GC Agro - 19 Febreiro 2014
Carne de vacún criada en liberdade nos montes de Ourense. Este é o proxecto que empezou Roberto Álvarez canso da vida na cidade. Dez anos despois na zona non hai lumes e si unha carne de excelente calidade que está a triunfar. Esta é a historia das Galeguesas....
GC Agro - 18 Febreiro 2014
Nas próximas dúas semanas podemos aproveitar para plantar este cultivo, tan utilizado na cociña e tamén na medicina tradicional galega. Velaquí algúns consellos:
GC Agro - 17 Febreiro 2014
Entrevista a Higinio Mougán, director-xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA). Advirte de que o sector lácteo galego non está preparado para a desaparición das cotas e defende a concentración das cooperativas lácteas a nivel estatal. Entrevista no interior.
GC Agro - 15 Febreiro 2014
Entrevista a Lino Rivas Barbeito, un agricultor mozo, que hai catro anos adicouse á agricultura apostando pola horta ecolóxica e sostible.
GC Agro - 14 Febreiro 2014
A xornada inclúe unha charla-debate sobre: " Apropiación dos recursos naturais por parte das oligarquías e o Estado"
GC Agro - 14 Febreiro 2014
O director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzurri, recoñece nesta entrevista que Galicia sofre un cambio climático.
GC Agro - 13 Febreiro 2014
O sindicato agrario denuncia que Galicia perderá 163 millóns de euros, cunha reducción das achegas do Ministerio do 50%
GC Agro - 13 Febreiro 2014
O ministro de Agricultura anuncia un plan renove de maquinaria agrícola para os próximos meses. O 53% dos tractores galegos teñen máis de 20 anos, fronte á media estatal do 40%. Galicia concentra a metade das mortes por emborque de tractor e o 30% dos tractoristas falecidos en accidente na estrada.
GC Agro - 12 Febreiro 2014
A Xunta de Galicia ven de declarar a presenza da praga da "pulguiña da pataca" na provincias da Coruña e Pontevedra e en boa parte da de Ourense. Empezouse a detectar en Xinzo de Limia en 2009 e xa se estendeu a case todo o territorio galego
GC Agro - 11 Febreiro 2014
Nos próximos 15 anos as temperaturas máximas en Galicia aumentarán en 2 ºC e choverá un 15% menos. Os episodios extremos, con períodos de choivas moi intensas e e de seca e calor abafante, serán cada vez máis frecuentes. Unha situación debida ao cambio climático causado polo home. Así o avanza un dos máximos expertos en cambio climático en Galicia neste momento, o investigador da Universidade de Oxford, Juan Antonio Añel Cabanelas. Entrevista no interior.
GC Agro - 10 Febreiro 2014
A planta de COREN na Limia podería pechar polo recorte das axudas previsto polo Goberno Central. Provocaría un incremento da contaminación dos solos e dos acuíferos en toda Galicia, e en especial na comarca da Limia
GC Agro - 07 Febreiro 2014
Un dos máximos expertos de Economía Rural en Galicia advirte da perda do 21% das axudas que recibe Galicia da UE. Edelmiro López prevé tamén unha baixada dos prezos do leite. Entrevista no interior.
GC Agro - 06 Febreiro 2014
O sindicato Unións Agrarias denuncia que o Ministerio de Traballo está aplicando subas ilegais dende o 1 de xaneiro de 65 euros mensuais a 6.000 cotizantes agrarios galegos
GC Agro - 06 Febreiro 2014
Algúns produtos como a laranxa ou o repolo sobrepasan o 400% de diferencia. A relación directa entre agricultor e consumidor xorde como alternativa
GC Agro - 05 Febreiro 2014
Ramón González, da Asociación Galega de Horticultura Urbana (AGHU), destaca que se está apostando pola soberanía alimentaria e polo decrecemento. Entrevista no interior.
GC Agro - 04 Febreiro 2014
O Sindicato Labrego Galego insta á Consellaría de Medio Rural a tratar a situación crítica pola que atravesan estes sectores, que no pasado ano padeceron unhas irregularidades climatolóxicas que provocaron unha forte mingua na produción e nos ingresos das explotacións galegas
GC Agro - 04 Febreiro 2014
Malia os temporais de choiva e frío que parecen non darnos tregua, hai actividades que podemos realizar na nosa horta
GC Agro - 03 Febreiro 2014
Entrevista a Jesús Armenteros, fundador de "Lagar de Ribela", unha sidrería da Estrada que en pouco tempo conseguiu vender en Xapón e nos Estados Unidos. Logrouno apostando por un producto 100% galego e ecolóxico, feito a partir de mazás de variedades do país.
GC Agro - 31 Xaneiro 2014
Trátase do curso de aplicación de produtos fitosanitarios. A partir de finais de 2015 só poderan mercalos quen teña o carné de aplicador
GC Agro - 31 Xaneiro 2014
Esta tarde comeza en Lugo o III Encontro Galego de Custodia do Territorio