Economía - 15 Outubro 2016
A tempada de caza xeral 2016-2017 arranca este domingo para máis de 45.000 galegos que dispoñen de licenza para exercer esta actividade en 454 tecores con 2,6 millóns de hectáreas de terreos ordenados cinegéticamente.
Economía - 15 Outubro 2016
A Feira Internacional do Emprego Universitario terá lugar os días 2 e 3 de novembro en Porto e os días 8 e 9 en Vigo- Máis de 100 empresas e institucións buscarán persoas para contratar.
Economía - 15 Outubro 2016
Os tratados de libre de comercio implican a limitación do poder xudicial e lexislativo en favor das multinacionais en aspectos como, por exemplo, as denominacións de orixe ou a protección da natureza. Estas son algunhas dos argumentos que esgrime a Campaña Non ao TTIP Galiza para convocar unha manifestación este sábado. Falamos co voceiro da plataforma Ernesto X. Paz de aspectos como, entre outros, a impopularidade do TTIP nalgúns países e o actual estado das negociacións.
Economía - 14 Outubro 2016
A CIG acadou un preacordo para o III Convenio Galego de Instalaciones Deportivas cun aumento salarial do 1,5% para cada un dos tres anos de vixencia --de 2016 a 2018--, así como con avances en xornada e en materia social para os 3.000 traballadores do sector.
Economía - 14 Outubro 2016
Ence informou de que a comunidade de montes de San Xoán de Poio e esta xa traballan conxuntamente na recuperación de montes dedicados á produción de madeira de eucalipto, afectados polos incendios en 2006, e que "non "puideran ser recuperados" dende entón.
Economía - 14 Outubro 2016
O proxecto 'Cruceiros costeiros', impulsado pola Xunta, a través da Consellería do Mar e de Turismo de Galicia a finais do pasado ano, conseguiu captar máis de 1.400 pasaxeiros na súa primeira tempada de actividade.
Economía - 14 Outubro 2016
O eixe de cooperación "horizontal" entre Madrid, Castela e León e Galicia comezou a tomar forma este venres en Valladolid, onde se mantivo unha reunión entre conselleiros dos tres gobernos na que se apuntaron as principais materias de interese nas que se poderá afondar grazas a este acordo e, entre elas, se deu especial importancia ás reivindicacións da conclusión da liña do AVE entre a capital de España e Santiago de Compostela e o cambio do modelo de financiamento autonómico.
Economía - 14 Outubro 2016
O indicador de confianza empresarial harmonizado, a publicación do cal corresponde ao Instituto Nacional de Estatística (INE), subiu un 1,3% en Galicia no cuartro trimestre deste ano respecto ao trimestre anterior.
Economía - 14 Outubro 2016
O número de lanzamentos ou desafiuzamentos -en todo tipo de inmobles e sen diferenciar vivenda habitual- practicados en Galicia no segundo trimestre do ano experimentou un descenso de forma global do 3,4% en relación ao mesmo período do ano pasado, ao pasar de 714 a 690, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de acordo cos datos publicados polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).
Economía - 14 Outubro 2016
Os desaloxos hipotecarios seguen crecendo, aínda que descenden os de aluguer, pero tan só un 3,4%.
Economía - 14 Outubro 2016
O secretario xeral de Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García, animou a todos os produtores lácteos a que realicen "reclamacións xudiciais de todos os non pagamentos" que padecen por parte dos primeiros compradores, que exercen de intermediarios entre os gandeiros e as industrias.
Economía - 14 Outubro 2016
A oposición critica que deixa sen executar un millón en emprego e 73 de cada 100 euros en obras
Economía - 14 Outubro 2016
Estará lista en primavera de 2018, e a compañía mellora a oferta para facerse coa poxa das queixarías Pérez Olveira e Ruta Xacobea
Economía - 14 Outubro 2016
A Consellería do Medio Rural tramita o pagamento de case 440.000 euros correspondentes ás axudas para a mellora de produción e comercialización no ámbito da apicultura. Destes apoios beneficiaranse un total de 1.053 apicultores galegos a título individual ou como integrantes dunha cooperativa, asociación ou organización representativa do sector.
Economía - 14 Outubro 2016
Un informe presentado este xoves en Monforte aposta por modernizar e construír tres variantes da liña actual para reducir ata as 3 horas e media o traxecto entre Lugo e Madrid.
Economía - 14 Outubro 2016
A empresa de autobuses contará con 250 persoas en equipo e un total de 204 vehículos e unha facturación en torno aos 17 millóns de euros.
Economía - 14 Outubro 2016
O indicador de confianza empresarial harmonizado, a publicación do cal corresponde ao Instituto Nacional de Estatística (INE), subiu un 1,3% en Galicia no cuartro trimestre deste ano respecto ao trimestre anterior.
Economía - 14 Outubro 2016
Hai que remontarse a xuño de 2014 para atopar unha suba semellante (+0,3%). Os prezos aumentaron un 5,3% en vestido e calzado, e un 0,6% en transporte, entre outros.
Economía - 14 Outubro 2016
O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu un 0,2% en setembro en Galicia en relación co mes anterior, de modo que a taxa anual se situou en positivo, no 0,2%, despois de 22 meses en negativo.
Economía - 14 Outubro 2016
A organización Ecoloxistas en Acción celebrará este venres, na Domus, o seminario 'Puntos clave da Política Pesqueira Común para acabar coa sobrepesca. A arte de enlazar ciencia, política e coñecemento'.