Un gandeiro verte o leite despois de que a industria láctea tivese que parar a súa actividade a partir do 17 de marzo de 2022 / Carlos Castro - Arquivo

A realidade da gandería en Galicia: como invertir nun sector no que non se sabe a rendibilidade a dous meses vista?

GC Agro - 07 Decembro 2023

Óscar Pose, responsable do sector lácteo en Unións Agrarias, asegura que "a falta de estabilidade é algo que está lastrando ao sector, pois os donos de explotacións ou os que queiran crealas de cero non poden invertir ou quedar nun sector que non é rentable, que aínda que o é agora, non se sabe se o seguirá sendo dentro de dous ou tres meses".

Ovellas / EUROPA PRESS - Arquivo

"Se pillan á señora María con ovellas sen identificar, vana tratar como a Sito Miñanco", di o xerente dunha empresa de control

GC Agro - 06 Decembro 2023

Manuel Calvo, xerente da empresa Spartana Control Services S.L. e propietario dunha agrotenda asegura que, "hoxe en día, para ter unha soa galiña ou un pucho tes que ter, a nivel Xunta de Galicia, case a mesma burocracia, no que respecta a servizos veterinarios oficiais e permisos, que para ter 1.500 vacas".

Unha vaca leiteira, da raza bovina frisoa / Isabel Infantes - Europa Press

O prezo do leite repunta en Galicia en outubro tras sete meses consecutivos de caída

GC Agro - 05 Decembro 2023

Os produtores galegos lácteos continúan á cola do país en prezos.

Un gandeiro xunto a vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle, a 7 de agosto de 2023, en Chantada / Carlos Castro - Arquivo

Unha vintena de granxas lácteas premiadas na VII edición dos premios Exceleite pola súa aposta pola calidade

GC Agro - 01 Decembro 2023

Alfonso Rueda enxalzou o papel dos gandeiros galegos para "consolidar a Galicia como unha potencia láctea", un sector "crave" para a comunidade e un dos principais motores do rural. "Grazas a vós, o noso leite ten recoñecemento internacional tan ben gañado fóra de Galicia".

Tarefas de roza nun polígono agroforestal en Ourense / E.P. - Arquivo

Os primeiros polígonos agroforestais comezarán a funcionar en 2024: Oímbra e Cualedro

GC Agro - 29 Novembro 2023

O próximo ano tamén comezarán as primeiras agrupacións de xestión conxunta e darán un impulso importante ás permutas de especial interese agrario, que facilitan o incremento dos predios. Poranse en marcha as obras de restauración dos pilotos de castiñeiras en Parada de Sil, O Bolo, A Veiga, O Incio e Paradela.

Presentación da campaña de promoción da D.O. Valdeorras na Rúa (2023). Foto: CRDO Valdeorra.

Valdeorras, berce do Godello: idea forza da nova campaña promocional deste territorio amparado

GC Agro - 29 Novembro 2023

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras vén de presentar unha acción publicitaria centrada no potencial dos seus viños, especialmente o godello, baixo o lema "o Godello é de Valdeorras, e agora tamén é teu". Un spot publicitario, rotulacións en autobuses de liñas nacionais ou a presenza en podcasts e televisións dixitais, forman parte da estratexia promocional.

Agricultor aplicando produtos fitosanitarios / GC - Arquivo

Planas reunirase con comunidades e agricultores antes de fin de ano para falar da PAC e do uso de fitosanitarios

GC Agro - 23 Novembro 2023

Como retos de lexislatura, o titular de Agricultura priorizou en primeiro lugar a substitución xeracional no campo, seguido da sustentabilidade e a mellor utilización da auga.

