Grelos de Galicia / grelosdegalicia.org

Facebook confunde “grelo” con “clítoris” en castelán e “pussy” en inglés

Lingua - 03 Decembro 2017

O tradutor automático da rede social interpreta o Premio Grelo de Ouro como "clítoris de oro" e "pussy of gold". Recentemente, un obreiro palestino foi detido pola Policía de Israel como presunto terrorista por outro erro do algoritmo de Facebook. A compañía está traballando nun novo sistema que combina intelixencia artificial e redes neuronais.

Imaxe promocional do concurso Youtubeiros / youtubeiras.gal

O uso do Youtube como xeito de espallar e aprender galego

Lingua - 30 Novembro 2017

A segunda edición dos premios Youtubeir@s busca incrementar a presenza do noso idioma na Internet.

Manifestación de Queremos Galego, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística / A Mesa

Oito de cada dez cidadáns consideran o galego a súa lingua materna

Lingua - 30 Novembro 2017

Con todo, nove de cada dez galegos tamén ve o castelán como a súa lingua materna.

Mapa do mundo / Europa Press

Campaña para recuperar a toponimia histórica galega cunha aplicación móbil

Lingua - 29 Novembro 2017

A ferramenta está a ser desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Galicia ten a maior densidade de topónimos de Europa.

Unha profesora durante unha clase de galego Clase de galego no bierzo

O galego aumenta no Bierzo e na Seabra, en territorios do antigo Reino de Galicia

Lingua - 29 Novembro 2017

A aprendizaxe desta lingua increméntase en máis dun cento de alumnos e xa supera os 1.100 estudantes. Oito mestres e catro profesores son os que imparten galego nos 19 centros adscritos.

Manifestación da plataforma

Convocadas axudas para o fomento do uso do galego en centros públicos e privados

Lingua - 29 Novembro 2017

A Xunta destina 300.000 euros aos públicos e 22.600 aos privados.

Servizo de tradución Gaio.

A Xunta actualiza o servizo de tradución en liña Gaio

Lingua - 27 Novembro 2017

Incorpora vocabulario específico do ámbito xurídico e administrativo, e tradución inmediata, que se xera mentres o usuario introduce o texto.

A tumba de Álvaro Cunqueiro, cunha lápida en galego / Galipedia

O galego, un idioma dos vivos e dos mortos

Lingua - 22 Novembro 2017

Por que non facer as despedidas dos nosos seres queridos en galego? O Concello de Ames presenta 'Galeg@ para sempre', campaña de fomento do noso idioma no ámbito funerario á que xa deron o seu visto e prace varios relixiosos.

Un independentista na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 / Miguel Núñez

Denuncian desde Galicia ao presidente dun sindicato de profesores catalán por delitos de odio e sedición

Lingua - 17 Novembro 2017

'Hablamos Español', entidade da que é voceira Gloria Lago, de Galicia Bilingüe, denunciou a Ramón Font, presidente de USTEC-STEs, por dicir nunha entrevista que aos ensinantes cataláns "non se lles pode obrigar", nin os "someterán" a dar clases en español. A denuncia coincide cunha ofensiva en determinados medios sobre o uso do catalán en Valencia, Baleares e Cataluña.

Manifestación da plataforma

Cal será o futuro do galego?

Lingua - 15 Novembro 2017

Un libro presentado polo Consello da Cultura Galega aborda as únicas posibilidades que lle quedan ao idioma para afrontar un incerto futuro que pasa polos “neofalantes” e os “puristas”.

Protesta de Queremos Galego.

Génesis Seguros pide desculpas por negar documentación en galego a un cliente

Lingua - 14 Novembro 2017

A aseguradora recoñece o erro e o dereito dos clientes a recibir a documentación da súa póliza na lingua oficial de súa elección.

Protesta convocada pola Mesa / A Mesa

Denuncian que a aseguradora Génesis “se nega a considerar oficial o galego”

Lingua - 13 Novembro 2017

A Mesa expón que a compañía se negou a facilitar a póliza dun cliente en lingua galega, pero si lle ofreceron a posibilidade de facelo en español ou mesmo en inglés. Audio no interior.

Manifestación da plataforma

Denuncian que Educación non facilita o uso do galego na formación do profesorado

Lingua - 10 Novembro 2017

CIG-Ensino recolle "numerosas queixas" de docentes que asisten a cursos planificados pola Consellería nos que "boa parte dos materiais didácticos que se empregan non están na nosa lingua".

Protesta convocada pola Mesa / A Mesa

Denuncian que un servizo municipal da Coruña nega atención e documentación en galego

Lingua - 09 Novembro 2017

A Mesa solicita a implicación do goberno local para evitar novas discriminacións na Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA).

Nenos nunha protesta de Queremos Galego / Wsobchak

Apego, un proxecto para que os nenos mamen xa o galego desde o berce

Lingua - 08 Novembro 2017

Xa son 30 os concellos participantes neste proxecto ao que nos últimos meses se lle outorgou o Premio Rosalía de Castro de iniciativas normalizadoras da Deputación da Coruña e mais o Premio da Cultura Galega da Xunta de Galicia na modalidade de Lingua.

Chapas co lema Eu falo galego, unha campaña do CEIP Víctor López Seoane / bibliomistos

Como ensinar galego desde o multilingüismo e a variedade

Lingua - 05 Novembro 2017

As xornadas de lingua e literatura galegas no ensino abordarán os retos que impón o plurilingüismo na aula.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua /queremosgalego.com

Por que o éuscaro aumenta en falantes e cae o galego?

Lingua - 05 Novembro 2017

Txerra Rodríguez, sociológo vasco, destaca a experiencia de 30 anos de normalización en Álava. Di que a situación que se vive en Galicia é a inversa da que existe en calquera dos territorios de Euskal Herria, onde os mozos menores de 18 anos son os principais falantes do idioma autóctono.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua /queremosgalego.com

Dispoñible en liña a versión 3.0 do Corpus de Referencia do Galego Actual

Lingua - 03 Novembro 2017

Contén 36,8 millóns de palabras, das que algo máis de 570.000 son formas diferentes.

A profesora Mari Carme Parafita

Como usamos os galegos o infinitivo conxugado?

Lingua - 02 Novembro 2017

Unha novidosa investigación tenta comprender a gran variación que existe no uso desta forma en galego nos diferentes contextos sintácticos. Unha forma verbal que producen e aceptan máis os homes que as mulleres.

Unha profesora durante unha clase de galego no Bierzo

Critican a Educación por favorecer a docentes do resto do Estado fronte aos galegos

Lingua - 31 Outubro 2017

O STEG denuncia que os galegos vense prexudicados porque non se esixirá a acreditación do coñecemento da lingua galega para moitas das prazas “cumprindo o mínimo” o Decreto de Plurilingüismo.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.