O padroado do Ifevi dá luz verde ao proxecto á ampliación do recinto e acorda enviar a proposta á Xunta

Economía - 11 Outubro 2016

O padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) reuniuse este martes para avaliar o proxecto de ampliación en 5.000 metros cadrados presentado pola Asociación Española de Almacenistas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura (Conxemar) e acordou enviar a proposta á Xunta para iniciar o procedemento administrativo.

O anteproxecto do novo emisario submarino da ría de Pontevedra estará redactado en marzo

Economía - 11 Outubro 2016

O alcalde de Pontevedra advirte de que non haberá saneamento "completo" mentres Ence permaneza nos terreos de Lourizán

Suso Seixo destaca que a CIG "está a punto de ser a primeira forza sindical de Galicia"

Economía - 11 Outubro 2016

Centos de delegados do sindicato nacionalista maniféstanse por Santiago en defensa dos convenios galegos e a negociación colectiva

Economistas avogan por investir en industria para manter o crecemento e que a marca Galicia se asocie a un sector

Economía - 11 Outubro 2016

Santiago Lago require "decisións de axuste" para combater o déficit tras advertir de que Europa "ten a paciencia que ten"

Estibadores de CC.OO., dispostos a revisar só as 2 infraccións da lei, piden ao Porto de Vigo "man esquerda"

Economía - 11 Outubro 2016

Piden non aproveitar a sentenza para facer máis reformas e "que se respecte o traballo dos compañeiros estibadores"

Os sindicatos convocan unha protesta este xoves na Coruña contra o ERE no Grupo Popular-Pastor

Economía - 11 Outubro 2016

Os sindicatos con representación no Grupo Popular-Pastor, CC.OO, UGT, CIG e FITC, convocaron este xoves unha concentración na Coruña para expresar o seu rexeitamento ao expediente de regulación de emprego (ERE) anunciado pola entidade.

Ajao (Tuenti e Cabify) augura que "todas as empresas teñen que acabar sendo tecnolóxicas e de datos" para ter éxito

Economía - 11 Outubro 2016

Apunta nunha charla en Santiago á economía colaborativa e a intelixencia artificial como modelos de futuro

UU.AA. confía en que as asembleas das catro cooperativas ratifiquen o proxecto dun grupo lácteo galego

Economía - 11 Outubro 2016

A conselleira Ángeles Vázquez analiza con Roberto García a situación do sector e saúda o anuncio de unión cooperativista

José Manuel Otero, presidente do Grupo Puentes / Xurxo Lobato - EP

A construtora do hospital de Vigo consegue o contrato doutro hospital en Ecuador

Economía - 11 Outubro 2016

O Grupo Puentes consolida a súa posición no sector hospitalario tras construír tres hospitais. O novo centro sanitario supera os 225 millóns de dólares.

Reunión entre representantes de A Mesa pola Normalización Lingüística e das seccións sindicais de Extel / A Mesa

A Mesa e os sindicatos de Extel piden unha onda de chamadas en galego ao 1004 contra o ERE

Economía - 11 Outubro 2016

Representantes dos traballadores e da plataforma a prol da normalización do galego acordan unha serie de accións conxuntas contra os 205 despedimentos nesta subcontrata de Movistar, compañía á que esixen que manteña o servizo en lingua galega.

Oysho reforza o seu 'ecommerce' coa súa entrada en Turquía

Economía - 11 Outubro 2016

Oysho, a liña de roupa interior, de deporte e 'homewear' do Grupo Inditex, afianza a súa expansión internacional e reforza o seu 'ecommerce' co lanzamento da tenda 'online' en Turquía.

Os usuarios de autobús urbano crecen un 6,9% en agosto en Galicia, ata superar os 4,47 millóns

Economía - 11 Outubro 2016

Os viaxeiros transportados por autobús urbano en Galicia aumentaron un 6,9% en agosto en relación co mesmo mes do ano anterior, ata 4.471.000, segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Traballadores de Tecnocom concéntranse para reclamar á empresa que "se sente a negociar"

Economía - 11 Outubro 2016

Traballadores da empresa Tecnocom, convocados pola CIG, concentraranse este martes, día 11, ás 9,15 horas ante a sé da empresa no Polígono do Tambre para denunciar a "represión sindical" e pedir á empresa que se sente a negociar" para dar solución ao seu conficto.

O comité de Ferroatlántica esixe a "non segregación das actividades produtivas" e que se manteñan os empregos

Economía - 10 Outubro 2016

O comité de empresa de Ferroatlántica (Cee-Dumbría-centrais hidroeléctricas) remitiu un comunicado aos medios nos que recorda que as actividades de enerxía eléctrica e de ferroaliaxes forman parte dunha "unidade produtiva única", así como "ratificada" nos tribunais e polos partidos galegos en sede parlamentaria.

Sogama aumenta en máis dun 47% o transporte de residuos por ferrocarril

Economía - 10 Outubro 2016

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) incrementou nun 47,6 por cento o traslado de residuos urbanos.

A Xunta valora a intención de catro cooperativas de unirse e destaca "a necesidade dun gran grupo" lácteo

Economía - 10 Outubro 2016

A Consellería de Medio Rural felicitou as cooperativas Feiraco, Os Irmandiños, Melisanto e Xallas pola súa intención de integrarse nun grupo de referencia no sector lácteo que comece a operar dende o 1 de xaneiro de 2017.

A conselleira de Medio Rural reúnese cos seus xefes territoriais para abordar actuacións de próximos meses

Economía - 10 Outubro 2016

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse este luns cos seus xefes territoriais para abordar futuras actuacións a realizar no sector do agro nos próximos meses.

As empresas AllGenetics e Galchimia recollen en Vigo os Premios Galicia Spin Off, convocados por Pastor e GCiencia

Economía - 10 Outubro 2016

Os galardoados foron seleccionados de entre 16 iniciativas

Representantes de Feiraco, Os Irmandiños, Melisanto e Xallas / Europa Press.

Catro cooperativas prevén a súa integración nun gran grupo lácteo galego

Economía - 10 Outubro 2016

As asembleas de Feiraco, Os Irmandiños, Melisanto e Xallas decidirán o día 31 se dan luz verde a un proxecto que integra máis de 4.000 gandeiros e aberto a máis incorporacións.

Publicada a relación de beneficiarios de axudas a granxas de coellos

Economía - 10 Outubro 2016

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución da Consellería de Medio Rural pola que se fan públicas as axudas para as pequenas e medianas explotacións de cría de coellos.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.