Deportes - 01 Xullo 2013
Nolito, dianteiro do Benfica que marcou 13 goles na tempada 2010-11 con Luis Enrique no Barça B, únese aos reforzos xa anunciados de Fontás e Charles.
Deportes - 30 Xuño 2013
O Compostela, que sobe dúas categorías en dous anos, vence de novo 0-2 ao Cieza e únese a Racing e Celta B no ascenso a 2ªB. O Laracha xogará en Terceira.
Deportes - 29 Xuño 2013
El Palo marca os goles que necesitaba para remontar o 4-2 e impide con accións extradeportivas que se siga xogando.
Deportes - 29 Xuño 2013
O filial céltico empata 2-2 en Getxo e regresa á terceira categoría só un ano despois do seu descenso. O Bertamiráns xa é equipo de Terceira.
Deportes - 29 Xuño 2013
Jacobo Campos, con dous goles na prórroga, converteuse no heroe da remontada na final fronte ao Valladolid. Os célticos eliminaran antes a Dépor, Real Madrid e Porto.
Deportes - 28 Xuño 2013
Fabril e Compos viaxan cunha vantaxe de dous goles, mentres que o Celta B necesita mellorar o 0-0 de Barreiro. Bertamiráns, Laracha e Portonovo, pendentes dos resultados.
Deportes - 27 Xuño 2013
O Deportivo desprazará co filial ao director de seguridade despois das refregas fronte a El Palo en Riazor no partido de ida, que rematou 4-2.
Deportes - 26 Xuño 2013
O club compostelán renuncia a xogar a terceira competición europea, á que fora convidado pola FIBA, polas limitacións económicas. Rebaixará o orzamento máis dun 15% na tempada 2013/14.
Deportes - 26 Xuño 2013
Os xogadores de Fernando Vázquez adestrarán do 15 ao 25 de xullo en Monforte e aloxaranse no Balneario de Augas Santas en Ferreira de Pantón.
Deportes - 25 Xuño 2013
O dianteiro de Moaña, a piques de cumprir 26 anos, agarda que a súa fichaxe polo Liverpool lle axude a ser internacional coa selección española.
Deportes - 23 Xuño 2013
O Real Club Celta pechou a renovación de dous dos seus xogadores, o dianteiro Mario Bermejo e o lateral zurdo Carlos Bellvís, en ambos os dous casos por unha tempada con outra opcional. Os dous futbolistas celestes estarán, pois, ás ordes de Luis Enrique na campaña 2013/2014.
Deportes - 23 Xuño 2013
O Celta B non pasa do empate en Barreiro ante un Arenas Club con moito oficio, e xogarase o ascenso en Getxo.
Deportes - 23 Xuño 2013
Santiago acolleu a presentación da edición de 2013, na que estiveron os 17 equipos masculinos coas súas embarcacións. A competición, coa novidade dunha liga feminina, principiará o 6 de xullo en Sanxenxo.
Deportes - 22 Xuño 2013
Dous goles de Manu Rodríguez e Yahvé dan vantaxe aos composteláns para a volta o domingo 30 en Murcia.
Deportes - 22 Xuño 2013
A asamblea constituínte aproba a conversión do equipo lucense en Sociedade Anónima Deportiva tras xuntar os tres millóns de capital social.
Deportes - 20 Xuño 2013
O campionato galego decídese na última fin de semana, que servirá para dar a benvida ao recen creado Pontevedra Fútbol Gaélico.
Deportes - 19 Xuño 2013
O piragüista pontevedrés e o triatleta ferrolán chegaron á ultima votación do premio de Deportes na edición de 2013.
Deportes - 18 Xuño 2013
O asturiano foi presentado en Balaídos como adestrador do Celta para as próximas dúas tempadas, coa intención de artellar un proxecto de canteira.
Deportes - 17 Xuño 2013
Deportivo B-El Palo, Compostela-Cieza e Celta B-Arenas son os emparellamentos definitivos. Os tres equipos xogarán primeiro na casa e o decisivo, a domicilio.
Deportes - 16 Xuño 2013
Os dous filiales, os coruñeses con máis sufrimento, manteñen a vantaxe do 2-0 da ida e pasan á terceira e derradeira eliminatoria. O sorteo, este luns.