Hotel / Europa Press

As pernoctacións hoteleiras caen un 3,4% en febreiro en Galicia, pero os viaxeiros soben un 3,7%

Economía - 23 Marzo 2017

A estancia media o segundo mes do ano sitúase en 1,71 días, mentres os prezos caen un 0,59%

Hostaleiros, hostaleiro, camareiros, camareiro, camareira, persoas traballando / Europa Press

A cifra de negocios do sector servizos en Galicia sobe un 10,4% en xaneiro, por encima da media

Economía - 23 Marzo 2017

O sector servizos galego rexistrou en xaneiro un incremento da súa cifra de negocios do 10,4% respecto ao mesmo mes do ano anterior, por encima da subida do 7,7% da media e o seu trixésimo quinto mes seguido de ascensos --desde febreiro de 2014--, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Industria, fábrica / Europa Press

A facturación da industria en Galicia dispárase un 13,5% en xaneiro e os pedidos soben un 25,2%

Economía - 23 Marzo 2017

A cifra de negocios da industria aumentou un 13,5% o pasado mes de xaneiro en Galicia respecto ao mesmo mes de 2016, o seu sexto repunte consecutivo, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

UU.AA. convoca unha concentración este xoves en Lugo contra a falta de pagamentos de Artesáns Galegos da Carne

Economía - 23 Marzo 2017

Unións Agrarias convocou unha concentración para este xoves (12,00 horas) ante a Delegación da Xunta en Lugo en defensa dos gandeiros afectados pola falta de pagamentos da empresa Artesáns Galegos da Carne, situada no polígono industrial de Castro Ribeiras de Lea, no Concello de Castro de Rei.

Tomas Michel Mayer / cetaqua

Por que debemos comezar a usar a auga con máis sentidiño

Economía - 23 Marzo 2017

Tomas Michel Mayer é un dos maiores expertos sobre auga en Europa. Doutor en microbioloxía pola Universidade de California, na actualidade é presidente da Plataforma Europea da Auga (WssTP) e director de relacións científico-técnicas do Grupo Suez, unha das maiores multinacionais do sector Estivo en Santiago polo Día Mundial da Auga, 22 de marzo. Falamos con el durante sobre o presente e futuro do máis imprescindíbel dos líquidos.

A campaña 'Vender en galego' busca que empresas e comercios usen a lingua como elemento competitivo no mercado

Economía - 22 Marzo 2017

A Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) presentou este mércores a campaña 'Vender en galego', que busca que empresas e comercios usen a lingua como elemento competitivo no mercado.

Pleno.- A Xunta di que o fallo sobre a Fraga de Catasós non cuestiona a súa actuación, que "se axustou á legalidade"

Economía - 22 Marzo 2017

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, sostivo este mércores que a sentenza sobre a Fraga de Catasós, en Lalín (Pontevedra), non cuestiona a actuación da Xunta, que "se axustou á legalidade", senón a licenza municipal.

Pleno.- A Xunta espera ter "no verán" o proxecto de conexión do porto seco de Monforte (Lugo) coa N-120

Economía - 22 Marzo 2017

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou este mércores que espera ter "no verán" o proxecto de trazado para a conexión do porto seco de Monforte (Lugo) coa estrada N-120.

Denuncia de transportistas contra abusos de empresas de Vigo / Europa Press

Federacións de transportistas denuncian "abusos" da "maioría" de empresas de paquetería de Vigo sobre condutores

Economía - 22 Marzo 2017

As federacións galegas de transportistas Fetram e Fegatrans, que agrupan a máis de 1.600 autónomos e pemes do sector de transporte de mercadorías por estrada de Galicia, denunciaron ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra os "abusos" que supostamente aplican empresas de paquetería da área de Vigo sobre condutores autónomos e de micropymes.

Popular amortiza anticipadamente 400.000 euros en débeda subordinada de Banco Pastor

Economía - 22 Marzo 2017

Popular amortizou anticipadamente parte dunha emisión de débeda subordinada especial de Banco Pastor prevista para o próximo 3 de abril por importe de 400.000 euros.

