Xosé-Henrique Costas, director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Uvigo

Un novo libro para "desenmascarar os castelanismos" da toponimia

Lingua - 21 Xuño 2016

A Universidade de Vigo presenta un volume (que se pode descargar en PDF no interior) que explica porque non debemos usar formas como "alaricano". O autor, o profesor Xosé-Henrique Costas carga contra a prensa por deturpar a diario a rica toponimia do país.

Presentación das actualizacións do Portal das Palabras da RAG / RAG Presentación das actualizacións do Portal das Palabras da RAG / RAG

O Portal das palabras actualízase para que o galego chegue aos máis novos

Lingua - 17 Xuño 2016

Presenta un 'bot' para Facebook, 'Dicionario RAG', que define termos por medio do 'messenger' desta rede social. Ademais, estrea novas versións de aplicacións móbiles.

Homenaxe a Franco Grande en Redondela

Homenaxe ao dicionario "o Franco Grande"

Lingua - 07 Xuño 2016

O xurista e académico recibe unha homenaxe polo seu "Dicionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego" de 1968.

Clase de inglés para nenos / ciudadpeques.com

A Xunta destina case 400.000 euros a cursos de inglés no verán

Lingua - 04 Xuño 2016

Serán case 700 bolsas con cursos de inmersión que se realizarán en centros de bacharelato e nos centros residencias docentes de Vigo.

Luis Tosar participando na campaña do CNTL

As axudas para os equipos de normalización chegan a 20 días do remate do curso

Lingua - 04 Xuño 2016

A CIG denuncia o “desleixo” da Consellería de Educación por dar axudas “raquíticas” e tardías para impulsar o galego nos centros educativos.

O coordinador da área internacional da Mesa Pola Normalización Lingüística, Paulo Filgueiras / A Mesa

As denuncias por discriminación no uso do galego chegan a Europa

Lingua - 01 Xuño 2016

O coordinador da área internacional da Mesa, Paulo Filgueiras, criticou nun foro do Parlamento Europeo o decreto do galego e presentou casos denunciados pola Mesa no 2015 e 2016 a través do servizo gratuíto A Liña do Galego.

Emílio Xosé Ínsua / Wikimedia AELG

“Os galegofalantes aínda carecemos dos mesmos dereitos que os castelanfalantes”

Lingua - 01 Xuño 2016

Emilio Xosé Ínsua non esquiva preguntas. Cuestionado sobre o papel da política no galego, cuestiona o uso “partidista” tanto do PP por asumir o delirante discurso de Galicia Bilingüe como “certo segmento do nacionalismo” e as súas “correas de transmisión”. Autor dunha nova monografía sobre as Irmandades da Fala, asegura que aínda perviven os prexuízos que motivaron o seu nacemento e pide a “tirios” e “troianos” que reflexionen sobre a experiencia da xeración que introduciu o galego na escola. O impacto do 'decretazo', as escolas Semente e a visión da lingua entre os seus alumnos son outros temas desta entrevista.

Acto para o cumprimento da Carta Europea das Linguas e a derrogación do decreto contra o galego

Presentan o Protocolo internacional de garantía dos dereitos lingüísticos

Lingua - 23 Maio 2016

O documento será a continuación da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos e estase a desenvolver no marco de Donostia 2016- Capitalidade Europea da Cultura.

Borxa González

Non por min; por eles

Lingua - 20 Maio 2016

Este é o artigo gañador do XII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2016 e cuxo autor é o tamén colaborador de GC Borxa González Tenreiro.

Xesús Alonso Montero, Alberto Núñez Feijóo e outros membros da RAG nun acto do Día das Letras / xunta.gal

Feijóo di que está a favor dun pacto pola lingua sempre desde un “bilingüismo cordial”

Lingua - 19 Maio 2016

Di que seguirá loitando para que “ninguén se apropie do galego” e anuncia novas axudas para traer lectores en lenguas estranxeiras.

O presidente da Federación Galega de Fútbol e ex-presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán

A Mesa critica a ausencia do galego para o partido da selección

Lingua - 19 Maio 2016

O colectivo a prol do idioma bota en cara á Federación Galega de Fútbol e a Abanca que o castelán cuasimonopolice a comunicación e as entradas do partido contra Venezuela.

Celebración do centenario da fundación das Irmandades da Fala na Coruña / Xosé Castro

A RAG pide un pacto galego polo idioma

Lingua - 19 Maio 2016

O seu presidente reivindica a vixencia do espírito das Irmandades da Fala e pide “ver onde non se avanzou e por que non se avanzou” en materia lingüística.

Unidade móbil da Televisión de Galicia (TVG) / PSdeG

A @CRTVG, mellor conta de Twitter en galego

Lingua - 18 Maio 2016

O premio recoñece o traballo dos "traballadores e traballadoras que están detrás dun perfil en Twitter e noutras redes sociais e se encargan de difundir do mellor xeito a nosa lingua entre os e as internautas".

Manifestación de Queremos Galego o 17 de maio en Compostela / EP

Miles de persoas saen á rúa en defensa do galego

Lingua - 17 Maio 2016

A manifestación convocada por Queremos Galego en Compostela reivindica o legado de Manuel María en defensa do idioma.

Lugares estudados para a elaboración do Atlás da Península Ibérica / CSIC.

O Instituto da Lingua Galega colabora na edición e dixitalización do Atlas Lingüístico da Península Ibérica

Lingua - 16 Maio 2016

O CSIC vén de presentar o sitio web do proxecto de edición deste traballo de campo iniciado hai case un século.

Carteis da AGAL no que defenden o perfil reintegracionista de Manuel María

Defenden a vertente reintegracionista de Manuel María

Lingua - 12 Maio 2016

A AGAL edita carteis para difundir a faceta lusista do homenaxeado este ano coas Letras Galegas e lembra que chegou a ser socio da entidade.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua /queremosgalego.com

A Xustiza dálle a razón a Queremos Galego tres anos despois

Lingua - 11 Maio 2016

Queremos Galego gaña o recurso xudicial contra as sancións que lle impuxo o Goberno do PP en Santiago pola manifestación do 17 de maio de 2013.

A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos.

Cerna pide un reparto xusto das axudas aos medios polo uso do galego

Lingua - 11 Maio 2016

A deputada Mónica Fernández insta á Xunta a promover un Proxecto de Lei que regule a publicidade institucional.

Manuel María

A faciana xornalística de Manuel María

Lingua - 10 Maio 2016

Unha web do CPXG recompila todos os artigos e colaboracións en prensa do homenaxeado o 17 de maio.

Caricatura de Hermanager a Manuel María

Monforte acollerá un dos actos da RAG en homenaxe a Manuel María

Lingua - 07 Maio 2016

Aínda que chairego de orixe, o escritor galego residiu preto de 40 anos en Monforte, cidade onde exerceu profesionalmente como procurador e onde creou parte importantísima da súa obra.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.