Economía - 25 Setembro 2006
O PSOE conta co apoio do BNG para sacar adiante os PXE 2007. Ó parecer, Francisco Rodríguez, a pesares das súas reticencias iniciais, manifestoulle ó ministro de Economía, Pedro Solbes, a súa intención de apoiar as contas do vindeiro ano se superaban as de 2006 e se realizaban fortes inversións en infraestructuras...
Economía - 04 Setembro 2006
A cifra de perdas pola oleada de incendios que padeceu Galicia a principios do pasado mes elevase ós 240 millóns de euros, segundo estimacións da Xunta que se darán a coñecer esta mesma semana no Parlamento galego....
Economía - 27 Xullo 2006
Os traballadores do telemarketing da Coruña, constituidos agora na Coordinadora Unitaria de Traballadores do Telemarketing, estanse movilizando en contra da deslocalización dos seus postos de traballo e dos datos dos seus clientes. Acaban de poñer en marcha unha páxina na que convidan a todos os traballadores afectados dos distintos call center a unirse a eles, así coma ás organizacións sociais, sindicais e políticas para solidarizarse coa súa causa e colaborar coas movilizacións...
Economía - 18 Maio 2006
A Facultade de Economía da USC leva tempo traballando conxuntamente coa Cátedra 'Albertino de Figueiredo', que leva o nome do presidente de honor de Afinsa e un dos imputados no caso da estafa da filatelia...
Economía - 10 Maio 2006
Nun sector da Administración galega, concretamente, nas áreas gobernadas polo BNG, non acaban de entender a integración e pulo que por parte da CIG e do SLG se está a facer da Plataforma en Defensa da Economía de Santiago e Comarca, constituida o pasado 21 de abril para opoñerse á concesión da licencia de apertura ao Carrefour das Cancelas (Santiago)...
Economía - 08 Maio 2006
O conselleiro maior do Consello de contas, Luciano Fariña, confirmou hoxe a contratación de tres altos ex cargos dos gobernos do PP tal e como xa sinalamos nesta mesma páxina. "Foi un nomeamento que se adoptou de maneira colexiada, aplicando os criterios legais e reglamentarios", sinalou no Parlamento. Por iso, quiso deixar claro que, con esta decisión, non se "menoscaba" a independencia desta institución, cuia decisión se tomou "acreditada" nos informes previos presentados polo Consello de Contas.
Economía - 04 Maio 2006
Hoxe e mañán celébranse en Santiago unhas xornadas con motivo do 15 aniversario da creación do Consello de Contas que levan por título "O control externo público para o século XXI". Un control, que sen embargo, pode fallar cando se trata de analizar as vindeiras contratacións nesta entidade....
Economía - 27 Abril 2006
Non gustou nada na Xunta a decisión do Goberno central de reducir o Plan Eólico Galego á metade. E é que o Executivo galego aprobou concesións de plantas eólicas para chegar os 6.500MW de aquí o 2010. Para evitar unha guerra enerxética, o Ministerio de Industria estudia conceder a Galicia os "excedentes" que non cubran outras autonomías, que a Xunta xa califica de "política de migallas". Esta decisión tamén é ollada de distinta forma polos colectivos ecoloxistas galegos, algúns dos cales teñen criticado o perigo mediambiental que supoñen novos xeneradores eólicos nos montes galegos.
Economía - 17 Abril 2006
Chégannos novas denuncias por incumplimento da toponimia oficial. Desta vez acusase ó Instituto Galego de Estatística (IGE), dependente da Consellería de Economía, de utilizar topónimos deturpados de parroquias e lugares. San Julián de Cabanas, San Esteban de Cos, San Juan de Ortoño, La Matanza, Palomar de Abajo, Puente-Cesures, Puente Aldea, La Iglesia, Borducedo Pequeño, San Pelayo de Aranga, Pedramayor ou Besojo son exemplos destas prácticas. Máis información aquí.
Economía - 01 Marzo 2006
A Xunta quere, agora, potenciar os contactos entre Galicia e Irlanda a través do mar. Para iso, Política Territorial acaba de destinar 50.000 euros. O seu obxectivo é contratar unha asistencia que redacte un estudio que analice as posibilidades dos portos galegos para convertirse en "referencia" dos intercambios comercias con Irlanda, profundizando nas líneas 'Short Sea Shipping (SSS)' entre ambos os dous países. Podes consultar as bases aquí.
