A III Festa da Palabra recupera a Xosé Mª Díaz Castro

Cultura - 08 Xullo 2011

Homenaxe ao escritor lucense cando se cumpre o 50 aniversario da publicación de Nimbos pola Editorial Galaxia.

Quen levou o Códice e como estaba protexido?

Cultura - 08 Xullo 2011

Son as grandes preguntas que salpican unha investigación que levan, conxuntamente, a Policía e a Garda Civil. “Quen o levou sabía o que buscaba”, asegura o deán que era unha das poucas persoas que tiña as chaves da cámara de seguridade.

Onde está o Códex Calistinus?

Cultura - 07 Xullo 2011

Unha das obras máis importantes da historia de Galicia desapareceu da catedral de Santiago onde estaba, supostamente, ben custodiada.

Inauguran parque arqueolóxico que levaba meses rematado

Cultura - 06 Xullo 2011

Ideado en 1995, Campo Lameiro custou máis de 5,5 millóns de euros en obras que estiveron sen utilizar durante meses malia estar completamente rematadas. O atraso foi tal que o propio alcalde do PP amagou con dimitir.

Nace NóComún, unha rede de profesionais da Cultura

Cultura - 01 Xullo 2011

Pretende ser un espazo de colaboración que desenvolva proxectos propios e ofreza solucións creativas a clientes do sector cultural.

Varela: “doulle a miña palabra de honor de que non quero afundir a industria cultural”

Cultura - 29 Xuño 2011

Asegura que Galicia é a segunda autonomía con lingua propia que máis libros editou. Disputa entre o conselleiro e a deputada do BNG, Ana Belén Pontón, sobre as cifras das subvencións para o libro en galego.

A Cidade da Cultura é un "proxecto desastroso parecido a un centro comercial"

Cultura - 29 Xuño 2011

Unha das voces da arquitectura internacional máis recoñecidas do noso tempo, o inglés William J. R. Curtis, puxo como exemplo a Cidade da Cultura á hora de criticar os proxectos máis "desastrosos" do noso tempo.

O galeguismo actual reflexiona sobre o exterior

Cultura - 24 Xuño 2011

Beiras, Vence, Nogueira e Beramendi entre os autores desta nova publicación.

Primeira Festa dos Libros Novos en Santiago

Cultura - 17 Xuño 2011

Presentarase o novo proxecto editorial "Axóuxere".

Os ENDL cumpren 20 anos defendendo o galego

Cultura - 16 Xuño 2011

Unha serie de vídeos amosan os obxectivos e o traballo desenvolvido polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

O conselleiro de Cultura denunciado ante a Fiscalía

Cultura - 15 Xuño 2011

Adega e Mariñapatrimonio denuncian a Roberto Varela por non evitar o deterioro do Castro da Atalia, en Cervo.

“O futuro da nosa música e lingua está no Brasil”

Cultura - 13 Xuño 2011

Uxía, unha das voces claves da música do país, está de estrea. GC acudiu a presentación de Meu Canto, disco gravado en Brasil e que dá un novo aire a clásicos da canción galega. Vídeo no interior.

Blanco Amor, a paixón das marxes

Cultura - 10 Xuño 2011

A AELG impulsa un ciclo adicado ao escritor ourensán para situalo “no lugar que lle corresponde” dentro da literatura galega.

O rap une a mozos galegos e portugueses

Cultura - 10 Xuño 2011

Viana do Castelo acollerá un festival cos mellores e máis prometedores rapeiros das dúas beiras do Miño.

Canción para Conde Roa na Radio Galega

Cultura - 10 Xuño 2011

O grupo de Muros adica unha canción na emisora pública galega ao próximo alcalde de Santiago de Compostela e a súa teima por botar ao movemento 15M da Praza do Obradoiro.

O documental Vikingland seleccionado no FIDMarsella

Cultura - 10 Xuño 2011

“Vikingland” é un filme que está dedicado aos mariñeiros galegos no Norte de Europa. A cita francesa pasa por ser o evento máis importante do mundo dedicado a esta forma cinematográfica. Vídeo no interior.

Viaxe ao interior do Mosteiro de Oia

Cultura - 06 Xuño 2011

A Asociación Cultural Amigos de Oia consegue que a empresa privada propietaria deste importante monumento abrira as súas portas por primeira vez en cinco anos. Vídeo de Sechu Sende no interior.

Franco, ese militar “garante do orde e da autoridade”

Cultura - 04 Xuño 2011

O Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU) distribuido por La Voz de Galicia xa falaba en 2003 de Franco como dun político dirixente autoritario, non totalitario.

Agresións en castros da Mariña

Cultura - 02 Xuño 2011

Varios castros de Viveiro e Xove resultaron danados tras a plantación de eucaliptais. Algún deles mesmo sofriu desperfectos nos seus parapetos.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.