Rolda de prensa do comité de Siemens-Gamesa nas Somozas.. CCOO / Europa Press

O comité de Siemens-Gamesa nas Somozas preocupado por unha posible compra de Senvion

Economía - 18 Outubro 2019

Os sindicalistas acusaron á dirección da planta das Somozas e aos delegados de UGT, de anunciar a existencia de carga de traballo ata polo menos setembro de 2020. "A nós, como integrantes do comité de empresa, non nos consta".

Oficina Emprego EUROPA PRESS - Arquivo

A previsión de crecemento do PIB real de Galicia será un 2% en 2019 segundo o IGE

Economía - 18 Outubro 2019

O Instituto Galego de Estatística prevé un crecemento para 2020 dun 1.9%.

O número de traballadores afectados por ERE en Galicia. EPDATA / Europa Press

O número de traballadores afectados polos ERE crece un 84,2%, máis do triplo que a media española

Economía - 18 Outubro 2019

Soben as suspensións de contratos (+97%) e os despedimentos colectivos (+80,7%), mentres baixan as reducións de xornada (-28,1%).

Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago / Europa Press

Bonificacións fiscais do 95% a empresas que se instalen en Santiago e cren emprego indefinido

Economía - 18 Outubro 2019

As ordenanzas fiscais do 2020, que baixan impostos en inmobles rústicos, sairán adiante co voto favorable de Compostela Aberta.

Helicóptero do Servizo de Gardacostas, o salvamento da Xunta

A Xunta aumenta un 56% o orzamento para a renovación do Servizo de Gardacostas

Economía - 18 Outubro 2019

O Goberno galego aumentará nun 56% a contía para a renovación parcial da frota do Servizo de Gardacostas de Galicia nos orzamentos de 2020, o que suporá un investimento de seis millóns de euros para afrontar o pago correspondente da patrulleira de altura que substituirá á 'Paio Gómez Chariño' e doutra lixeira para ampliar a frota, que se están construíndo na área de Vigo.

Vendima en Ribeira Sacra. DO RIBEIRA SACRA - Arquivo

Remata a vendima máis abondosa e longa da historia da D.O. Ribeira Sacra

Economía - 18 Outubro 2019

7.262.831 de quilos de uva recollidos na D.O. Ribeira Sacra dos que 6.000.233 quilos corresponden a Mencía. Remata a vendima mentres a Denominación se prepara para acoller a XXIV Asamblea Xeral da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV).

Obra de construción dunha vivenda.

A odisea de alugar un piso para ser independente, prezos imposibles e casas baleiras

Economía - 18 Outubro 2019

As sete grandes cidades aumentaron o ratio dos alugueres nos últimos anos. Os consumidores e asociacións vinculadas a eles, estiman que o aluguer turístico ten a culpa en grande parte. Os empresarios do aluguer turístico falan de nulas políticas de vivenda por parte das administracións. Mentres independizarse dos pais cada día é máis difícil.

Obreiros de Alcoa San Cibrao diante das instalacións /AXM

Incerteza en San Cibrao: Alcoa elude concretar a que factorías afectarán os peches

Economía - 18 Outubro 2019

Enerxía, competitividade e custes, criterios de Alcoa para decidir en que plantas aplicar o plan de axuste.

Concentración de delegados do naval da CIG fronte á delegación da Xunta en Vigo.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS / Europa Press

A CIG urxe a convocatoria da mesa do naval ante a "grave" situación que atravesa o sector

Economía - 18 Outubro 2019

Pide o rescate público de Vulcano e un plan "de futuro" sen "especulación" para Barreiras

ENCE desde a Ría de Pontevedra

Mapa do baleiro industrial: Ence, a empresa da discordia

Economía - 17 Outubro 2019

As opinións sobre a prórroga a Ence asinada por Mariano Rajoy, son encontradas. Desde quen defende a empresa como columna económica de toda a área de Pontevedra a quen considera que ese punto non é certo. A Audiencia Nacional está estudando o caso logo de tres recursos presentados. De momento, todo está no aire á espera do que digan os tribunais e, no medio, un enfrentamento que xa dura décadas.

Colexio.

A CIG critica que o borrador das contas da Xunta "mantén os recortes" para o profesorado e o ensino público

Economía - 17 Outubro 2019

Tamén critica que as axudas actuais para o galego no ensino público non chegan a cubrir o 20% das solicitadas polos centros.

Redes sociais, Internet. - Arquivo

A maioría das empresas galegas con máis de dez empregados usa Internet coas administracións

Economía - 17 Outubro 2019

Case o 73% das microempresas da comunidade ten unha liña de Internet contratada, un 6,9% máis que hai un ano, período no que a nivel estatal este índice creceu un 1%.

Praia de Arealonga, en Barreiros / Turismo de Galicia

Os empresarios galegos estiman que aumentarán beneficios durante o cuarto trimestre do ano

Economía - 17 Outubro 2019

O informe Exceltur sinala que Galicia "apenas nota o efecto" da quebra do operador de turismo británico Thomas Cook ou a "incerteza internacional derivada do Brexit".

Concentración fronte ao Concello das Pontes na xornada de folga.

Recuperada a normalidade nas Pontes tras a xornada de folga xeral secundada por todos os sectores

Economía - 17 Outubro 2019

Varias persoas secundaron unha concentración ante unha entidade bancaria en protesta pola negativa desta a sumarse ao paro xeral do mércores.

Cirurxía estética.

Dez locais galegos, investigados na macrooperación de Facenda contra a fraude no sector de cirurxía estética

Economía - 17 Outubro 2019

Moitas das 90 sociedades investigadas non admitían o pago con tarxeta a pesar das importantes cantidades.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no Consello da Xunta. XUNTA / Europa Press

Feijóo presenta os seus "mellores" orzamentos desde que está na Xunta para unha Galicia "fiable e solvente"

Economía - 17 Outubro 2019

Serán 300 millóns máis que o pasado ano e superan a barreira dos 10.000 millóns de euros, aínda que están lonxe dos case 11.800 millóns do último ano do bipartito. O presidente galego anuncia varias rebaixas en impostos. O Xacobeo terá case 90 millóns, a maioría para publicidade e promoción, fronte aos 26,7 millóns do incremento de Mar, Medio Rural e Industria, os principais sectores económicos de Galicia.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.

A Xunta de Goberno de Santiago aprobará este venres as ordenanzas fiscais

Economía - 17 Outubro 2019

Sánchez Bugallo explicou que se o consistorio decidiu levar as ordenanzas a Xunta de Goberno é porque confía en que "van saír adiante no pleno".

Carteis de aluguer de vivenda. EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

O Concello de Santiago prevé xerar vivenda sacando a concurso unha parte do seu patrimonio

Economía - 17 Outubro 2019

Rosón sinala que será unha das iniciativas para abordar o déficit de vivenda de aluguer, xunto ao control de pisos turísticos.

Redes sociais, Internet. XUNTA DE ANDALUCÍA - Arquivo

O 84,2% das empresas de 10 ou máis empregados teñen conexión a Internet por banda ancha móbil

Economía - 17 Outubro 2019

O 98,3% dos enquisados teñen acceso á rede, un 78,5% usan a firma dixital e o 47,4%, medios sociais.

Ranking das empresas máis valiosas do mundo por Interbrand. INTERBRAND / Europa Press

Zara sitúase no posto 29 do ranking das 100 marcas máis valiosas do mundo

Economía - 17 Outubro 2019

Banco Santander tamén aparece, Uber e LinkedIn estréanse na lista, Facebook cae cinco postos e Dell reincorpórase despois de seis anos.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.