En Francia e moitos estados, todo cultivo transxénico debe ser identificado, algo que non sucede en España

Unha nova variedade de millo transxénico poderá cultivarse en Galicia

GC Agro - 26 Febreiro 2014

O TC1507 da Pioneer ten moitas posibilidades de ser aprobado definitivamente pola UE. A Plataforma Galega Antitransxénicos recolle sinaturas para evitalo

O cultivo da pataca na Limia precisa de regadío/ ourensedixital

A Limia moi preocupada polo tarifazo para os regantes

GC Agro - 25 Febreiro 2014

A maior comarca agrícola de Galicia ve como as novas tarifas decretadas polo Ministerio de Industria se elevan até un 1000%, segundo denuncia o PSdeG-PSOE

Santi Pérez, fundador de Finca Los Cuervos

"O termo ecolóxico en agricultura está prostituído"

GC Agro - 24 Febreiro 2014

Entrevista a un dos agricultores revelación de Galicia nos últimos anos: Santi Pérez de "Finca Los Cuervos". Era piloto ata que, por cuestións persoais, decidiu adicarse a agricultura en Teo. Antes pasou un ano en Londres e alí descubriu o "mundo agrario".

Mostra de diferentes flores de camelia

A camelia, "un símbolo da identidade de Galicia"

GC Agro - 24 Febreiro 2014

Galicia é a primeira produtora de camelia do Estado e é o segundo país do mundo con máis variedades desta planta, só superado por Xapón

Framboesas e groselleiras en flor/ GC

Froitos silvestres made in Galicia

GC Agro - 21 Febreiro 2014

José Antonio Teiga Pensado é un agricultor mozo que no ano 2009 dediciu apostar pola produción de froitos silvestres, un sector no que Galicia pode ser unha potencia. Entrevista no interior.

Vacas cachenas da Facenda O Agro no monte

Galicia pode perder razas autóctonas

GC Agro - 20 Febreiro 2014

Medio Rural denega as axudas para criar razas autóctonas de gando ao 85% das explotacións solicitantes.

Os gandeiros galegos usan as redes sociais para espallar a súa protesta

Aberto o prazo para solicitar as axudas de pago único da PAC

GC Agro - 20 Febreiro 2014

Este será o último ano no que se poderá solicitar o Réxime de Pago Único, antes da entrada da reforma da PAC en 2015

A conselleira de Medio Rural nunha visita a unha queixería

A Xunta salienta que destinou 87 millóns de euros a mellorar explotacións nos últimos 5 anos

GC Agro - 19 Febreiro 2014

A conselleira visitou na provincia de Lugo a SAT Gocalvesa e a Granxa Maruxa, beneficiarias desta liña de axudas

Roberto Álvarez no monte onde pacen as vacas

Galeguesas 1 / Incendios forestais 0

GC Agro - 19 Febreiro 2014

Carne de vacún criada en liberdade nos montes de Ourense. Este é o proxecto que empezou Roberto Álvarez canso da vida na cidade. Dez anos despois na zona non hai lumes e si unha carne de excelente calidade que está a triunfar. Esta é a historia das Galeguesas....

Para plantar escollemos os dentos externos do allo

Consellos de cultivo: o allo

GC Agro - 18 Febreiro 2014

Nas próximas dúas semanas podemos aproveitar para plantar este cultivo, tan utilizado na cociña e tamén na medicina tradicional galega. Velaquí algúns consellos:

Higinio Mougán, director-xerente de AGACA / GC

"Nunha cooperativa non hai ERE´s salvaxes como os de Coca-Cola"

GC Agro - 17 Febreiro 2014

Entrevista a Higinio Mougán, director-xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA). Advirte de que o sector lácteo galego non está preparado para a desaparición das cotas e defende a concentración das cooperativas lácteas a nivel estatal. Entrevista no interior.

Lino Rivas, agricultor mozo, traballando no seu invernadoiro

"Na agricultura fai falla menos burocracia e máis consumo local"

GC Agro - 15 Febreiro 2014

Entrevista a Lino Rivas Barbeito, un agricultor mozo, que hai catro anos adicouse á agricultura apostando pola horta ecolóxica e sostible.

Cartaz do IX Encontro da Rede Galega de Sementes

Este sábado celébrase en Betanzos o IX Encontro da Rede Galega de Sementes

GC Agro - 14 Febreiro 2014

A xornada inclúe unha charla-debate sobre: " Apropiación dos recursos naturais por parte das oligarquías e o Estado"

Vicente Pérez Muñuzurri, director de Meteogalicia/ Santiago Siete

Galicia sufrirá máis choivas torrenciais e secas prolongadas

GC Agro - 14 Febreiro 2014

O director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzurri, recoñece nesta entrevista que Galicia sofre un cambio climático.

Javier Iglesias, secretario de gandeiría de UUAA

Unións Agrarias confirma os recortes da PAC

GC Agro - 13 Febreiro 2014

O sindicato agrario denuncia que Galicia perderá 163 millóns de euros, cunha reducción das achegas do Ministerio do 50%

Tractor sen arco antiemborque

Galicia concentra os tractores máis vellos, perigosos e contaminantes

GC Agro - 13 Febreiro 2014

O ministro de Agricultura anuncia un plan renove de maquinaria agrícola para os próximos meses. O 53% dos tractores galegos teñen máis de 20 anos, fronte á media estatal do 40%. Galicia concentra a metade das mortes por emborque de tractor e o 30% dos tractoristas falecidos en accidente na estrada.

Danos da pulguiña no tubérculo

Unha nova praga para a pataca galega

GC Agro - 12 Febreiro 2014

A Xunta de Galicia ven de declarar a presenza da praga da "pulguiña da pataca" na provincias da Coruña e Pontevedra e en boa parte da de Ourense. Empezouse a detectar en Xinzo de Limia en 2009 e xa se estendeu a case todo o territorio galego

Juan Antonio Añel, experto en cambio climático/ GC

Só as aseguradoras e os bancos se están movendo ante a crise que provocará o cambio climático

GC Agro - 11 Febreiro 2014

Nos próximos 15 anos as temperaturas máximas en Galicia aumentarán en 2 ºC e choverá un 15% menos. Os episodios extremos, con períodos de choivas moi intensas e e de seca e calor abafante, serán cada vez máis frecuentes. Unha situación debida ao cambio climático causado polo home. Así o avanza un dos máximos expertos en cambio climático en Galicia neste momento, o investigador da Universidade de Oxford, Juan Antonio Añel Cabanelas. Entrevista no interior.

Centro Tecnolóxico Medioambiental de Coren

Ameazado de peche o único centro de tratamento de resíduos agrícolas de Galicia

GC Agro - 10 Febreiro 2014

A planta de COREN na Limia podería pechar polo recorte das axudas previsto polo Goberno Central. Provocaría un incremento da contaminación dos solos e dos acuíferos en toda Galicia, e en especial na comarca da Limia

Edelmiro López Iglesias no seu despacho /GC

Galicia, das máis prexudicadas pola reforma da PAC

GC Agro - 07 Febreiro 2014

Un dos máximos expertos de Economía Rural en Galicia advirte da perda do 21% das axudas que recibe Galicia da UE. Edelmiro López prevé tamén unha baixada dos prezos do leite. Entrevista no interior.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.