Presentación + Círculo Poético

GC Aberto - 08 Xuño 2011

Presentamos a Revista Conmemorativa do 1º Aniversario do Círculo Poético Aberto.

Os Equipos de Normalización celebramos 20 anos sementando ilusión

GC Aberto - 07 Xuño 2011

O sábado 4 de xuño celebrouse no Auditorio do Museo do Pobo Galego un acto para conmemorar o 20º aniversario dos ENDL, ao que asistiron un cento de representantes dos Equipos de Normalización de centros de toda Galicia. No decurso do acto interviron figuras representativas deste colectivo ao longo destes anos: César Martínez Yáñez, Paco Veiga, Xabier Camba, Rubén Rivas, Olga Iglesias e Valentina Formoso.

A Semana Fantástica Universal (do 29-05-11 ao 04-06-11)

GC Aberto - 05 Xuño 2011

FLEXIBILIZAR: Sindicatos e patronal aparentan desencontro no proceso de negociación colectiva. Así o venres 10 de xuño, o goberno español aprobará "unilateralmente" a súa nova reforma laboral, tal e como lle esixiron desde a UE e o FMI.

Tempos de Coraxe

GC Aberto - 04 Xuño 2011

Os standares futuros da economía, esixen racionalidade e ordenación harmónica dos sectores produtivos, a fin de conformar, unha planificación equilibrada en razón a plans de ordenación dos mercados en consonancia coa lei de oferta e demandan, evitando deste xeito incorrer no permisivo desbordamento de actividades afíns que sen ningún xénero de dúbidas foi o principal factor causante do actual barullo socio- económico.

Música Emerxente Galega II

GC Aberto - 02 Xuño 2011

PITO DE PIKASSO presenta o seu segundo disco "DE PERRECHO A CAPITÁN".

Dúas décadas normalizando a lingua propia

GC Aberto - 31 Maio 2011

Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística celebran 20 anos de existencia grazas ao labor continuado, rigoroso e entusiasta do profesorado

Formación del Espíritu Nacional

GC Aberto - 31 Maio 2011

A F.E.N. foi unha asignatura na que tivemos que estudar- os varóns- a doutrina franquista sobre a pintoresca organización do Estado, a súa “democracia orgánica”, e os "Principios Fundamentales del Movimiento Nacional”. Impartida por xefes locais da Falange, da OJE, ou adictos ao réxime, reconvertidos na transición, como premio pola reconciliación, en profesores de ximnasia ou en funcionarios do Mº. de Cultura.

O Sindicato de Xornalistas defende o traballo dos fotógrafos de prensa

GC Aberto - 29 Maio 2011

O abuso da figura de redactor-fotógrafo provoca máis paro e peores noticias

A Semana Fantástica Universal

GC Aberto - 29 Maio 2011

Alguén da máis? (Do 22-05-11 ao 28-05-11)

Bipartito ou estraperlo

GC Aberto - 27 Maio 2011

O nacionalismo galego nun exercicio de desesperación e despropósito, siga apostando por trebellar, mentres nega a reflexión necesaria sobre unha lectura consciente e analítica dos custos e mingua política que lle supuxo a permanente participación en coalicións cos socialista.

Paz ao alcance da man. Por Por Yossi Beilin

GC Aberto - 27 Maio 2011

Mentres as revoltas no mundo árabe fan máis incerto o proceso de paz entre israelís e palestinos, a súa conclusión aparece como un asunto aínda máis urxente. Pode o espírito que percorre a rexión abrir portas a novas formas de resolver o conflito?. Por Yossi Beilin. Deputado na Knesset (Parlamento israelí)polo partido Meretz

Reforma da lei electoral

GC Aberto - 25 Maio 2011

Esquerda Unida Compostela lamenta profundamente que se silencie a voz expresada nas furnas por 1906 persoas, cunha lei electoral que impide que a pluralidade da rúa se reflicta nas institucións.

O PP de Santiago obtivo tres concelleiros con menos votos que EU

GC Aberto - 24 Maio 2011

Esquerda Unida Compostela agradece ás 1906 persoas a confianza depositada nesta organización, acreditando o progresivo crecemento de EU na cidade de Santiago, pois dos 242 votos en 1999, pasouse a 590 no 2003 chegando até 1119 no 2007, o que reflicte, sen lugar a dúbida, que Esquerda Unida está traballando de forma seria e que, de seguirmos así, levaremos a voz da esquerda Alternativa e Transformadora ao concello na vindeiras municipais.

INDIGNACIÓN E REFLEXIÓN

GC Aberto - 23 Maio 2011

A SEMANA FANTÁSTICA UNIVERSAL(do 15-05-11 ao 21-05-11)

Presentación eixo programático sobre Deporte

GC Aberto - 23 Maio 2011

Esquerda Unida Compostela, a través do seu cabeza de lista á Alcaldía, Xabier Ron, e o segundo cabeza de lista, Vicente Vázquez, presentou o eixo programático sobre deporte.

Xornada de reflexión

GC Aberto - 23 Maio 2011

O movemento "Democracia real xa", que resulta ser unha corrente insólita na temporalidade da nosa historia democrática, que converteuse da noite para a mañá , no verdadeiro protagonista nesta xornada de reflexión do 21 de maio.

Concentración 24 de maio em Compostela: Non á Lei de Familia

GC Aberto - 21 Maio 2011

O día 24 de Maio vai dar comezo o debate sobre o Anteproxecto da Lei de Familia no Parlamento da Galiza. Desde a Plataforma de organizacións Feministas convocamos-vos a unha concentración para o próximo martes día 24 ás 10:00 h. diante do Parlamento da Galiza.

Os galegos no exterior tamén piden Democracia Real Xa

GC Aberto - 20 Maio 2011

Con motivo dos últimos movementos reivindicativos en todo o territorio español, os mozos que residimos fóra dvémonos na obrigación de apoiar e corresponder estas accións que cuestionan o noso actual sistema político.

Movilización cidadá en Ourense

GC Aberto - 20 Maio 2011

Unha pequena crónica do que está a acontecer na cidade de Ourense no marco das movilizacións que dendo o pasado día 15 percorren todo o territorio español.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.