O Xacobeo marxina ao Festival de Curtas de Noia

Cultura - 27 Abril 2010

O Xacobeo Filme reúne once festivais de cine e animación galegos no "Camiño do Audiovisual", pero deixa fóra á Festival de Curtas de Noia, que vai pola undécima edición.

O escritor Xesús Constela pídelles ás editoriais galegas que "se poñan as pilas"

Cultura - 26 Abril 2010

O escritor galego Xesús Constela critica aos editores galegos por non facer unha "industria de verdade" e pídelles que "esperten" e que tomen exemplo dos seus colegas cataláns.

De Toro está "ata as narices" da indefensión de escribir en galego

Cultura - 23 Abril 2010

O escritor Suso de Toro deixa de escribir e o fai porque está "ata as narices" da indefensión dos escritores que publican en lingua galega.

Vento Mareiro e Casal de Paula premiados pola galeguización do sector do viño

Cultura - 20 Abril 2010

O Xurado dos premios Bacelos de Prata recoñece o esforzo destas marcas por introducir o galego no mercado. Pide que se incentive a produción do viño tostado do Ribeiro.

Política Lingüística prepara o Día das Letras

Cultura - 13 Abril 2010

A Secretaría Xeral de Política Lingüística destinará preto de 50.000 euros en difundir e celebrar o Día das Letras Galegas.

Homenaxe aos militares do Levantamento de 1846

Cultura - 09 Abril 2010

A asociación Madia Leva de Lugo homenaxea o vindeiro 11 de abril aos militares que se levantaron en 1846 comandados por Solis.

O Financial Times sae en defensa do andamio do Pórtico da Gloria

Cultura - 09 Abril 2010

O prestixioso xornal económico acaba de publicar unha longa reportaxe sobre a obra do Mestre Mateo e suliña que a andamiaxe que cubre a obra é unha "oportunidade única" para entender a iconografía medieval e ver de preto os detalles do Pórtico da Gloria.

Defensa do teatro para "mover a conciencia colectiva"

Cultura - 24 Marzo 2010

A escritora e articulista María Xosé Queixán é a asinante do Manifesto Galego do Día Internacional do Teatro que destaca a importancia da cultura como un sector produtivo "estratéxico".

300.000 anos de historia na Mariña

Cultura - 22 Marzo 2010

A Asociación MariñaPatrimonio localiza 12 útiles líticos do Paleolítico Inferior.

Cultura publicita o que cobra Emilio Cao

Cultura - 20 Marzo 2010

A Consellería de Cultura, a diferencia do que fixo con David Meca, publicitou o contrato do compositor Emilio Cao.

Feijóo castelaniza a Castelao

Cultura - 16 Marzo 2010

O presidente da Xunta volveu caer nun erro semellante ao do conselleiro de Cultura ao traducir un texto de Castelao ao español.

O pregón da Festa do Queixo acaba en crise política en Arzúa

Cultura - 10 Marzo 2010

Un discurso do escritor Sechu Sende na Feira do Queixo, que ironizaba sobre o descoñecemento que Feijóo ten do mundo rural lembrando a anécdota das vacas, provoca unha crise política no concello de Arzúa.

Piden á Xunta que restaure ás axudas á memoria histórica

Cultura - 08 Marzo 2010

Un total de 17 asociacións culturais de Galicia asinaron un manifesto conxunto que remitiron á Consellería de Cultura e no que piden a eliminación de proxectos e financiamento para a recuperación da memoria histórica e pídenlle que a siga promovendo.

Noia, marxinada como "porto xacobeo"

Cultura - 04 Marzo 2010

A vila de Noia, coñecida como o 'porto de Santiago', foi marxinada do programa 'portos xacobeos', un programa que pretende dar a coñecer os portos e a súa relación histórica co Camiño de Santiago.

Feijóo dálle ao Papa o códice que criticou Varela

Cultura - 01 Marzo 2010

Durante meses a Xunta negouse a pagar e sementou dúbidas o encargo do bipartito a A Nosa Terra, pero agora úsao para os regalos institucionais de máximo nivel.

As propostas da Xunta no Día da Linga Materna

Cultura - 22 Febreiro 2010

Este domingo celebrouse o Día Internaciona da Lingua Materna e a Secretaría Xeral de Política Lingüística realizou unha campaña para que a lingua materna "se celebre o ano enteiro" e apunta que en contextos nos que existen varias linguas en contacto, "é frecuente" que se adquiran diferentes idiomas "como linguas primeiras".

Feijóo defende os concursos do Xacobeo e di "que non se improvisa"

Cultura - 18 Febreiro 2010

O presidente da Xunta defendeu hoxe o traballo que realiza o Xacobeo para promocionar o Ano Santo e destacou que, a pesar das denuncias de irregularidades en numerosos concursos públicos, "non se improvisa". Ademais, criticou ao bipartito porque cando chegou a Xunta non tiñan nada feito sobre o Xacobeo.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.