Lingua - 02 Xaneiro 2024
Baixo a denominación 'Cinemas_GAL', reúnense máis de 80 títulos que xa formaban parte do repositorio da plataforma, pero que agora poden atoparse clasificados nun único cartafol.
Lingua - 27 Decembro 2023
Un estudo dos filólogos Estela Fidalgo e Miguel Guisantes analizaron a opinión de dous grupos de mozos (castelánfalantes e galegofalantes) sobre o idioma galego na actualidade. En Galicia o decreto plurilingüístico concedeu un terzo das horas lectivas ao inglés. O grupo galegofalante critica moito a diminución de horas de ensino en galego en favor do ensino en inglés, e tamén que se fale de colexios bilingües para referirse aos que ensinan en inglés como se aqueles que ensinan o galego e o castelán non fosen tamén bilingües.
Lingua - 27 Decembro 2023
Este neoloxismo refírese aos ciberdelincuentes.
Lingua - 26 Decembro 2023
A Cámara que domina o Partido Popular destina ata 756.000 euros en tradutores de catalán, eúscaro, galego e valenciano.
Lingua - 24 Decembro 2023
O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".
Lingua - 23 Decembro 2023
A regueifa como movemento de expresión artística, de liberdade creativa e creación de discurso crítico entre a mocidade.
Lingua - 19 Decembro 2023
A filóloga galega María Pérez e o lingüista do Instituto da Lingua Galega Xosé Luís Regueira reflexionan con Galicia Confidencial sobre o emprego do galego nas novas tecnoloxías e o camiño que aínda queda por percorrer.
Lingua - 18 Decembro 2023
A filóloga galega María Pérez Lago elaborou o seu traballo de fin de grao (TFG) sobre os comentarios que a 'tiktoker' de Fisterra Alba Castro (@mamatopa_alba) recibía no seu perfil por usar a 'gheada' e o 'seseo'. Así nolo conta.
Lingua - 17 Decembro 2023
O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".
Lingua - 17 Decembro 2023
Nace a Asociación Pro-Fundación Manoel Vello para canalizar iniciativas cidadás de fomento do galego.
Lingua - 14 Decembro 2023
Entre as propostas da RAG tamen están "biodiversidade, cooficialidade, dereitos humanos e educación emocional".
Lingua - 10 Decembro 2023
O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".
Lingua - 08 Decembro 2023
O ILG celebrou o seu simposio “Contacto de linguas: identidades e ideoloxías lingüísticas” para coñecer algunhas das últimas investigacións en canto contacto entre linguas, os contactos entre diferentes rexistros dunha lingua e cal é a visión que se ten actualmente sobre “neofalantes”, “diglosia” e, como non, o futuro do galego.
Lingua - 03 Decembro 2023
Marta Estévez Grossi, investigadora lingüística na USC, asegura que as súas prácticas lingüísticas "son borradas", porque "non se ten en conta que as actividades por parte dos menores contribúen ao funcionamento das sociedades, evitando que sexan os propios gobernos do país de acollida os que teñan que gastar recursos económicos en intérpretes para que estes migrantes poidan acceder a toda unha serie de servizos aos que teñen dereito".
Lingua - 01 Decembro 2023
Acéptanse suxestións, pero entre as favoritas xa soan 'Palestina' e 'solidariedade'.
Lingua - 27 Novembro 2023
É unha campaña realizada pola RAG e a Fundación Barrié.
Lingua - 22 Novembro 2023
A Asociación de Editores de Madrid, no marco da iniciativa 'Libros a la Calle', escolleu un fragmento da novela 'A lebre mecánica', de Ledicia Costas, para plasmar nun vinilo do transporte público da comunidade.
Lingua - 19 Novembro 2023
O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".
Lingua - 15 Novembro 2023
O debate a Vinte e sete sobre os avances para o recoñecemento do catalán, eúscaro e galego na UE previsto este mércores en Bruxelas resolveuse en menos de cinco minutos sen que ningún dos ministros na sala tomase a palabra tras escoitar a exposición do secretario de Estado para a UE, Pascual Navarro, e seguir pendente a avaliación legal, financeira e práctica que piden os socios para examinar a fondo o asunto.