Editorial Alvarellos /www.cazarabet.com.

Nanube, Miranda Priestly e a editorial Alvarellos, premiadas polo seu uso do galego

Lingua - 14 Decembro 2016

O estudio de interiorismo Nanube, a empresa de alta costura Miranda Priestly, que ademais edita a revista 'Coralia'; e a editorial Alvarellos reciben o XVII Premio Manuel Beiras ao uso do galego na empresa.

Resolto o enigma: “O nome da Coruña nace no Códice Calixtino”

Lingua - 14 Decembro 2016

O profesor da Universidade de Vigo e escritor Gonzalo Navaza racha con todas as hipóteses anteriores e defende que o topónimo que comeza rexistrándose en latín como Crunia en 1208 é un nome de orixe literaria tomado da 'Historia Turpini', o libro IV do Codex Calixtinus. Dá así por pechada a cuestión científica.

Estudantes que fan o curso de galego na Universidade de Vigo / Duvi

Desde Afganistán a Galicia para aprender galego

Lingua - 13 Decembro 2016

Alumnas e alumnos de sete nacionalidades aprenden lingua e cultura galegas na Universidade de Vigo.

Cayetana Guillén Cuervo con Ignacio Vilar, Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán

TVE dispara o interese na palabra ‘esmorga’, con rexistros históricos en Google

Lingua - 12 Decembro 2016

A emisión no programa 'Versión Española' de La 2 do filme 'A Esmorga' —adaptación de Ignacio Vilar da novela de Blanco Amor— produciu unha marea de consultas no buscador en liña, conseguindo volumes nunca antes vistos. «Esmorga» tamén se converteu no termo máis consultado da semana no diccionario da Real Academia Galega, trala súa estrea na canle pública estatal.

Membros da Orden del Camino de Santiago / wikipedia

Denuncian que a Xunta paga un concurso no que o galego está ausente e a SXPL négao

Lingua - 07 Decembro 2016

ProLingua recórdalle ao secretario xeral de Política Lingüística que o seu departamento ten como función a normalización da lingua galega. Valentín García nega “rotundamente” ningunha axuda de Cultura e do seu departamento ao premio da Orden del Camino.

Presentación de

Nace ‘Cumiera’ para divulgar traballos sobre lingua galega feitos por novos investigadores

Lingua - 05 Decembro 2016

O primeiro número da publicación anual lanzada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo consta de sete capítulos, todos eles de autoría feminina.

Foto de familia da Associaçom Galega da Língua / AGAL.

AGAL aproba a confluencia das dúas tradicións normativas do reintegracionismo

Lingua - 05 Decembro 2016

A Associaçom Galega da Língua aproba en asemblea unha única proposta ortográfica e morfolóxica.

A corrupción foi a Palabra do Ano 2015 escollida pola RAG

A RAG busca xa a palabra deste ano

Lingua - 02 Decembro 2016

Abre o prazo de presentación de candidaturas á Palabra do Ano 2016. As propostas porán facerse ata as doce da noite do 14 de decembro. As máis populares pasarán á segunda fase.

Un dos vídeos da yoububer Percebesygrelos

Impulsan un concurso de vídeos Youtubeir@s para promocionar o galego

Lingua - 29 Novembro 2016

A iniciativa parte dos servizos de normalización lingüística de 11 concellos e das tres universidades.

Amy Adams, no papel da profesora Louise Banks no filme

O filme de Hollywood ‘Arrival’ cita a orixe do portugués no Reino de Galicia

Lingua - 28 Novembro 2016

A película é protagonizada pola actriz Amy Adams, quen no papel dunha profesora de lingüística explica aos seus alumnos onde e cando se orixinou a lingua portuguesa.

Gaio é un sistema de tradución automática de textos, documentos e páxinas web / Xunta.

O servizo en liña Gaio leva traducidas 250 millóns de palabras desde setembro de 2015

Lingua - 22 Novembro 2016

O tradutor automático da Xunta recibiu preto de 1,5 millóns de visitas e 4,3 millóns de consultas desde que se fixo público.

Tenda de Vodafone en Galicia

Polémica nas redes por considerar Vodafone un dialecto ao galego

Lingua - 20 Novembro 2016

A Mesa impulsou o hastag #VodafoneOdiaOGalego e criticou a mala praxe desta empresa cos galegofalantes.

Sede da Real Academia Galega

A RAG estrea novo dicionario web

Lingua - 16 Novembro 2016

A partir de agora os usuarios poderán enviar suxerencias para mellorar as buscas ou a lexicografía galega.

Unha profesora durante unha clase de galego

Os institutos impulsan o galego desde a base

Lingua - 16 Novembro 2016

O IES Saturnino Montojo de Ferrol realiza varios proxectos para que os nenos se familiaricen coa nosa lingua.

Páxina principal de Ikea, dende a que se pode acceder aos seus contidos en castelán, catalán e éuscaro mais non en galego.

Por que IKEA exclúe o galego do seu sitio web, ao que si se pode acceder en catalán e éuscaro?

Lingua - 09 Novembro 2016

A empresa de mobles mantén o seu sitio web en castelán, catalán e éuscaro, pero non ten servizo en lingua galega. Por iso, Xosé Baamonde puxo en marcha unha campaña en Internet para pedir á compañía sueca que non exclúa o idioma de Galicia.

Lápidas nun cemiterio/ pdigital.com

Os cemiterios, modelos de dinamización lingüística

Lingua - 04 Novembro 2016

Un equipo de oito persoas pon en marcha un proxecto de dinamización lingüística sobre o patrimonio documental nos cemiterios de Burela.

Mugabe e Obiang/xconfidencial.blogspot.com

Máis voces piden a presenza de Galicia na Comunidade de Países de Língua Portuguesa

Lingua - 02 Novembro 2016

Novas críticas desde Angola á presenza na 21º Cimeira da CPLP de Guinea Ecuatorial e non de Galicia.

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega/ CdC

O Consello da Cultura Galega ingresa na Comunidade dos Países en Lingua Portuguesa

Lingua - 01 Novembro 2016

Farao en calidade de Observador Consultivo. A decisión foi tomada este 1 de novembro durante a XI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno da entidade.

Presentacin do programa

O galego tamén está no mundo

Lingua - 28 Outubro 2016

Política Lingüística pon en macha un programa destinado a fomentar entre o alumnado de educación secundaria a consciencia da diversidade lingüística e a erradicar os prexuízos existentes a respecto do galego.

Unha oficina da Axencia Tributaria / Ministerio de Hacienda

Facenda só fala en castelán

Lingua - 28 Outubro 2016

Un cidadán viuse obrigado a devolver un ingreso de Facenda en protesta polo trato aos galegofalantes. A Axencia Tributaria alega excluír o galego e incumprir a lei por falta de medios.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.