"Juntos hacemos una nueva etapa"

Economía - 08 Novembro 2008

Con esa filosofía xuntou a compañía Estrella Galicia a membros da empresa para, entre todos, vivir o espírito da marca de Hijos de Rivera. Unha estratexa que se está a poñer de moda entre as grandes compañías. Ver o video aquí.

Enfrontamento sindical na Xunta

Economía - 27 Outubro 2008

CC.OO. denuncia que UGT e CIG cometeron un "fraude" na negociación do V convenio do persoal laboral da Xunta "ao antepoñer os intereses partidistas fronte aos verdadeiros intereses dos traballadores". Este sindicato realizou un cadro comparativo no que, según di, quedan reflexada as "incoherencias" do novo convenio. Podes velo aquí.

Nota.- A solución de Asemaco ante a crise

Economía - 24 Outubro 2008

A Asociación de Empresarios de materiais de construcción (ASEMACO) quere dar un golpe de imaxe nestes tempos de crise económica. Por unha banda ofrece créditos rápidos e polo outro salienta a súa loita e os éxitos obtidos contra os morosos que lle teñen reportado máis de catro millóns de euros...

"A inxenuidade do mercado"

Economía - 14 Outubro 2008

Remitennos un interesante video, en clave de humor, sobre a actual crise económica.

Curioso concurso público

Economía - 09 Outubro 2008

Habitualmente, a Xunta publicita a través da súa páxina web e do Diario Oficial de Galicia as súas ofertas públicas. Pois non acontece isto cun concurso da empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos para mellorar a rede de saneamento en Muxía e Touriñán por valor de máis de 165.000 euros. Dita convocatoria insta aos interesados a acudir á "copistería da invitación cursada" ou á sede desta institución en Santiago. Ver aquí e aquí.

A economia, principal preocupación da Xunta

Economía - 08 Outubro 2008

A crise económica centrou o discurso dos líderes políticos no Debate de Estado da Autonomía. Un tema que vai marcar a axenda política dos vindeiros meses...

O Igape busca negocio en China

Economía - 07 Outubro 2008

O Igape quere buscar novos inversores en China. Para iso, destinará case 37.000 euros en publicidade no país asiático. Máis información aquí.

Preparandose para afrontar o novo modelo de financiación

Economía - 26 Setembro 2008

A Xunta xa dixo que non está dacordo co modelo de financiamento autonómico proposto polo Goberno central...

Unha nova enerxía alternativa

Economía - 25 Setembro 2008

Povoa do Varzim, localidade situada a poucos quilómetros da Guarda, acaba de poñer en marcha un sistema pioneiro para a obtención de enerxía a través das ondas do mar. O proxecto "enersia" producirá enerxía eléctrica suficiente para unha poboación duns 6.000 habitantes. Máis aquí.

A Xunta busca novas vías de negocios

Economía - 25 Setembro 2008

A Xunta xa hai semanas que tenta paliar as consecuencias da crise económica...

Despidos sindicais en Telefónica

Economía - 24 Setembro 2008

Recibimos información dunha sanción de Telefónica a 9 delegados sindicais de AST, C.OBAS, CGT e STC-UTS que se concreta en cinco despidos e catro sancións de 45 días de emprego e soldo e todo co beneplácito de CC.OO e UGT...

O español vende máis que o portugués e que o galego

Economía - 22 Setembro 2008

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda a Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber "ser locais" e "entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven"...

Os ecos da negativa do Goberno á comisión do AVE

Economía - 12 Setembro 2008

A maior parte da prensa galega amosouse hoxe moi crítica coa decisión do Goberno central de non crear a subcomisión de seguemento das obras do AVE en Galicia, e critican ao presidente galego por permitilo e avalalo...

Acendense as luces vermellas

Economía - 03 Setembro 2008

Os datos do paro en Galicia amosan o que xa viñan anunciando dende o PSOE; que a situación económica comeza a empeorar nesta comunidade. Segundo estadísticas feitas polo propio Goberno galego, a final de ano, as cifras de emprego en Galicia caerán a índices de hai 10 anos e a o crecemento económico sufrirá un parón semellante. A situación pode agravarse no primeiro semestre do 2009, aínda que as previsións indican que a situación comezará a mellorar a final do vindeiro ano.

Documento.- As contas do Parlamento e Valedor do Pobo

Economía - 25 Agosto 2008

Parece que todo está en regra nas contas destas dúas institucións que recibiron o visto bo da Mesa do Parlamento, aínda que o seu presuposto aumentara con respecto ao ano anterior. Podes consultar os balances fiscais aquí.

Analizando a RSE das empresas

Economía - 25 Agosto 2008

Parece que a actual situación económica tamén esta tendo resposta dende a Xunta. A Consellería de Traballo creará un observatorio permanente sobre a aplicación da Responsabilidade Social Empresarial (RSE) nas empresas galegas a través de diversas actuacións enfocadas ás empresas con maior facturación de Galicia, sobre o nivel de aplicación das políticas laborais de calidade dentro da estratexia xeral de Responsabilidade Social Empresarial. Polo momento é unha enquisa aínda que se agardan actuacións futuras sobre os resultados. Máis aquí.

Os efectos da crise económica

Economía - 23 Agosto 2008

A crise económica está afectando, principalmente, ao sector inmobiliario. Son moitas as urbanizacións que están tendo dificultades pola insolvencia dalgunhas constructoras. Informannos que a urbanización 'A Ramallosa', en Teo, está afrontando numerosos problemas pola ineficacia da empresa Juan Sampredro, S.L...

Os empresarios galegos organizanse en Axentina

Economía - 30 Xullo 2008

Segundo nos contan, os empresarios galegos en Arxentina queren impulsar a súa actividade. Para tal fin organizarán un encontro en outubre ao que asistirán empresarios de Galicia para abordar novas vías de cooperación...

Os problemas de Caixa Galicia en Tenerife

Economía - 24 Xullo 2008

A crise inmobiliaria tamén toca ás caixas galegas. Logo das perdas sufridas pola crise de Fadesa, Caixa Galicia ten problemas con outra operación inmobiliaria en Canarias...

O ollo de Jove

Economía - 15 Xullo 2008

Foron moitos os que no seu día denunciaron a operación de compra de Fadesa por Fernando Martín...


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.