Lingua - 04 Maio 2017
Denuncian a "impresentable" contestación de Milagros Otero a unha queixa sobre o recorte de horas do galego no ensino.
Lingua - 02 Maio 2017
O estudo, baseado na modificación do artigo 3 da Constitución, pide que se estableza a oficialidade e o recoñecemento do galego, catalán, vasco e español no conxunto do Estado.
Lingua - 01 Maio 2017
A institución difundirá os traballos dos centros de infantil e primaria que participen nesta iniciativa do proxecto web Primavera das Letras e sorteará entre eles lotes de libros.
Lingua - 26 Abril 2017
Política Lingüística lembra que a UE aposta polo coñecemento doutros idiomas estranxeiros, e moi especialmente aqueles de países próximos.
Lingua - 24 Abril 2017
A plataforma convoca unha nova marcha para o próximo 17 de maio que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela.
Lingua - 23 Abril 2017
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, di que Galicia ten "o maior número de falantes de lingua cooficial e a máis elevada competencia" das tres autonomías históricas.
Lingua - 17 Abril 2017
Carlos Callón di que non busca introducirse no "pesimismo", senón dar un "tirón de orellas" ás diferentes administracións que non cumpren co seu papel de velar polos dereitos lingüísticos.
Lingua - 16 Abril 2017
O presidente da RAG cre que "se dixeron moitas mentiras" sobre a lingua nunha época "devastadora" para o galego. Chama a crear "espazos de entendemento" ao redor da lingua "en todo o ámbito social" de Galicia.
Lingua - 12 Abril 2017
Os científicos galegos Jorge Mira e Luís Francisco Seoane actualizan o estado dos estudos matemáticos sobre comunidades bilingües cunha nova achega nun libro publicado por Cambridge Scholars Press. As ecuacións aplicadas ao caso galego predín que "o bilingüismo será un trazo estable" no país e que "ambos os grupos monolingües sobrevivirán, co grupo español probablemente dominando".
Lingua - 10 Abril 2017
Un informe deste organismo aposta pola "afectividade" e a "emotividade" para incrementar o uso do galego por parte dos máis novos.
Lingua - 07 Abril 2017
Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe (GB), quen fora coprotagonista do debate na era do bipartito, suscita hoxe menos titulares e tamén hai menos políticos facéndolle as beiras. Nesta entrevista con GC, con todo, defende os resultados da súa labor de “lobby”. A profesora e activista lanza críticas a varias institucións de promoción da lingua: a Real Academia, a Mesa pola Normalización, a propia Xunta... Defende, iso si, que a TVG sexa en galego, pero reclámalle máis flexibilidade. Na súa opinión, “o normal é que un medio publique na lingua, ou linguas, que prefiran os lectores”. As especulacións sobre o seu salto á política é outro dos puntos desta conversa.
Lingua - 06 Abril 2017
A campaña 'Rebélate. Fala galego' busca dotar de "ferramentas" a aqueles que deciden apostar polo galego, "un acto de rebeldía"
Lingua - 06 Abril 2017
A Asociación recoller sinaturas serán para apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. Este serán estarán en Carballo. Calendario de recollidas de sinaturas noutras localidades no interior.
Lingua - 06 Abril 2017
“A mocidade coa lingua 2017” terá lugar este venres en Ferrol coa participación de máis de 700 rapaces e rapazas.
Lingua - 04 Abril 2017
GC xa publicou un estudo sobre as portas que se lle abren á nosa lingua nas institucións europeas coa saída de Reino Unido da Unión Europea. Agora, un editorial dunha das revistas científicas máis importantes do mundo coincide en que o galego ten unha oportunidade para ser incluído na lista de idiomas oficiais da UE.
Lingua - 04 Abril 2017
A Facultade de Filoloxía acolle o quinto Encontro Internacional de Profesores e Estudantes de Catalán no Exterior.
Lingua - 27 Marzo 2017
O Parlamento de Galicia está obrigado a debater a toma en consideración desta ILP se logra sumar 10.000 firmas.
Lingua - 24 Marzo 2017
Valentín García insiste en que Galicia ten unha mocidade "máis preparada da historia para escribir, entender e falar galego" e que hai que aproveitar iso.
Lingua - 24 Marzo 2017
O Institute of Modern Languages Research da capital británica acolle un obradoiro sobre recursos e traballos de investigación arredor destas linguas.
Lingua - 23 Marzo 2017
O xurado do concurso 'Lingua de namorar' concede os premios ás mensaxes gañadoras desta edición do certame dedicado a potenciar o galego entre a mocidade.