A Xunta desentendese do portal web gastronomiadegalicia

Cultura - 12 Maio 2010

O Goberno galego asegura que é alleo aos problemas da web porque "non ten os dereitos" sobre o proxecto.

Cerceda rebelase contra a SGAE

Cultura - 10 Maio 2010

A Asociación Cultural Lucerna organiza a XVII edición do Festival de Cerceda que este ano chama a unha rebelión contra a SGAE cunha xornada adicada á Cultura Libre.

A cidade da Cultura busca xa servizo de mantemento

Cultura - 07 Maio 2010

A Fundación que dirixe a obra do Gaiás acaba de presentar a concurso o servizo de mantemento de todo o completo da Cidade da Cultura.

Os encontronazos en Cultura

Cultura - 06 Maio 2010

Roberto Varela acaba de apartar a Carmen Pardo como conselleira delegada do Xacobeo. Detrás desta decisión hai moita rebumbio que ten que ver cos problemas existentes entre Varela, Pardo e Ignacio Santos, o xerente deste organismo.

Os bercianos piden un Día das Letras para un escritor da comarca

Cultura - 05 Maio 2010

O presidente da asociación Fala Ceibe do Bierzo, Xabier Lago, reclama que o Día das Letras Galegas de 2011 sexa adicado ao escritor berciano Antonio Fernández y Morales, porque suporía un impulso para o recoñecemento do galego nesta comarca.

As eleccións máis disputadas da USC

Cultura - 04 Maio 2010

Este mércores, sete candidatos enfrontaranse para chegar ao reitorado da Universidade de Santiago de Compostela. Todo un récord nas eleccións máis disputadas da USC nas que Internet está a xogar un papel fundamental.

A USC rehabilita á "inmunda escoria" do 68

Cultura - 30 Abril 2010

Catro décadas despois dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela, a Universidade de Santiago tributou un simbólico recoñecemento a un grupo de estudantes da época, entregándolle un novo expediente universitario sen anotacións ou referencias que non foran estritamente académicas ou persoais.

Israel expulsa aos organizadores do 1º Festival Clown de Palestina

Cultura - 27 Abril 2010

Ivan Prado, director do Festiclown e unha colaboradora foron expulsados este martes de Israel cando se dirixían aos territorios palestinos para organizar o 1º Festival de Clown de Palestina en outubro deste ano.

O Xacobeo marxina ao Festival de Curtas de Noia

Cultura - 27 Abril 2010

O Xacobeo Filme reúne once festivais de cine e animación galegos no "Camiño do Audiovisual", pero deixa fóra á Festival de Curtas de Noia, que vai pola undécima edición.

O escritor Xesús Constela pídelles ás editoriais galegas que "se poñan as pilas"

Cultura - 26 Abril 2010

O escritor galego Xesús Constela critica aos editores galegos por non facer unha "industria de verdade" e pídelles que "esperten" e que tomen exemplo dos seus colegas cataláns.

De Toro está "ata as narices" da indefensión de escribir en galego

Cultura - 23 Abril 2010

O escritor Suso de Toro deixa de escribir e o fai porque está "ata as narices" da indefensión dos escritores que publican en lingua galega.

Vento Mareiro e Casal de Paula premiados pola galeguización do sector do viño

Cultura - 20 Abril 2010

O Xurado dos premios Bacelos de Prata recoñece o esforzo destas marcas por introducir o galego no mercado. Pide que se incentive a produción do viño tostado do Ribeiro.

Política Lingüística prepara o Día das Letras

Cultura - 13 Abril 2010

A Secretaría Xeral de Política Lingüística destinará preto de 50.000 euros en difundir e celebrar o Día das Letras Galegas.

Homenaxe aos militares do Levantamento de 1846

Cultura - 09 Abril 2010

A asociación Madia Leva de Lugo homenaxea o vindeiro 11 de abril aos militares que se levantaron en 1846 comandados por Solis.

O Financial Times sae en defensa do andamio do Pórtico da Gloria

Cultura - 09 Abril 2010

O prestixioso xornal económico acaba de publicar unha longa reportaxe sobre a obra do Mestre Mateo e suliña que a andamiaxe que cubre a obra é unha "oportunidade única" para entender a iconografía medieval e ver de preto os detalles do Pórtico da Gloria.

Defensa do teatro para "mover a conciencia colectiva"

Cultura - 24 Marzo 2010

A escritora e articulista María Xosé Queixán é a asinante do Manifesto Galego do Día Internacional do Teatro que destaca a importancia da cultura como un sector produtivo "estratéxico".

300.000 anos de historia na Mariña

Cultura - 22 Marzo 2010

A Asociación MariñaPatrimonio localiza 12 útiles líticos do Paleolítico Inferior.

Cultura publicita o que cobra Emilio Cao

Cultura - 20 Marzo 2010

A Consellería de Cultura, a diferencia do que fixo con David Meca, publicitou o contrato do compositor Emilio Cao.

Feijóo castelaniza a Castelao

Cultura - 16 Marzo 2010

O presidente da Xunta volveu caer nun erro semellante ao do conselleiro de Cultura ao traducir un texto de Castelao ao español.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.