Cultura - 12 Xullo 2015
Motorhead, Refused ou Korn entre máis de bandas amosarán o bo estado da cita da Mariña que celebra o décimo aniversario sendo referente europeo no seu xénero.
Cultura - 11 Xullo 2015
Reeditan “De catro a catro” cunha edición destinada a un público novo e a captar novos lectores en español.
Cultura - 11 Xullo 2015
A consellería insiste en cualificar o destrozo dun petróglifo de "descoido" e destaca que o dano "xa está reparado".
Cultura - 10 Xullo 2015
Franco Battiato actuará en Vigo en setembro. Será o venres 4 a partir das 22 horas no Auditorio do Palacio de Congresos do Mar. Unha oportunidade excepcional, e pode que única, de ver no país a un artista clave para entender a música europea contemporánea.
Cultura - 10 Xullo 2015
O 14 de xullo, a poboación de Rubián, no Concello de Bóveda, recupera a esencia daquelas feiras rurais de antes onde o intercambio mercantil que primaba era o dos produtos elaborados de forma artesanal.
Cultura - 09 Xullo 2015
Neira Vilas presenta “Semente galega en América”, o seu último libro.
Cultura - 09 Xullo 2015
Actores como Anabel Alonso, Pepón Nieto, Lola Herrera ou Héctor Alterio e directores da talla de Magüi Mira ou Gabriel Olivares. Con obras de Agatha Christie, Óscar Wilde, Ernest Thompson ou Cándido Pazó. Os abonos supoñen un aforro do 20 % con respecto ao importe dos billetes soltos. Prezos máis baratos para desempregados, xubilados e mozos.
Cultura - 08 Xullo 2015
A Coruña e Vigo acollerán un total de nove representacións dos cómicos e músicos arxentinos, que esgotaron entradas nas súas últimas visitas ao país.
Cultura - 06 Xullo 2015
Mou é un cómico, actor, showman, guionista e posiblemente máis cousas que ninguén sabe. Nado nas Rías Baixas, criado na Coruña, leva uns cantos anos adicándose a facer rir onde poida: un escenario, diante dunha cámara, ou detrás dela cando ten a oportunidade. Afincado en Madrid traballa levando o seu espectáculo por salas de toda España. E agora chega cun novo proxecto Cash 'n' Flow!!!. Falamos diso e de máis nesta entrevistaa.
Cultura - 06 Xullo 2015
Di que o sitio cultural ampliado posúe "un rico patrimonio arquitectónico de gran importancia histórica". Destaca a proteción da Muralla e a catedral de Lugo, a catedral de Mondoñedo e o Mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Cultura - 05 Xullo 2015
Esta exposición n'Afundación de Vigo ten como obxectivo recadar fondos para as actividades que desenvolve a asociación Proxecto Home, que cumpre 25 anos de historia. Pódense mercar obras Leiro, Manzano ou Lobato, entre outros. Os ingresos irán en parte a Proxecto Home.
Cultura - 05 Xullo 2015
A escolla da Real Academia Galega de Xosé Filgueira Valverde para o Día das Letras Galegas deste ano suscitou polémica. Amplos sectores da esquerda e do nacionalismo cargaron, malia súa indudábel relevancia intelectual, contra o ex-alcalde de Pontevedra durante a ditadura pola súa colaboración co fascismo. Polo contrario, a selección do militante nacionalista Manuel María para o ano próximo, anunciada este sábado, só está a recibir aplausos, incluso dende sectores habitualmente enfrontados.
Cultura - 04 Xullo 2015
Imponse a Carballo Calero na votación dos membros da Real Academia Galega. Xela Arias descartada nas dúas votacións. "Escoller entre personalidades heteroxéneas, o que crea bastantes problemas, aínda que a Academia quedou especialmente satisfeita", di Alonso Montero.
Cultura - 02 Xullo 2015
Case 2500 persoas visitaron xa na sede de Afundación en Ourense a mostra «O bodegón oculto. A natureza morta na arte contemporánea galega», un proxecto expositivo conformado con fondos das coleccións de arte de ABANCA e de Afundación, coordinado por Carlos L. Bernárdez, quen artella un discurso expositivo que deixa constar a importancia da mostra á hora de conformar a visión da tradición pictórica galega a través dun dos xéneros fundamentais na evolución da pintura occidental e no que se manifesta a experimentación estilística que levou á modernidade.
Cultura - 02 Xullo 2015
Acróbatas e bailaríns acamparán en rúas e parroquias de Cangas para romper as leis da lóxica. De noite compartirán escenario autores clásicos e contemporáneos, actrices, actores e clowns, a danza e o musical, o teatro de sombras e o xestual. Ademais da rúa, haberá actuacións no Auditorio Municipal e na Sala Son.
Cultura - 30 Xuño 2015
Exhibirá pezas exclusivas que poderán verse por vez primeira ante o público relativas ás películas Madagascar, Hotel Transilvania, O Príncipe de Exipto, A noiva cadáver (de Tim Burton) ou Kung Fu Panda, entre outras creadas coa axuda da barcelonesa Grangel Studio.
Cultura - 29 Xuño 2015
Unha web descubre máis de 50 castelos, fortíns, fortalezas e atalaias que recrean a paisaxe bélica do Baixo Miño durante a guerra de 1640-1648.
Cultura - 26 Xuño 2015
Os nomes destas figuras das letras galegas xa competiran o pasado ano con Filgueira Valverde para o Día das Letras do 2015.
Cultura - 25 Xuño 2015
‘The tambourine man’ é un discos máis ambiciosos do autor que se alía coas Adufeiras de Salitre para reinterpretar a tradición galega.
Cultura - 25 Xuño 2015
A mostra deste ano celebrarase os días 11 e 12 de xullo na Praza de Viloira do Barco de Valdeorras e contará cun programa moi variado e con interesantes novidades para atraer a todos os públicos.