LAV 2012 www.senunpeso.org

“A requichas”, equivalente, entre outras, ó castelán “a hombros”

Lingua - 20 Outubro 2019

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Valentín García. XUNTA

A Xunta ve importante "coidar aos neofalantes" de galego polo seu papel na "revitalización" da lingua

Lingua - 17 Outubro 2019

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, explicou durante a súa intervención que o 'Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2019-2022' que a Xunta está a pór en marcha "préstalle unha especial atención á figura do neofalante".

Un home de costas / Imagines.com Un home de costas / Imagines.com

“Ás costas”, “ó carrelo” ou “ó lombo”, equivalentes á castelá “a la espalda”

Lingua - 13 Outubro 2019

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Outubro de Tinta, a iniciativa de Galiza Visual coa Real Academia Galega / Europa Press

Docentes inspíranse no 'Inktober' para crear unha iniciativa que fomente o galego e outra forma de ensinar

Lingua - 11 Outubro 2019

A iniciativa desafía a debuxantes a crear imaxes baseadas en palabras en inglés, para promover unha iniciativa que fomente a lingua galega.

A Asociación Amigos da Terra desprega un cabalo de Troya inflábel en Vigo para protestar contra o tratado TTIP / ilcanallarubens.wordpress.com

“Ás cabaliñas”, “ó cabalete” ou “ás cabaleirolas”, equivalentes, entre outras, ao castelán “a caballito”

Lingua - 06 Outubro 2019

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Manifestación da plataforma

A Plataforma Estatal pola Igualdade Lingüística prepara unha proposta de lei que recoñeza a realidade plurilingüe

Lingua - 04 Outubro 2019

Está integrada por varias asociacións culturais dos territorios do Estado con lingua propia pra "garantir o pleno recoñecemento legal da realidade plurilingüe e a non discriminación de ningunha persoa por razóns de lingua".

Víctor F. Freixanes, presidente da RAG/RAG

A RAG dedica a IV Xornada de Onomástica aos nomes das rúas e será o próximo 19 de outubro

Lingua - 02 Outubro 2019

Ademais presentarase unha proposta de modelo para as novas denominacións das rúas, baseada na premisa de recorrer primeiro ás formas tradicionais previas antes que as conmemorativas.

Toponimia deturpada: Puebla del Caramiñal, Riveira, Isla de Arosa e Villanueva de Arosa por Pobra do Caramiñal, Ribeira, Illa da Arousa e Vilanova da Arousa / Google

Críticas á presidenta de Portos de Galicia por deturpar a toponimia galega ao usar "Arosa"

Lingua - 30 Setembro 2019

"Agradeceriase o esfrozo de falar en galego", espetoulle a socialista Patricia Vilán.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, ofrece unha rolda de prensa sobre a enquisa do uso do galego publicada polo IGE / Europa Press

A Mesa insta a Xunta a "acompañar" a mobilización social para reverter a "crise do galego"

Lingua - 30 Setembro 2019

A Mesa pola Normalización Lingüística instou á Xunta a "acompañar" a mobilización social como vía para reverter a "situación de crise" da lingua galega.

Pezas de roupa feminina antigas usadas polas mulleres galegas / Museo do Pobo.

“De donas” ou “de a donas”, equivalentes do castelán “a la mujeriega”

Lingua - 29 Setembro 2019

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Campaña

Debate sobre o futuro do galego: A Xunta asegura que se consolida como “lingua maioritaria” en Galicia

Lingua - 27 Setembro 2019

Tras a publicación por parte do IGE dos datos sobre o seu uso, A Mesa di que se constata “a falta de liberdade para vivir” neste idioma e a súa conversión "nunha lingua estranxeira no propio país".

Vigo é das cidades onde menos galego se fala.. EUROPA PRESS - Arquivo

Retrocede a poboación que fala sempre en galego fronte ao castelán

Lingua - 27 Setembro 2019

Mentres, conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, di que "por primeira vez" na serie histórica destaca "un incremento do uso do galego nos últimos anos" porque "se fala máis galego que en 2013".

Xente nova . UPCT - Arquivo

Dispárase o número de nenos que sabe falar pouco ou nada o galego durante a última década

Lingua - 27 Setembro 2019

O retroceso no uso do galego das novas xeracións queda patente en que na actualidade o 44% dos menores de 15 anos fala sempre en castelán, de forma que se dispara case 15 puntos nunha década. Os que falan sempre en galego baixan un punto e quedan no 14%.

Artai Miragaia, un rapaz galegofalante / remitida

Artai, neno de 11 anos galegofalante: "Os que falan castelán tamén están politizados?"

Lingua - 23 Setembro 2019

Chámase Artai Miragaio. Ten 11 anos. Naceu e vive no barrio da Agra do Orzán, na Coruña. Estuda 6º de Primaria e 4º de clavecín no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Ten unha canle en Youtube na que vai narrando o seu día a día como galegofante. E nesta entrevista conta as súas impresións..."Vexo o futuro do galego moi mal", asegura.

Cabalos bravos no monte galego / UDC.

“A cabalo” e mais de “de a cabalo”, moi semellantes a “a cachapernas”, “a/ás carranchapernas” e “a/ás carranchas”

Lingua - 22 Setembro 2019

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Pintada nun instituto do Bierzo por non impartir galego / Fala Ceibe

Críticas a Podemos por esquecerse da presenza do galego "no Bierzo e en Sanabria"

Lingua - 21 Setembro 2019

A Asociación Fala Ceibe, do Bierzo, denuncia que pretende presentar unha proposición non de lei sobre a aprendizaxe do leonés nas Cortes de Castela e León, sen ter en conta o galego.

Libro de texto de Literatura Galega da ESO de Anaya

Hablamos Español: “Adoctrinan a niños con poemas en los que llaman a defender el gallego a puñetazos, con la metralleta”

Lingua - 20 Setembro 2019

Esta entidade presenta un informe tras analizar os libros de lingua e literatura de ESO e Bacharelato e denuncia a presenza de contidos e expresións “de innegable significado nacionalista”. Entre os autores que pon no punto de mira por "dispar calidad literaria" están Chus Pato. Tamén fala de Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Castelao, Manuel María, Méndez Ferrín –“detenido por pertenencia a banda armada”–, María Xosé Queizán, Manuel Rivas ou Víctor Freixanes, actual presidente da RAG. Tamén critica os textos de xornais en galego que recollen algúns destes libros, entre eles, algúns do Galicia Confidencial.

“A cachapernas”, “a/ás carranchapernas” ou “a/ás carranchas”, pero non *“a horcaxadas”

Lingua - 15 Setembro 2019

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Protesta da Mesa pola Normalización diante da Deputación da Coruña / A Mesa

A Mesa prostesta contra o Goberno de Pedro Sánchez por "excluír" o galego nun premio universitario

Lingua - 11 Setembro 2019

Concentración ante a Delegación do Goberno pola "exclusión" do galego no Premio Arquímedes do Ministerio. A Mesa pide unha reunión e reclama ás universidades galegas que se sitúen respecto diso.

San Vicente do Mar, O Grove

O Grove aposta polo portugués dentro da hostalaría e o comercio de cara a mellor atención aos visitantes lusos

Lingua - 09 Setembro 2019

O Servizo de Normalización Lingüistica do Grove xunto coa Concellaría de Promoción Económica, organizan un obradoiro gratuíto de lingua portuguesa. Será o día 20 de setembro e haberá que inscribirse previamente no Servizo de Normalización.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.