Fontenla e Alvariño logo das eleccións á CEG en 2009

Guerra civil aberta na patronal

Economía - 15 Outubro 2015

A decisión dos presidentes das patronais de Lugo e A Coruña de non acudir a reunión co presidente da CEG mostra até que punto están abertas as feridas. O presidente, José Manuel Fernández Alvariño, non lle quedou outra que mandar un comunicado propondo un goberno colexiado.

Paneis solares en diversas vivendas

Por que o Goberno español quere limitar o uso da enerxía solar?

Economía - 15 Outubro 2015

Adega denuncia que o decreto do PP favorece o oligopolio eléctrico "no que acabarán traballando algúns ministros" e denuncia que promove a pobreza enerxética por querer cargarlles aos usuarios e Pemes un “imposto” pola enerxía solar.

De compras nas rebaixas de verán

O DOG publica hoxe os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán abrir no 2016

Economía - 15 Outubro 2015

Os concellos poden solicitar ata o 15 de novembro a modificación de ata dúas destas datas para adaptalas ás súas características. Estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, que goza de liberdade horaria.

Alvariño, presidente da CEG

Xaque ao líder da patronal galega

Economía - 15 Outubro 2015

José Manuel Fernández Alvariño xestiona a Confederación de Empresarios cos orzamentos e as contas sen aprobar. Tamén coa certeza de que na Asemblea que debe convocar antes de fin de ano os empresarios pódeno botar. Hoxe reúnese con algúns dos líderes críticos na busca dunha saída consensuada.

Parque Empresarial vacío en Rianxo / seasuelo.com

Os empresarios seguen sen confiar na recuperación económica en Galicia

Economía - 13 Outubro 2015

O 23,1% dos empresarios galegos é pesimista sobre a situación económica, fronte a un 16,9% que é optimista.

Alvariño, presidente da CEG

O líder dos empresarios pídelle aos gandeiros "que se fagan fortes"

Economía - 12 Outubro 2015

Ve positivo que Pescanova "siga" a pesar de que está en mans estranxeiras e critica a "fragmentación política" no Estado.

Denuncian sobresoldos desproporcionados na Axencia Tributaria

Economía - 10 Outubro 2015

O sindicato CIG leva ao Tribunal Contas as cantidades “desorbitadas” e o reparto discrecional da produtividade entre os altos cargos da AEAT

Protesta no supermercado Lidl de Ferrol /CIG

Lidl quere que os 15 minutos de descanso non sexan parte da xornada remunerada

Economía - 10 Outubro 2015

Concentración este venres no Lidl de Ferrol por un convenio colectivo galego que garanta as condicións laborais e salariais do persoal. A empresa pretende deixar de aplicar os convenios provinciais, como os de Gadis e Froiz, para aproveitarse do estatal, que ofrece peores condicións.

A Asociación Amigos da Terra desprega un cabalo de Troya inflábel en Vigo para protestar contra o tratado TTIP / ilcanallarubens.wordpress.com

Galicia súmase as protestas globais contra o tratado de libre comercio

Economía - 09 Outubro 2015

Este sábado Vigo acollerá unha manifestación contra os tratados de libre comercio. A marcha, que partirá ás 20h desde a Praza da Independencia, ten por lema "Comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais". No eido político, a protesta está apoiada por BNG, ANOVA, Podemos e Esquerda Unida. Os concellos de Santiago, Nigrán e Gondomar xa se prononciaron en contra dun deles, o polémico TTIP entre Bruxelas e os Estados Unidos de América.

Campus da USC en Lugo

Lugo tamén terá o seu campus de excelencia

Economía - 08 Outubro 2015

A USC bota a andar en Lugo o Campus Terra, coa especialización e internacionalización como grandes retos.

 A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, mantivo unha xuntanza coa entidade financeira Fiare GZ

Santiago quere colaborar coa banca ética

Economía - 07 Outubro 2015

Traballadores da construcción nun edificio/arquitacasa

Galicia segue estancada por temor á burbulla inmobiliaria

Economía - 07 Outubro 2015

Segue sendo unha das autonomías con menor impulso da compravenda de vivendas.

Bloqueo da industria de leite Larsa en Vilagarcía por parte dos gandeiros /Carlos Fernández Twitter

Critican que empresas galegas son “miserentas” cos gandeiros do país

Economía - 06 Outubro 2015

Celta e Larsa retiran os contratos á baixa e descólganse do acordo entre gandeiros, industrias e distribución.

Contra a mina de ouro en Corcoesto / Bocixa Tingalaranga

Adeus definitivamente a mina de ouro de Edgewater en Corcoesto

Economía - 05 Outubro 2015

A Xunta resolve que as concesións mineiras a Edgewater están caducadas. A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños agradece a mobilización veciñal e di que estará atenta a futuros movementos en torno a mina.

Fileira diante dunha oficina do paro

Volve aumentar o paro en Galicia

Economía - 02 Outubro 2015

En setembro incrementouse en 2.005 persoas, case un 1% máis. Tamén baixa a filiación á Seguridade Social.

Planta de Acuinova, filial de Pescanova, en Mira, Portugal/ pescanova.com

A Xunta continúa permitindo construír piscifactorías en zonas protexidas

Economía - 02 Outubro 2015

“Póñense dificultades, pero non se corta” esa posibilidade, suliña a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. "Será máis custoso e hai unha serie de requisitos medioambientais máis elevados", engade. Feijóo di que esta lei busca facilitar e axilizar os trámites burocráticos para desenvolver esta actividade.

Directirvos de Euskatel na sinatura dun acordo

A vasca Euskaltel farase coa galega R en novembro entre críticas do PSOE á Xunta

Economía - 01 Outubro 2015

O director da empresa de Euskadi suliña a súa vocación de crecemento e de liderar proxectos fóra do seu ámbito xeográfico. Abel Losada (PSOE) critica ao Goberno Galego por non evitar que desaparecese a participacion galega na teleoperadora.

Francisco Botas, Juan Carlos Escotet e Javier Etcheverría, presentando as contas de Abanca

Abanca segue subindo nas escalas das axencias de cualificación

Economía - 30 Setembro 2015

A mellor nota outorgada por DBRS agora súmase as melloras nos ratings publicados recentemente por Fitch e S&P.

Industria láctea / GC

Galicia, o peor sitio para facer negocio no estado

Economía - 30 Setembro 2015

O informe Doing Business España 2015 recomenda para mellorar o clima de negocios unha maior simplificación nos trámites, e a redución de taxas municipais para o inicio da actividade

Funcionarios da Xunta nunha mobilización / CC.OO.

A Xunta débelle 92 millóns aos seus funcionarios

Economía - 28 Setembro 2015

É o que ten que pagarlles en concepto do 50% da paga extra retida desde 2012. Esta retención teríalle servido ao Goberno galego para pedir un préstamo de 215 millóns de euros sen pagar xuros e comisións.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.