O conselleiro do Medio Rural, José González, no pleno do Parlamento de Galicia.. XUNTA / Europa Press

A opisición vincula o inicio do trámite da lei de calidade alimentaria á proximidade de eleccións

GC Agro - 21 Novembro 2023

A Xunta reivindica esta norma "pioneira", que adapta a anterior do 2005, mentres o PP convida a BNG e PSdeG a facer achegas ao texto

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez./ XUNTA / Europa Press

Plantaranse 7.000 árbores nas marxes dos ríos Umia e Galo para previr inundacións

GC Agro - 20 Novembro 2023

A Xunta dedicará case dous millóns de euros para recuperar a vexetación de ribeira nas marxes e reducir a proliferación de cianobacterias.

Imaxe da semente de vide atopada en Valencia do Sil/ sputnik labrego

Achan unha semente de uva de final do Imperio Romano en Valdeorras

GC Agro - 19 Novembro 2023

Isto supón a presenza de vides no xacemento de Valencia do Sil no século IV d.C nunha comarca vencellada ao viño

Acio de godello

Un godello de Valdeorras, único viño galego que alcanza os 99 'puntos Parker'

GC Agro - 19 Novembro 2023

Trátase de “Sorte O Soro 2021” da bodega Rafael Palacios e foi escollido entre centos de mostras analizadas e puntuadas pola prestixiosa revista de viños "The Wine Advocate".

Exemplares do insecto

A praga da flavescencia dourada da vide esténdese por Galicia e chega tamén a Gomesende e Quintela de Leirado

GC Agro - 17 Novembro 2023

Esta é unha enfermidade provocada por un fitoplasma e transmitida por un insecto ('Scaphoideus titanus') que pode chegar a causar a morte das cepas.

Vacas dunha gandaría de lácteo en Sabadelle / Carlos Castro - Arquivo

Son 29 as comarcas veterinarias nas que se notificaron focos de enfermidade hemorráxica epizoótica

GC Agro - 15 Novembro 2023

É unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa e non afecta ás persoas.

Porcos Selecta de Coren. Foto: Grupo Coren.

Coren fai un chamamento para profesionalizar e optimizar a recollida da castaña

GC Agro - 13 Novembro 2023

O Grupo Coren prepara a compra de castaña destinada á alimentación dos porcos da súa Gama Selecta, nun ano no que os resultados da colleita non acompañaron.

Presentación da XXVII Feira de Outono de Allariz. Foto: Comunicación Concello de Allariz.

Allariz acolle a XXVII Feira de Outono de Allariz

GC Agro - 09 Novembro 2023

Será os días 11 e 12 de novembro e contará cuns trinta postos nos que non faltarán produtos de tempada como mel, cogomelos, noces, castañas, etc.

Aula que contou coa participación do prestixioso sumiller Luis L. Paadín. Foto: Consello Regulador D.O. Valdeorras.

Os viños Valdeorras á procura do mercado coruñés

GC Agro - 08 Novembro 2023

Os viños deste territorio protexido foron protagonistas dun Showroom celebrado os días 6 e 7 de novembro no Hotel Finisterre da Coruña e que contou con diversas actividades orientadas a público especializado e xeralista.

Stand de Coren en Xantar 2023. Foto: Grupo Coren.

O 'Xamón Selecta de Castañas' de Coren, protagonista en Xantar 2023

GC Agro - 08 Novembro 2023

O Grupo Coren participou un ano máis nesta Feira Internacional de Turismo Gastronómico cun expositor no que, ademais dos seus principais produtos, estivo presente este xamón de porco alimentado con castañas. Este produto premium conmemora o décimo aniversario da súa saída ao mercado.

Vacas durante a terceira edición da Feira en Defensa do Gando de Montaña, a 13 de maio de 2023, en Cervantes / Carlos Castro - Arquivo

Os veterinarios, preocupados ante a lingua azul e a enfermidade hemorráxica nas vacas: "Temos un problema"

GC Agro - 04 Novembro 2023

O decano da facultade de Veterinaria da USC atribúe a súa chegada en só un ano ao cambio climático e expón colaborar con África para "adiantarse".

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.