa tiña claro que quería adicarse a isto, e poder enfundarse na pel de diferentes personaxes. A súa carreira foi medrando na televisión con series como Mareas Vivas, Matalobos e Os Atlánticos entre outras. Agora mesmo forma parte do elenco de Casa Manola, serie da TVG. Ademais formouse en Pedagoxía Teatral e destacou en diferentes espectáculos teatrais polo que colleitou premios como o María Casares. O cine é o sector no que menos traballou, ainda que participou nalgunhas películas como Vilamor, Personal Movie ou Somos Xente Honrada entre outras.
Cultura - 06 Agosto 2015
Urco Editora presenta 'Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica', editado baixo o selo "Contos Estraños".
Cultura - 04 Agosto 2015
A Sede Afundación na Coruña (Cantón Grande, 8) acollerá a partir de mañá, mércores 5 de agosto, «Pilar Bugallal. Naturalezas muertas», unha exposición que reúne un total de 27 obras da artista coruñesa. A mostra, que permanecerá aberta ata o 29 de agosto, pode visitarse de luns a venres de 17.00 a 20.00 h e os sábados e festivos de 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 21.00 h.
Cultura - 04 Agosto 2015
Dende pequeno soubo que quería adicarse a interpretación, así que en canto rematou o instituto matriculouse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Despois de licenciarse, especializouse en Interpretación para audiovisual na Central de Cine en Madrid. Agora mesmo é parte da serie de TVG "Serramoura" na que leva dúas tempadas. Tamén tivo a sorte de participar na longametraxe "El Club de los Incomprendidos" e este outono terá un pequeno papel en "Migas de pan" de Xamalú Filmes.
Cultura - 03 Agosto 2015
O “I roteiro MedieVal de Tebra”, en Tomiño, acaba de poñer en valor un dos espazos románicos máis importantes do sur de Pontevedra e teatro de operacións das guerras irmandiñas e das guerras civís entre Isabel de Castela e Xoana a Beltranexa.
Cultura - 03 Agosto 2015
A exposición reflicte o proceso de deseño e creación de personaxes nas producións de animación. Un proxecto desenvolvido por ILUX Visual Technologies en exclusiva para Afundación. Ademais da mostra, nenos e mozos poden gozar dos divertidos obradoiros que ofrece a área educativa da entidade.
Cultura - 02 Agosto 2015
Esta muller, con sentimento de ser un pouco de todas as cidades onde viviu e con vocación tardía pero firme para ser actriz, atópase agora nun momento no que desexa interpretar mulleres con maiusculas,esas que teñen unha historia na mirada,que non só pasan polo fondo e adornan. Algo que non abunda na ficción nacional pero que ela segue a perseguir e a evocar como reto para ese futuro onde,según di ,podes coñecerte mellor e saber con moita máis precisión cales son as túas armas...Disfrutar,en resumen,desa marabillosa sabiduría que dá a vida.
Cultura - 01 Agosto 2015
O 21, 22 e 23 de agosto a vila mariñeira de Vilaxóan en Vilagarcía de Arousa voltará acollerá a miles de persoas nesta Romaría Popular de música e sardiñas, consolidandose coma un dos principais festivais musicais do verán en Galicia.
Cultura - 30 Xullo 2015
A Sede de Afundación na Coruña presenta as súas actividades paralelas con motivo da nova Tempada Lírica. O programa inclúe un ciclo de cine, proxeccións de óperas, un recital de novas voces galegas, conferencias e o segundo curso de técnica vocal impartido por Alberto Zedda.
Cultura - 30 Xullo 2015
Xorde unha nova coordinadora de festivais audiovisuias que servirá para que os distintos certames aproveiten sinerxias, compartan experiencias e se reforcen mutuamente.
Cultura - 29 Xullo 2015
Un dos cantantes máis importantes da historia do rock actúa no Auditorio do Mar no que será a súa única data en Galicia.
Cultura - 29 Xullo 2015
Guitiriz prepárase para acoller unha edición máis, e xa van XXXVI, dun dos festivais máis senlleiros e coherentes do panorama musical galego.
Cultura - 29 Xullo 2015
“Os dous entenderon moi pronto que soamente se podería servir eficazmente á causa da lingua galega traballando coa máxima seriedade e o rigor”, di o directo deste instituto sobre eles.
Cultura - 28 Xullo 2015
A pesares dos distintos problemas do primeiro día que xeraron atrasos nas actuacións e a cancelación dunha das propostas por problemas administrativos, podemos dicir que temos no de San Simón un dos mellores eventos musicais de Europa.
Cultura - 27 Xullo 2015
A mostra estará aberta ao público na Sede Afundación en Vigo ata o 30 de decembro .A entidade quere facilitar o acceso ao seu patrimonio artístico a toda a sociedade.
Cultura - 27 Xullo 2015
Este medio participará no “I Roteiro medieVal de Tebra”, en Tomiño, coa visita a igrexas románicas e castelos e pontes medievais. A xornada rematará cun concerto de laúde de Diego Rojo e degustación de cervexa artesá, empanada e filloas á pedra.
Cultura - 25 Xullo 2015
Uxío Breogán Diéguez é un dos principais historiadores actuais do nacionalismo galego. Neste Día de Galicia, e ao fío da recente publicación do libro “Nacionalismo Galego aquén e alén mar", conversamos con el sobre a situación do nacionalismo nun tempo de cambio político. O papel de Xosé Manuel Beiras neste movemento, a visión dende o Estado e dende as novos partidos do nacionalismo galego e a denominación da celebración de hoxe son outros dos temas desta conversa.
Cultura - 24 Xullo 2015
A XXVIII edición dos cursos de verán de lingua e cultura galegas que organizan conxuntamente o Instituto da Lingua Galega da USC e a Real Academia Galega (RAG) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística clausuráronse hoxe na Facultade de Filosofía.