Economía - 24 Febreiro 2006
Segundo nos comentan, a continuidade de Valeo no Porriño non está asegurada tras o peche da planta de Valeo-Ourense. Esta situación, que provocou a perda de 1.500 postos de traballo, podería trasladarse agora ó Sur de Pontevedra. A dirección da empresa está pensando mover definitivamente a súa producción a Polonia, Marrocos e Túnez. O peche de Valeo-Porriño tamén afectaría a numerosas fábricas auxiliares do polígono da Granxa.
Economía - 23 Febreiro 2006
A OPA de Gas Natural a Endesa está dando moitos quebradeiros de cabeza ó goberno de Zapatero e, por extensión, ás autonomías con executivos socialistas e con proxectos enerxéticos dependentes da eléctrica. Unha situación a que non é allea Galicia.
Economía - 20 Xaneiro 2006
Tal e como anunciou a Xunta, a publicidade institucional xa sae publicada no DOG, como acontece co concurso público aberto para a contratación de servizos de compra de espazo en prensa e radio para a difusión e divulgación do marco regulador de axudas, actividades e servizos do Igape. En total, 360.000 euros. Ata se pon en concurso a elección e suministro do agasallo a ofrecer ós fogares informantes da enquisa de condicións de vida das familias, consistente en 6.500 unidades. A pesar deste novo marco de transparencia, a política de publicidade institucional aínda non é coordinada pola Secretaría Xeral de Comunicación tal e como estaba plantexado nun primeiro momento.
Economía - 30 Novembro 2005
A militancia do PSOE está moi incomoda coa elección dalgúns dos altos cargos do goberno galego, especialmente os das áreas socialistas. Critican, como xa temos contado aquí, que se teñan nomeado para postos de responsabilidade a xente que non ten nada que ver co partido. Este malestar está sendo amosado nas distintas asambleas locais do partido e, mesmo, está dando lugar á aparición de dosieres sobre algúns dos elexidos. Galicia Confidencial recibiu informes sobre o novo director xeral do Igape, José Antonio Delgado Arce.
Economía - 21 Outubro 2005
A Xunta de Galicia leva unha semana tola preparando os orzamentos do vindeiro ano, e aínda así, non os teñen completamente pechados. Esta fin de semana, serán varios os conselleiros que pasarán o sábado e o domingo enclaustrados nos seus despachos tentando cadrar definitivamente unhas contas que presentará o conselleiro de Economía o luns no Parlamento. O PP prepara unha batería de recursos ó considerar que se vulnerou a Lei de Réxime Financeiro e Presupostario de Galicia.
Economía - 03 Outubro 2005
A refinería de Repsol na Coruña suspendeu dende hai algunhas semanas o suministro de gasolina Super nas estacións ás que presta servizo. Deste xeito, pretende concienciar ós conductores para que comecen a utilizar a gasolina sen chumbo e cumprir, así, as directivas europeas. Esta medida afecta a case a totalidade das gasolineras da Coruña, e a boa parte das outras tres provincias galegas.
Economía - 27 Setembro 2005
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o vicepresidente, Anxo Quintana, estaban ó tanto do interese de Amancio Ortega, Jacinto Rey e Caixanova por comprar parte das accións de Fenosa e mesmo deron o seu visto bo á operación. Nembargantes, a astucia de Emilio Botín e os trucos de Florentino Pérez truncaron a operación. Nos círculos económicos crese que o presidente de ACS pode facer negocio revendendo a súa parte a Energías de Portugal (EDP) ou a italiana Enel.
Economía - 27 Maio 2005
Esta fin de semana terá lugar o IV Congreso da CIG en Santiago. A central nacionalista chega a este cónclave con varias candidaturas e con críticas de "eivas na metodoloxía electoral" por parte dalgún dos sectores. O principal rival que terá Suso Seixo será, probablemente Manuel Currás Meira, "Meiriña".
Economía - 04 Maio 2005
A CIG remitiunos un comunicado desmentindo unha información publicada neste confidencial o pasado 10 de marzo baixo o título 'A financiación dos sindicatos'. Suliña que este sindicato "pode demostrar a súa total independencia de calquera administración e que o seu financiamento é completamente autónomo" e que non está "ao mesmo nivel que as organizacións sindicais CCOO e UGT".
Economía - 14 Marzo 2005
Tal e como contamos aquí, a viaxe de Lendoiro a Inglaterra está causando estupor entre os afecionados deportivistas. Lendoiro ampliou, máis da conta, a súa estancia nas illas británicas e as reunións que mantivo con Abramovic se relacionan coa necesidade do presidente deportivista de conseguir financiación para o seu clube. Entre os temas de conversa co presidente do Chelsea estiveron Valerón, Tristán e Victor. Algún destes tres xogadores pode ser que recale no fútbol inglés en breve. Lendoiro vai vir de Inglaterra cun curso rápido de administración e marketing deportivo.