Empresa Marcelino Martínez, con sede no polígono das Gándaras, no Porriño.

Cambiarías o apelido Martínez polas grafías galegas Martiz ou Martís?

Lingua - 08 Maio 2018

A Real Academia Galega estrea sección 'Informes da RAG' na revista 'Cadernos de Lingua' publicando o seu ditame sobre o uso deste apelido castelán —un dos máis comúns en Galicia—, que aconsella cambiar polas súas formas orixinais galegas.

A profesora Obdulia Castro, da Regis University de Colorado

“Os estadounidenses admiran do galego que sobrevivira séculos coexistindo cun idioma máis poderoso”

Lingua - 04 Maio 2018

A profesora da Universidade de Regis, en Colorado, é unha das organizadoras do III Simposio norteamericano de estudos galegos que terá lugar en Denver en outubro deste ano. É a terceira cita dun foro que está abrindo novos camiños ao estudo do galego nos EE.UU. Un idioma que ano tras ano atrae a máis estudantes que ven na nosa lingua un reducto contra a globalización.

Estudantes de galego do Bierzo e Sanabria, de visita en Galicia / Xunta.

O Bierzo e Sanabria achegan novos galegofalantes

Lingua - 04 Maio 2018

157 estudantes de 11 dos 19 centros adscritos ao Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e en Sanabria remataron a visita de estudos que os trouxo a Galicia. 1.101 alumnos estudan galego en Castela e León este curso.

O dedo como símbolo para facer chamar a atención e poñer a liña a alguén O dedo

“Á liña”, “á raia” ou “á risca”, entre outras, pero non “a rajatabla”

Lingua - 03 Maio 2018

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Presentación da campaña polo Día das Letras Galegas 2018 que organizan a Secretaría Xeral de Política Lingüística e Feiraco / Xunta.

Feiraco volve apostar polas Letras Galegas

Lingua - 02 Maio 2018

A cooperativa agrogandeira colabora un ano máis coa Consellería de Cultura para potenciar a lingua e cultura galega co gallo do 17 de maio.

Pavillón das linguas en Leewarden, onde se atopan integrantes da Mesa / A Mesa

A Mesa representa a Galicia nun congreso de línguas minorizadas en Frisia

Lingua - 30 Abril 2018

O proxecto consiste en amosar a diversidade lingüística europea e da existencia de nacións que teñen máis dun idioma e conta coa colaboración das deputacións da Coruña e Pontevedra e do concello desta última cidade.

Manifestación de Queremos Galego en Santiago

A lingua importa tamén para os máis pequenos das grandes cidades galegas

Lingua - 26 Abril 2018

O CEIP Paraixal de Vigo organiza unha serie de charlas, xogos e concertos para destacar a importancia do uso do galego entre os máis pequenos.

Queremos Galego convoca manifestación para o Día das Letras Galegas / Europa Press

A manifestación do 17 de maio busca "levantar o artigo 155" que manteñen Goberno central e Xunta sobre o galego

Lingua - 23 Abril 2018

Queremos Galego convida os asistentes a levar instrumentos musicais contra as "políticas lingüicidas" de Feijóo e Rajoy.

Loita entre cabalos na rapa das bestas de Sabucedo / Óscar Dacosta

“Non aguantar albardas” ou “non levar dous a cabalo”, expresións equivalentes da castelá "no sufrir ancas"

Lingua - 23 Abril 2018

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Joan Artés, tradutor catalán / blog de Joan Artés

O catalán que aprendeu galego escoitando os compañeiros de traballo

Lingua - 19 Abril 2018

Joan escoitou falar en galego na súa adolescencia mentres traballaba nunha empresa galega en Barcelona. Logo fíxose tradutor xurado para a nosa lingua.

Tatuaxe dunha moza na que defende a lingua galega a través dunha tatuaxe / cinamomorosa

Será quen a mocidade de revitalizar o uso do galego?

Lingua - 17 Abril 2018

A Xunta anuncia que o primeiro plan de dinamización do galego entre os mozos aprobarase este ano para "incrementar" o seu uso cotián. Román Rodríguez defende o sistema plurilingüe de Feijóo pero recoñece a "realidade" de que "a mocidade non usa a diario o galego como lingua maioritaria", situación que "hai que cambiar".

Capa do libro A torto e dereito

"A torto e a dereito", e non a expresión castelá "a diestro e siniestro"

Lingua - 16 Abril 2018

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Santo Isidoro de Sevilla / Archidiocese de Sevilla

Santo Isidoro, o santo das linguas

Lingua - 12 Abril 2018

A Facultade de Filoloxía da USC organiza a Festa das palabras para conmemorar o día do seu patrón.

Reunión de Comunidades Autónomas para falar de política lingüística. / Europa Press

Os funcionarios das comunidades con lingua propia teñen que coñecela para exercer o seu traballo

Lingua - 10 Abril 2018

Así se puxo de manifesto nunha xuntanza dos responsables lingüísticos das autonomías con outra lingua oficial diferente ao castelán. "As linguas están inmersas moitas veces en debates interesados que queren anular o seu valor e reducir o seu potencial", di a conselleira navarra de Relacións Cidadás e Institucionais, Ana Ollo.

Castañas

"Auga de castañas" e non a expresión castelá "agua de borrajas"

Lingua - 09 Abril 2018

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Manifestación da plataforma

O uso do galego, unha forma de activismo e de resistencia social

Lingua - 06 Abril 2018

Bernadette O'Rourke, profesora da Universidade Heriot-Watt de Edimburgo (Escocia), mostra como o uso que fan os neofalantes da lingua galega está relacionado co "cuestionamiento das estruturas de poder existentes".

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística

A Xunta fala de "vitalidade demográfica" da lingua galega

Lingua - 06 Abril 2018

O secretario xeral de Política Lingüística considera que o galego ten “gran presenza na sociedade”. O BNG desminte a súa versión e pide volver a “un consenso lingüístico”.

Reunión do xurado do concurso de micro-relatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal.

Micro-relatos para proxectar o galego en Internet

Lingua - 04 Abril 2018

A Real Academia Galega e a asociación PuntoGal dan a coñecer os gañadores do seu concurso literario.

Alumnado de Regueifa de Vila de Cruces

Mozos e mozas achéganse ao galego con batallas regueifeiras entre institutos

Lingua - 04 Abril 2018

A tradicional improvisación oral en verso do Courel forma parte do programa escolar Regueifesta que terá lugar na Pobra do Brollón.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.