Medio Ambiente - 31 Marzo 2021
Os traballadores fixos discontinuos contraincendios estiveron ata hai pouco traballando tres meses por ano. Desde 2017 foron incrementando os períodos ata chegar aos actuais seis meses. Aínda así, este colectivo pide a equiparación temporal con outros colectivos do SPIF ademais de que se concrete xa unha data para as probas que permitan a consolidación de postos e a mellora na calidade do servizo.
Medio Ambiente - 31 Marzo 2021
A formación nacionalista critica que se presenten macroparques eólicos de xeito fragmentado e encadra a actuación na "gran ofensiva" do sector en Galicia.
Medio Ambiente - 31 Marzo 2021
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental vén de dar luz verde ao proxecto presentado pola empresa propietaria.
Medio Ambiente - 30 Marzo 2021
Destacan o "elevadísimo valor ambiental" da Ribeira Sacra e vai dirixida a coñecer se a Xunta de Galicia, á que reprocha a súa "pasividade", adoptou os "mecanismos de control, vixilancia e supervisión".
Medio Ambiente - 30 Marzo 2021
As especies capturadas baixo o selo de 'pescadeRías, de onde senón? están dentro dos límites aceptables da pegada de carbono e taxa de retorno enerxético, segundo as pescudas dos investigadores de Biotecnoloxía Ambiental da USC.
Medio Ambiente - 29 Marzo 2021
O Parque do Xurés-Gerés sofre todos os anos lumes atacan un ecosistema considerado único en Galicia e norte de Portugal. As versións recollidas nesta reportaxe apuntan a factores múltiples, incluíndo intereses agrogandeiros, madeira e a “anomia” da Xunta de Galicia, última figura con autoridade nesta área. Nin sequera os investimentos que se realizan nesta área son vistos como suficientes para a preservación e protección do parque.
Medio Ambiente - 29 Marzo 2021
Ecoloxistas en Acción e Amigos das Cegoñas advirten dun novo episodio de nidificación de cegoña branca nunha grúa da construción.
Medio Ambiente - 29 Marzo 2021
O incendio quedou extinguido ás 17,42 horas.
Medio Ambiente - 29 Marzo 2021
Este lume en Viana do Bolo iniciouse ás 9,35 horas deste luns e atópase controlado. Participan nas tarefas un helicóptero, un axente e tres brigadas.
Medio Ambiente - 28 Marzo 2021
Varios proxectos buscan combater este problema, que causa perdas dun 5% ao sector pesqueiro.
Medio Ambiente - 28 Marzo 2021
O primeiro gran incendio de Galicia na parroquia de Figueiras, en Santiago de Compostela, pon de manifesto o problema ao que se enfronta a veciñanza, xa acostumada a ver arder o monte. Entre as causas; pirómanos, intereses, a falta de parcelaria e o abandono do monte por parte da Xunta.
Medio Ambiente - 27 Marzo 2021
Ademais construiríanse pistas comparables a 38 quilómetros de autovía.
Medio Ambiente - 26 Marzo 2021
O presidente de Ence destacou que 2020 foi un ano complicado do que, con todo, a compañía saíu reforzada, algo que atribuíu á prudencia coa que, asegura, encarou a pandemia. "Ence é hoxe máis forte e resiliente", dixo.
Medio Ambiente - 26 Marzo 2021
"Nós non queremos organizar batidas", explicou o dirixente agrario, que apuntou que "en Galicia non existe a caza do lobo porque no últimos once anos só se matou a un"
Medio Ambiente - 25 Marzo 2021
Ecoloxistas en Acción asegura que a administración Feijóo se nega a facer pública a distribución "concreta" dos fondos verdes da UE, que poderían ter sido empregados para "amañar camiños, potenciar o turismo e proxectos de caza", entre outros.
Medio Ambiente - 25 Marzo 2021
O monte en man común pode estar en risco. Asociacións ambientalistas, comunidades de montes, sindicatos agrarios e mesmo estudos académicos, alertan sobre as modificacións que a Lei de Simplificación Administrativa pode traer en canto o uso deses montes. O temor a que intereses privados primen sobre os dereitos das comunidades de montes fai pensar en manobras para a ocupación de terreos que suman entre 600.000 e 700.000 hectáreas en toda Galicia
Medio Ambiente - 25 Marzo 2021
No marco do proxecto 'Plantando cara ao lume', os participantes nesta expedición medioambiental repoboaron unha parcela en Muíños incendiada en 2016 con novas plantas de castiñeiro e carballo.
Medio Ambiente - 25 Marzo 2021
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, sinalou que "o que hai que facer é tomar decisións, coller o touro polos cornos, e sentar a falar as tres patas que teñen competencias sobre esa cuestión"
Medio Ambiente - 25 Marzo 2021
O director do Instituto de Estudos do Territorio, Francisco Barea, lembrou que a distinción "constituirá un mérito a efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural".
Medio Ambiente - 24 Marzo 2021
Amigas das árbores anuncia que denunciará o "ecocidio" ante as administracións públicas.