O conselleiro de Cultura, José López Campos.. XUNTA / Europa Press

Galicia impulsa o talento no videoxogo con 150.000 euros en axudas

Cultura - 26 Abril 2025

O conselleiro de Cultura presenta oito proxectos como exemplo do potencial creativo e tecnolóxico galego.

José María Leal nunha conferencia

Cando o marqués de Sargadelos financiou a corsarios "made in Galicia"

Cultura - 26 Abril 2025

José María Leal Bóveda explica como estes navegantes realmente eran empresarios "da pirataría legal", deixando fianzas a cambio de poderen atacar barcos inimigos. Ribadeo, durante dous séculos, foi un punto importante para o corso en Galicia, cousa que lle valeu ataques da mariña inglesa no século XVIII.

Rubén García, alcalde de Trabada

A Festa da Enfariñada en Trabada, unha homenaxe a quen pasou fame na posguerra

Cultura - 25 Abril 2025

Trabada vai vivir esta fin de semana a Festa da Enfariñada. Unha homenaxe ás persoas que pasaron dificultades na posguerra civil e que crearon un prato tan simple como saboroso: fariña, ovos, leite, auga e sal. Esta celebración iniciou o seu camiño en 2018 mais xa había idea de facela realidade desde tempo atrás. Con todo, búscase que sexa un dos atractivos máis que Trabada ofrece aos e ás visitantes.

Presentación do Premio José Gil de audiovisuais. DEPUTACIÓN DA CORUÑA / Europa Press

Creado o Premio José Gil de Audiovisuais pola Deputación da Coruña

Cultura - 25 Abril 2025

Segundo informa, o premio terá unha dotación de 19.500 euros, 6.500 para cada un dos dous gañadores do tres categorías ao concurso.

Unha das obras que se exporán na mostra

Exposición de catro novos fotógrafos de moda, previa á de David Bailey, na Coruña

Cultura - 24 Abril 2025

Serán Alba Chan, Sofía Dagá, Lucía Novais e Adrián Ramos e exporán no silo da Fundación Marta Ortega no Porto coruñés.

Cartel da xira / XIRÓN COMUNICACIÓN

Fito & Fitipaldis visitará A Coruña e Santiago en novembro coa súa nova xira 'Aullidos Tour'

Cultura - 24 Abril 2025

Estarán o 28 de novembro no Coliseum e o 29 no Multiusos Fontes do Sar.

Libros, Lectura, Cultura / EP

Crítica literaria, bibliotecas e distribución editorial no IIº Encontro do Livro Galego

Cultura - 24 Abril 2025

Reunirá profesionais e especialistas no ámbitos da distribución editorial, da crítica literaria e da biblioteconomía para analizar o sector do libro galego.

Presentación do Festival Cidade de Lugo / FESTIVAL CIDADE DE LUGO

Volve o festival decano da música clásica en Galicia: o Festival Cidade de Lugo, do 17 ao 31 de maio

Cultura - 23 Abril 2025

Nesta ocasión o festival contará con catro actuacións vinculadas á música barroca, dúas á música de cámara e dúas á sinfónica, todas ás 20.30 horas.

Mondra / FESTIVAL DE CANS

Mondra musicará no Festival de Cans 'Miss Ledya', primeira obra de ficción rodada en Galicia e na que actúa Castelao

Cultura - 23 Abril 2025

Terá lugar na tarde do venres 23 de maio, con aforamento reducido só para 90 persoas e un prezo de cinco euros a entrada, que se pode comprar desde este mércores na web oficial do festival.

Biblioteca. XUNTA / Europa Press

O Día do Libro celebrarase con talleres, contacontos, concertos e exposicións nas bibliotecas galegas

Cultura - 22 Abril 2025

Estas actividades conforman a ampla programación en torno ao 23 de abril, que está dirixida a todos os públicos e vinculada á promoción e difusión do libro galego

Presentación das últimas traducións do cómic

Clausuran o proxecto de cómic 'Vivir non só' entre o Consello da Cultura Galega e o CSIC

Cultura - 22 Abril 2025

O cómic, de 14 páxinas, conta a historia de tres novos que vivían nunha aldea onde se daban diferentes problemáticas relacionadas co uso do chan. Todas as edicións pódense consultar na páxina web do CCG

O artista Marc Anthony nun concerto / Ricardo Rubio - Arquivo

Marc Anthony actuará o 13 de xullo na Coruña dentro dos 'Concertos do Xacobeo'

Cultura - 22 Abril 2025

As entradas sairán á venda o xoves, día 24, para un aforamento de 15.000 persoas nunha actuación no peirao de Batería e na que o artista presentará na cidade a súa xira mundial 'En Vivo', coa que celebra máis de tres décadas de éxitos.

Galicia presenta o novo calendario de feiras do libro 2025 / Europa Press

Xunta e librarías animan á lectura cun desconto do 10% en 13 feiras do libro

Cultura - 21 Abril 2025

A primeira cita será este venres, 25 de abril, en Ferrol

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, en Nova York / XUNTA

A Xunta busca "internacionalizar" a Castelao con diferentes actividades en América e Europa

Cultura - 20 Abril 2025

Realizará varias actividades dentro do "Ano Castelao".

Joana Dark e Catuxa Salom en "As vosas raons". Foto cedida por The Office Comunicación.

‘As vosas raons’: a fusión da música de raíz catalá e galega da man de Joana Dark e Catuxa Salom

Cultura - 20 Abril 2025

A música de raíz está nun bo momento e esta colaboración experimental, conectando o folklore catalán co galego, demostra que reactualizar a tradición fusionando linguas pode cativar e chegar con forza ao público. Coñecemos este traballo e as artistas que o fixeron posible.

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, nunha visita a Nova York /  XUNTA

A Xunta difundirá a cultura galega en Nova York en plena ofensiva proteccionista de Trump

Cultura - 19 Abril 2025

Cultura e a Fundación Manolo Paz promocionarán a cultura galega cunha exposición en Nova York en 2026.

The Rampants/Osa do Mar

Diego Campo: "Maraxes quere darlle a Burela unha programación musical de calidade durante todo o ano"

Cultura - 19 Abril 2025

Diego Campo forma parte da Asociación Fanto Fantini que organiza os concertos de Osa do Mar. Mais agora están a traer un ciclo de concertos a Burela chamado Maraxes da Osa.

Presentación da

Historia, tradición e lecer na celebración da 'Festa do Boi' de Allariz

Cultura - 18 Abril 2025

A edición deste ano, que vén de presentarse oficialmente, terá lugar do 14 ao 22 de xuño. Ademais, este ano fanse dúas homenaxes moi especiais: unha á veciña Carmen, inmortalizada no cartel; e outra a Xosé Manuel Piñeiro, a quen se lle dedica este ano o 'concurso de trobadores'.

Encaixe de Camariñas

A 'Mostra do Encaixe' de Camariñas comeza consolidada como "referente internacional da artesanía"

Cultura - 16 Abril 2025

Segundo trasladou a Deputación da Coruña nunha nota de prensa, o acto estivo presidido pola alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e polo presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, acompañados pola subdelegada do Goberno, María Rivas, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e outros representantes institucionais


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.