Feijóo dálle ao Papa o códice que criticou Varela

Cultura - 01 Marzo 2010

Durante meses a Xunta negouse a pagar e sementou dúbidas o encargo do bipartito a A Nosa Terra, pero agora úsao para os regalos institucionais de máximo nivel.

As propostas da Xunta no Día da Linga Materna

Cultura - 22 Febreiro 2010

Este domingo celebrouse o Día Internaciona da Lingua Materna e a Secretaría Xeral de Política Lingüística realizou unha campaña para que a lingua materna "se celebre o ano enteiro" e apunta que en contextos nos que existen varias linguas en contacto, "é frecuente" que se adquiran diferentes idiomas "como linguas primeiras".

Feijóo defende os concursos do Xacobeo e di "que non se improvisa"

Cultura - 18 Febreiro 2010

O presidente da Xunta defendeu hoxe o traballo que realiza o Xacobeo para promocionar o Ano Santo e destacou que, a pesar das denuncias de irregularidades en numerosos concursos públicos, "non se improvisa". Ademais, criticou ao bipartito porque cando chegou a Xunta non tiñan nada feito sobre o Xacobeo.

Intrigas no concurso do Plan de Comunicación do Xacobeo

Cultura - 12 Febreiro 2010

Varias empresas das que participaron no concurso do Plan de Medios do Xacobeo denuncian "irregularidades" e "exclusións manifestas" por parte da Xunta.

A Xunta carga contra os que "non son aliados" do Xacobeo

Cultura - 11 Febreiro 2010

O presidente da Xunta criticou hoxe ao Goberno central por non apoiar máis ao Xacobeo, mentres que os datos turísticos de xaneiro son un 33% máis baixos que no Xacobeo de 2004.

Un libro recolle os 50 anos da música galega

Cultura - 09 Febreiro 2010

"50 Anos de Pop, Rock e Malditismo Na Música Galega" é o título de libro que o ferrolán Fernando Fernández Rego tirará do prelo da editorial noiesa Toxosoutos este vindeiro mes de abril.

Os símbolos de Lugo, nos tribunais

Cultura - 08 Febreiro 2010

A Deputación de Lugo decide recurrir ante o Tribunal Supremo para recuperar unha das coleccións máis emblemáticas que alberga o museo provincial.

A Historia da nosa cociña

Cultura - 05 Febreiro 2010

Como eran as cociñas dos nosos antergos?, que significado ten a lareira na sociedade galega?, como eran as cociñas dos ricos, dos pobres e dos monxes?...

Un libro para combater as "mentiras" sobre o galego

Cultura - 05 Febreiro 2010

O mundo da cultura e da ensinanza mobilizarase este venres en máis de 60 localidades de todo o mundo para presentar un libro que pretende "desmontar unha a unha as mentiras" con respecto a lingua galega.

Ferrín insinúa que o decreto de Feijóo ven imposto desde Madrid e pide a súa retirada

Cultura - 04 Febreiro 2010

O novo presidente da RAG asegura que o novo decreto do galego é "lesivo e reaccionario" e insta á Xunta a que o abandone e "poña en vigor" a norma anterior. Lembra que en Francia houbo destitucións e asegura que, no caso galego, Feijóo é o "responsable directo".

O BNG quere unha pinacoteca de artistas galegos na Cidade da Cultura

Cultura - 29 Xaneiro 2010

A dirección do BNG presentará proximamente varias iniciativas para dinamizar a vida cultural e, especialmente, para dotar de contido aos edificios da Cidade da Cultura.

Feijóo: "Ferrín debe falar pouco e defender máis ao galego"

Cultura - 28 Xaneiro 2010

O presidente galego evitou hoxe valorar a actividade política do novo presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, e confía en que, non se politice o traballo da academia.

Feijóo asegura que os que malinterpretan a Varela "non representan á cultura"

Cultura - 28 Xaneiro 2010

O presidente da Xunta respaldou a Varela e asegurou que os que sacaron de contexto as súas palabras sobre a cultura do país "representan outros intereses que non son os culturais". A Xunta anuncia un novo plan do libro.

EuFalo.tv, a historia do galego da xente

Cultura - 28 Xaneiro 2010

A rede xa conta cun novo proxecto cultural, EuFalo.tv, un documental colaborativo filmado por e para internet onde toda a xente conta a súa historia co galego.

Varela e a “internacionalización” da cultura galega

Cultura - 26 Xaneiro 2010

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, atopase no ollo do furacán. A falta de previsión no Xacobeo, os problemas no CDG, ás críticas ao sector cultural galego e a apertura de dilixencias xudicias contra membros da Dirección Xeral de Patrimonio e da S.A. de Xestión do Xacobeo poñen a Varela nunha situación moi comprometida.

Lourizán únese para recuperar un cruceiro incautado no Franquismo

Cultura - 25 Xaneiro 2010

As catro entidades máis representativas da parroquia de Lourizán, en Pontevedra, acaban de reclamarlle á Xunta que recupere un cruceiro do século XVIII que foi incautado durante o franquismo e que hoxe está nunha praza de Pontevedra.

A Fundación Xeito Novo celebra o 25 aniversario

Cultura - 28 Decembro 2009

O pasado 20 de decembro, no Teatro MARGARITA XIRGU de Buenos Aires, a Fundacion de Cultura Galega XEITO NOVO presentou o seu tradicional espectáculo Galiza Sempre e conmemorou os seu 25 aniversario.

Ferrín quere pero a Xunta non quere

Cultura - 11 Decembro 2009

Xosé Luís Méndez Ferrín está disposto a asumir a Presidencia da Real Academia Galega, pero na Xunta non ven con moi bos ollos esta candidatura.

O futuro da Cultura

Cultura - 07 Decembro 2009


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.