Xornada de Clun en Santiago / Europa Press

Clun márcase como tarefas para competir a transparencia na cadea de valor e producións sustentables

Economía - 22 Marzo 2017

A Unión de Cooperativas Lácteas (CLUN) márcase como tarefas para competir no mercado lácteo mundial a transparencia na cadea de valor, o reforzo da industria e as producións sustentables.

CC.OO. convoca ao comité e aos traballadores de Insuíña para mobilizarse ante o bloqueo da negociación do convenio

Economía - 22 Marzo 2017

CC.OO. convocará para a próxima semana ao comité de empresa e aos traballadores de Insuíña, empresa produtora de rodaballo do grupo Nueva Pescanova, co obxectivo de valorar posibles accións ante o "inmobilismo da empresa" e esixir "desbloquear" a negociación do convenio colectivo propio.

Pleno.- A Xunta asume a mediación en Pescanova para "axudar" no seu conflito laboral

Economía - 22 Marzo 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou este mércores que a Xunta asumirá o papel de mediadora para "axudar" no conflito laboral aberto en Pescanova pola negociación do novo convenio colectivo.

A Xunta inicia a tramitación ambiental do proxecto da estación intermodal de Santiago

Economía - 22 Marzo 2017

A Xunta iniciou a tramitación ambiental do proxecto da estación intermodal de Santiago co obxectivo de "axilizar en todo o posible a súa aprobación urbanística".

Aimen / Europa Press

Un consorcio de seis empresas e Aimen creará un sistema para transformar robots industriais en robots colaborativos

Economía - 22 Marzo 2017

Un consorcio español conformado por seis empresas e Aimen Centro Tecnolóxico participan nun proxecto dotado con máis de 1,6 millóns de euros para crear un sistema integrado que permita transformar calquera robot industrial nun robot colaborativo (cobot) que poida traballar en contornas de traballo compartido de forma seguro.

O prazo medio de pago a provedores baixa en Galicia en xaneiro a 20,6 días

Economía - 22 Marzo 2017

O período medio de pago a provedores en Galicia situouse en xaneiro deste ano en 20,6 días, o que supón unha baixada de seis días respecto dos 26 días do mes anterior (-20,7%), decembro de 2016.

Campaña do IEO / Europa Press

O IEO estudará a distribución e abundancia de sardiña en Galicia e o golfo de Biscaia

Economía - 22 Marzo 2017

Levará a cabo dúas campañas oceanográficas nas que ademais avaliarán as poboacións de xarda, xurelo e outros

Un Brexit duro podería supor a perda de 6.100 empregos e unha redución do 15% da frota europea

Economía - 22 Marzo 2017

A Alianza Europea de Pesca (EUFA), da que forma parte a Confederación Española de Pesca (Cepesca), estimou que un escenario de Brexit duro podería supor a perda de 6.100 postos de traballo no sector pesqueiro europeo e unha redución da frota do 15% (500-600 buques), segundo informaron nun comunicado a organización española.

Alberto Núñez Feijóo e Francisco Conde nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta / xunta.gal

Anular o concurso do bipartito custou, polo de agora, 1,3 millóns

Economía - 22 Marzo 2017

As piruetas dialécticas no mundo da política son frecuentes. Con todo, a deste mércores do conselleiro de Industria sobre os 842.000 euros a pagar a unha adxudicataria do concurso eólico do bipartito dá vertixe.

Freire entrega en Vigo un oceanográfico a Perú. / Europa Press

O estaleiro Freire entrega á Armada de Perú o oceanográfico 'Carrasco', capacitado para asucar "todas as augas"

Economía - 22 Marzo 2017

O estaleiro vigués Paulino Freire entregou este mércores á Armada de Perú o buque oceanográfico 'Carrasco', unha "xoia tecnolóxica" preparada para asucar "todas as augas do mundo" e capacitada para a investigación científica nas áreas de hidrografía, oceanografía, meteoroloxía marítima, sinalización náutica e prospección magnética en augas de Perú e o Antártico.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.