Cultura - 18 Xuño 2015
U equipo arqueolóxico rematou a segunda fase da súa intervención nos Moutillóns, no Vicedo, coa descuberta de moedas e cerámicas. En agosto volverá á Illa Coelleira para estudar os retos do mosteiro que alí se atopa.
Cultura - 18 Xuño 2015
A dimisión do director do CDG e de dúas membros do padroado do CGAC –incluída a súa presidenta-- poñen en dúbida a política cultural da Xunta nun momento no que o sector pide cambios importantes.
Cultura - 17 Xuño 2015
David Noya, actor, humorista e presentador, un auténtico “showman autónomo” como el mesmo se define. Foi gañador da segunda edición do programa O Rei Da Comedia da TVG alá polo 2003, e 12 anos despois segue ó pe do cañón, monologueando polo país e como presentador do concurso Máis Galego que estrea a súa terceira temporada a partir do 13 de xullo de luns a venres tamén na TVG.
Cultura - 17 Xuño 2015
Nace Limiar, unha nova colección dixital en acceso aberto do Instituto da Lingua Galega.
Cultura - 17 Xuño 2015
A cova de Eirós supón a zona cero da converxencia entre o homo sapiens e o neandertal en Galicia. A USC e a Consellaría de Cultura asinan un convenio para apoiar as actuacións arqueolóxicas nun espazo de gran relevancia arqueolóxica ameazado por unha explotación mineira.
Cultura - 16 Xuño 2015
Monsterkid! Como se fai chamar Mattias Saraibe é un fotógrafo uruguaio afincado en Santiago de Compostela, que leva 8 anos traballando como fotógrafo de concertos e deseñador gráfico dunha editorial galega. Entre as súas paixóns encóntrase o CrossFit polo cal viaxa unha ou dúas veces ao ano a Madrid e Barcelona polas competicións que realiza a axencia Espartan Race. Qedamos con el para falar un pouco sobre o traballo, as metas e como ve el este mundo do artisteo dende dentro.
Cultura - 16 Xuño 2015
A exposición estaba integrada por 66 obras da Colección de Arte de Afundación que revisaban a historia da arte en Galicia desde o Romanticismo ata a actualidade.
Cultura - 15 Xuño 2015
O Colado do Vento organiza unha xornada para coñecer e catalogar o rico patrimonio de Sober.
Cultura - 15 Xuño 2015
"De póla a pola" é un programa que inclúe aloxamento e formación teórica e práctica. Porase en funcionament nos Canóns do Sil, a Terra Chá e os Ancares.
Cultura - 13 Xuño 2015
A Fundación Araguaney presenta libros de dous autores palestinos asasinados.
Cultura - 13 Xuño 2015
A obra mostra a verdadeira historia do artista que transformou a copla e transgrediu as tradicións do xénero.
Cultura - 12 Xuño 2015
A edición deste ano do Cume Tapas xa ten gañadores. Estes días déronse a coñecer os premios do público e os premios outorgados polo xurado profesional.
Cultura - 11 Xuño 2015
Sobe aos escenarios para presentar Moncho Panza, unha homenaxe á gran obra universal de Miguel de Cervantes.
Cultura - 11 Xuño 2015
A obra representouse desde a súa estrea en máis de 32 países e foi traducida a 16 idiomas.
Cultura - 09 Xuño 2015
Manuel Blanco Romasanta foi acusado de asesinar a nove persoas. Foi condenado a morte aínda que a raíña española Isabel II concedeulle conmutoulle o castigo polo de cadea perpetua.
Cultura - 08 Xuño 2015
O concello négase a executar a sentenza do TSXG que obriga a derribar un pavillón a medio facer. Acaba de aprobar outro proxecto que afectaría á contorna do mosteiro. A Xunta segue sen facer nada ao respecto.
Cultura - 08 Xuño 2015
Justin Ford traballa de guía turístico no camiño de Santiago asistindo aos anciáns en caso de emerxencias que poidan ter os peregrinos.Justin, natal de Florida, traballa en Santiago de Compostela, pero ten varios talentos entre os cales se atopa a fotografía, a escritura, e a música. Toca a harmónica, o piano, o saxofón e a guitarra.
Cultura - 07 Xuño 2015
Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 6 de xuño, ditamináronse a XXXIIª edición do Premio Xerais de Novela, a VIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles.
Cultura - 05 Xuño 2015
Naturnova, un centro de educación ambiental interactivo único en Galicia, celebra o Día Mundial do Medio Ambiente cunha xornada de portas abertas no serán do sábado. Neste 2015, a ONU pón énfase no consumo responsábel.
Cultura - 05 Xuño 2015
A Asociación Cova Crea critica que a Xunta retirara da exposición pública o estudo de avaliación do impacto sobre o patrimonio cultural, así como ao plan global de medidas protectoras e correctoras para a protección e conservación deste sitio arqueolóxico.