"Torpedean aos medios que propoñen unha información libre e plural na nosa lingua"

Cultura - 22 Outubro 2011

Henrique Harguindey é un dos voceiros da iniciativa cidadá que persigue que o galego sexa utilizado no 50% dos programas e xornais.

Ourense lembra a “Nós”

Cultura - 21 Outubro 2011

Por segundo ano consecutivo Ourense celebra “O día de Nós. A Nación-Cultura Galega”, do 24 de outubro ao 4 de novembro. A idea é homenaxear a publicación que marcou a toda unha xeración de persoeiros da nosa cultura entre os que se atopaban Otero Pedrayo e Vicente Risco e promover a cidade como Capital Cultural Europea 2020.

Malvela presenta novo disco en Compostela

Cultura - 21 Outubro 2011

A señora Carmen, Silvina, Fita, Clara, Carmiña, Carmen, Lina, Maruxa, Aurita, Dina, Teresa e Adela sacan novo álbum; Raianas.

Xavier Queipo contra a "rebarbadora" da cultura galega

Cultura - 19 Outubro 2011

O escritor presenta o espectáculo "O embigo do mundo / L’ ombelico del mondo" en colaboración con Manuel Bragado --Edicións Xerais--, Quico Cadaval, Olga Cameselle e o Colectivo Riolagares (MisterChoco e o propio autor).

Xosé M. Eyré novo colaborador de crítica literaria do GC

Cultura - 18 Outubro 2011

A partir de agora, GC conta cun novo colaborador na sección de cultura. Trátase de Xosé Manuel Eyré, que achegará cada semana unha crítica literaria. A primeira avalía "Sobre a lectura seguido de Días de lectura", un libro de Proust con introdución de Carlos Lema.

S.O.S. pola ponte romana de Salvaterra

Cultura - 15 Outubro 2011

Centos de anos pasaron por esta construción que documenta a presenza milenaria na comarca do Condado. Agora non só o paso do tempo pode rematar coa súa destrución. O BNG denuncia dende hai meses a súa situación e o concello asegura que xa pediu informes a Patrimonio. A Xunta, polo de agora, cala.

Os galegos escollen a música, o cine, a lectura e as visitas a monumentos

Cultura - 14 Outubro 2011

No período 2006-2011 os galegos escolleron principalmente estas preferencias culturais. Baixa o gusto polo teatro e sobe a preferencia pola música clásica. Os galegos cambian as galerías de arte pola visita aos xacementos arqueolóxicos.

O festival Amal trae a Compostela 36 filmes euroárabes

Cultura - 12 Outubro 2011

A IX edición do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal encherá Compostela de actividades e películas de temática árabe entre o 24 e o 29 de Outubro de 2011.

A lingua galega continúa na radio catalana

Cultura - 10 Outubro 2011

Teñen liberdade absoluta nos seus programas e non dependen de ningún grupo de comunicación. Contan o país como é e non como algúns nos queren facer ver. Rachan coa idea de imposición do catalán porque os seus programas son en galego. Na rede, dende Barcelona, tamén existe a radio na nosa lingua.

Galicia leva varias traducións á Feira do Libro de Frankfurt

Cultura - 09 Outubro 2011

Obras de Lois Pereiro e Álvaro Cunqueiro.

Crónicas da memoria , 3ª parte

Cultura - 09 Outubro 2011

Nesta última entrega, o arqueólogo Xurxo Ayán, que acaba de rematar a escavación do fronte do Ebro refírese a memoria arqueolóxica, pero tamén á memoria dos monolitos que persiste da Guerra Civil; unha presente e a outra esquencida.

Novo manifesto contra a marxinación do galego nos medios

Cultura - 08 Outubro 2011

Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Henrique Harguindey Banet e Francisco Pillado Mayor abandeiran unha nova iniciativa a prol da conservación e a difusión do galego nos medios de comunicación. Un dos seus obxectivos é que xornais, radios e televisións utilicen o galego no 50% dos seus espazos ou programacións.

Os perigos do retraso na convocatoria de axudas ao galego

Cultura - 05 Outubro 2011

Denuncian que a falla de axudas ao fomento do galego no ensino suporá a eliminación de numerosas actividades de formación do alumnado.

Un conto xigante trae Siria a Galicia

Cultura - 04 Outubro 2011

A Galería Caroní inaugura a exposición dun conto xigante escrito por Francisco X. Fernández Naval e ilustrado polo artista sirio Ali Ali.

Os textos clave da historia do nacionalismo na rede e en inglés

Cultura - 03 Outubro 2011

O catálogo do Centre Maurits Coppieters con textos dos movementos políticos a prol das nacións europeas sen estado salta ao ciberespazo.

Crónicas da memoria, 2ª parte

Cultura - 02 Outubro 2011

O arqueólogo colaborador do GC, Xurxo Ayán, relata a súa experiencia na Serra de La Fatarella (Tarragona) onde cincocentos homes escollidos para manter o combate corenta e oito horas, e axudar a que se replegasen ordeamente vinte e cinco mil compañeiros, foron aniquilados polos tabores de regulares, as brigadas navarras e os carlistas cataláns do Tercio de Monserrat, axudados pola aviación e os panzer da Lexión Cóndor.

Patrimonio actúa tras as denuncias de Mariñapatrimonio

Cultura - 30 Setembro 2011

Labores de tala e repoboación de eucaliptos afectaron a dous xacementos nos concellos de Foz e Xove. Os túmulos foron inventariados tras a denuncia de Mariñapatrimonio e Adega.

Curro Carreres: "No hubo ningún tipo de ofensa personal"

Cultura - 30 Setembro 2011

O director de escena de "Il Barbiere de Seviglia" defende a montaxe porque actualiza a "crítica social" da obra de Rossini. Destaca a profesionalidade do iluminador e os valores do 15M.

A Xunta arrasa cos únicos vestixios romanos de Noia

Cultura - 28 Setembro 2011

O xacemento de Taramancos está a ser usado como recheo para os cimentos da ponte da nova variante de Noia que realiza a Dirección Xeral de Infraestruturas da Xunta. De nada serviron as protestas do concello e de colectivos culturais da zona.

Lemas do 15M ou citas de Castelao pecharán "Il barbiere di Siviglia"

Cultura - 28 Setembro 2011

“Non hai pan para tanto chourizo”, “mexan por nós e din que chove”e citas do maio do 68 e de Noam Chomsky pecharán a ópera ‘Il barbiere di Siviglia’ que este mércores inaugura a nova tempada do Auditorio de Galicia.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.