O Sindicato de Xornalistas chama á folga xeral

GC Aberto - 23 Marzo 2012

A reforma laboral é a normativa máis agresiva contra os traballadores de todas as aprobadas na vida democrática deste país desde a fin da ditadura.

Xuntanza coa AV Nova Xeira de Figueiras

GC Aberto - 23 Marzo 2012

Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, José María Tubío e Vicente Vázquez, proseguindo co traballo municipal, e dentro do programa de reunións co tecido asociativo da cidade, mantiveron unha xuntanza coa directiva da AV Nova Xeira de Figueiras.

As visitas procedentes de Madrid son habituais no Museo Valle-Inclán

GC Aberto - 21 Marzo 2012

Novamente de terras madrileñas procede o grupo de 30 persoas que na tarde do 21 de marzo se achegou ata o concello da Pobra do Caramiñal para ter a posibilidade de coñecer de cerca os lugares barbanzanos máis ligados á figura de don Ramón María del Valle-Inclán.

Transparencia nas facturas impagadas

GC Aberto - 21 Marzo 2012

Esquerda Unida Compostela considera que os dirixentes políticos semellan esquecer a quen os sitúa nas cadeiras do pazo de Raxoi: á cidadanía, e a ela é a quen deben render contas. E o equipo de goberno, o PP, debe gobernar en nome de todos os veciños e veciñas de Compostela. Non debe gobernar para a galería mediática, nin goberna só en nome das persoas que o votaron.

Comunicado de AGAI sobre o atentado en Francia

GC Aberto - 21 Marzo 2012

Condena do atentado antisemita.

Festa polo décimo aniversário do Novas da Galiza

GC Aberto - 20 Marzo 2012

O Novas da Galiza comemora os seus dez anos de vida com festa. Será esta quarta-feira, dia 21 de março, a partir das 20,30h. no pub Avante de Compostela. Começará com um encontro de representantes do jornal com o público leitor, ao que seguirá a apresentaçom da campanha Vitaminas para o Galego da mao do diretor de Galicia Confidencial Xurxo Salgado. A partir das 22,30, concerto com Os Tres Trebóns e foliada com as Pandereteiras Bouba e mais Habelas Hainas. Umha exposiçom sobre a história do Novas acompanhará o evento.

Concellos sen alcalde

GC Aberto - 17 Marzo 2012

Sen ter realizado un estudo de contraste sobre os desamaños do municipalismo, afastados do mínimo rigor, algúns políticos temerarios cun atrevemento delirante, suplen seu evidente descoñecemento en materia, con ridículas formulacións que tentan transformar en alternativas , para remediar, o que se resolve doadamente cun mínimo de sentido común.

Un grupo de veciños madrileños visita o Museo Valle-Inclán

GC Aberto - 16 Marzo 2012

O bo tempo e o adianto da primavera animan ás primeiras visitas procedentes de Madrid a achegarse ata a vila da Pobra do Caramiñal e incluír no seu percorrido unha reserva para unha visita guiada polas dependencias do Museo Valle-Inclán. http://www.desdepobra.com/desdepobra/MUSEO/2012/museo%20dos/MUSEO%20DOS.html

Moción creación axencia pública municipal de aluguer

GC Aberto - 14 Marzo 2012

Esquerda Unida Compostela ratifícase na necesidade de mudar o modelo urbanístico na cidade, que prima a especulación sobre as necesidades da cidadanía, sendo necesario o fomento do aluguer social.

O sábado pasado no Café Uf

GC Aberto - 12 Marzo 2012

O Negra Sombra acolleu novamente o "Círculo Poético Aberto"

Homenaxe a Marilyn no Día da Muller

GC Aberto - 10 Marzo 2012

A partir das 20:00 h. tivo lugar no auditorio do Museo Valle-Inclán unha charla a cargo do periodista Suso Souto dedicada á mítica figura de Marilyn Monroe. O acto estivo presentado pola presidenta da Asociación Madoán (promotora do acto), María José Rivadulla Santos, e o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas. http://www.desdepobra.com/desdepobra/POBRA/2012/MADOAN%20UNO/marilin/marilin.html

Concilium, verbi gratia

GC Aberto - 10 Marzo 2012

En menos dun quinquenio, as finanzas municipais teñen pasado dunha situación delicada a unha realidade catastrófica, circunstancia, que esixe a adopción de medidas de contención, anulando a totalidade dos gastos prescindibles e facendo efectiva a renuncia ás competencias delegadas para evitar os gastos de suplencia, que aínda sendo impropios, alcanzan o trinta por cento do total orzamentario. Ese que non outro, debe ser o guión de interpretación, que terá de manter súa vixencia mentres que a Administración do Estado manteña estacionada a solución definitiva ao financiamento das entidades locais

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

GC Aberto - 10 Marzo 2012

Hoxe 8 de marzo Día Internacional da Muller , inauguramos a Exposición “Elas fan camino “ cedida pola Secretaría Xeral da Igualdade, da Xunta de Galicia, este acto estivo presidido por Dna. Susana López Abella, Secretaria Xeral, xunto co Alcalde da Pobra do Caramiñal, a Presidenta da Asociación Madoan ( Mulleres en Igualdade ). Estiveron presentes no mesmo, concelleiros de A Pobra do Caramiñal e do Concello veciño de Boiro, membros da Asociación de Mulleres de Rianxo, representantes de distintos colectivos dos que destacamos AMICOS, Arousa- Norte, etc

Manifesto "Loitemos polos nosos dereitos"

GC Aberto - 09 Marzo 2012

Este ano debido ás recentes reformas, afrontamos un 8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, con moitos dereitos vulnerados que reivindicar. O goberno do Partido Popular está a realizar numerosos recortes que afectan á poboación en xeral e en especial ás mulleres.

Comunicado polo 8 de Marzo

GC Aberto - 08 Marzo 2012

Esquerda Unida Compostela mantén firme a súa loita para vencer a lacra do machismo aínda ben marcado na sociedade, poñendo de relevo que son necesarias políticas de igualdade, eficaces e efectivas, que promovan unha sociedade igualitaria.

8 de marzo, Día Internacional das Mulleres

GC Aberto - 08 Marzo 2012

O día 8 de marzo é xa ben coñecido como o Día Internacional da Muller. Unha data na que mulleres e colectivos de mulleres de todo o mundo saímos ás rúas, nunha tradición que xa dura máis de noventa anos, para conmemorar e seguir reivindicando a loita polos nosos dereitos e para que se recoñeza o noso papel na sociedade en igualdade de condicións que os homes.

Vitaminas para o Galego organizará un festival o día 27 en Santiago

GC Aberto - 07 Marzo 2012

Lista de algúns dos mecenas que apoiaron a primeira fase da campaña de apoio aos medios na lingua propia.

Aberto o prazo de inscrición na VI edición do ciclo formativo "Vanakkam"

GC Aberto - 07 Marzo 2012

'Vanakkam' (palabra támil para dar a benvida) é un programa formativo sobre a cooperación ao desenvolvemento que realiza Implicadas/os no Desenvolvemento e que consta dunha fase formativa en Galicia coa posibilidade de viaxar aos proxectos de desenvolvemento que Implicadas apoia no sur da India.

Círculo Poético Aberto

GC Aberto - 07 Marzo 2012

10 de marzo ás 23horas no Café Uf.

Moción 8 de Marzo

GC Aberto - 07 Marzo 2012

Esquerda Unida Compostela neste 8 de Marzo quere manifestar o seu máis profundo rexeitamento ao recorte en materia de protección social que o PP está implantando a nivel do Estado e nas autonomías onde goberna.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.