O Goberno apela a "seguir a lei" coa planta de Ence en Pontevedra, pendente de que resolva a Audiencia Nacional. EUROPA PRESS - Arquivo

A APDR acusa a Xunta de "ver para outro lado" ante as verteduras de Ence á ría de Pontevedra

Medio Ambiente - 23 Abril 2019

A asociación acusa de "falta de rigor e de obxectividade" á conselleira de Medio Ambiente, quen asegurou que a planta "non contaminaba".

Situación da Cova de Eirós, rodeada por Cementos Cosmos / Adega

Adega considera que a declaración como BIC da Cova Eirós "non ofrece suficientes garantías de protección"

Medio Ambiente - 23 Abril 2019

A Consellería de Cultura deu a resolución definitiva da declaración do xacemento como BIC e admite dúas das alegacións presentadas pola asociación.

Píntega atopada en Boiro / wikipedia

Galicia leva doce anos agardando pola protección de máis de 70 especies en perigo de extinción

Medio Ambiente - 22 Abril 2019

Desde a aprobación do Catálogo Galego de Especies Ameazadas, a Xunta só activou plans para a conservación de tres especies. Outras están case desaparecidas. “De seguir así farían falla máis de 1700 anos para que as especies máis sensíbeis e amezadas da natureza galega dispuxeran das ferramentas que establece a lei", din os ecoloxistas.

Manifestación contra o recheo en Casalonga Sdf. PLATAFORMA CASALONGA LIMPA DE RESIDUOS

Veciños de Teo reúnense co secretario xeral de Minas, agora investigado por presunta prevaricación

Medio Ambiente - 22 Abril 2019

Representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos pediron acceso á documentación sobre o plano de restauración da canteira. Bernardo Tahoces comunicoulles que será entregada en dous días á Plataforma.

Terreos da mina de Touro. EUROPA PRESS - Arquivo

PP: "Todas as minas cumpren cos requisitios legais e ambientais vixentes"

Medio Ambiente - 22 Abril 2019

O voceiro parlamentario socialista reclama a comparecencia na Cámara de Francisco Conde tras a imputación do director xeral de Minas da Xunta.

Cachorros de can abandonados nun colector de lixo en Poio (Pontevedra),

Rescatados catro canciños abandonados dentro dun colector do lixo en Vigo

Medio Ambiente - 22 Abril 2019

Tamén foron localizados outros catro cadeliños abandonados nunha caixa na rúa.

Exemplar de toniña / Marcus Wernicke.

Galicia, clave para salvar unha poboación única de toniñas, especie ameazada

Medio Ambiente - 21 Abril 2019

Punta Candieira (Cedeira), os cabos de Vilán (Camariñas) e Touriñán (Muxía), Punta dos Remedios (Lira) e Faro de Corrubedo son os espazos con maior presenza deste cetáceo, para os que os científicos piden protección especial. A toniña podería desaparecer das augas de Galicia nun par de décadas se non se fai nada.

Preto do 96% das zonas de baño de Galicia obtiveron unha clasificación excelente ou boa en 2018 / Europa Press

O 96% das zonas de baño de Galicia obtiveron unha clasificación excelente ou boa

Medio Ambiente - 20 Abril 2019

Só oito de 507 puntos foron cualificados como insuficientes.

Fff. VERDEGAIA / Europa Press

Brigadistas de Verdegaia eliminan acacias na comarca do Ribeiro

Medio Ambiente - 20 Abril 2019

As brigadas deseucaliptizadoras que promove a asociación ecoloxista Verdegaia volverán este fin de semana a actuar na comarca do Ribeiro (Ourense) tras o "éxito" da última xornada de combate contra a mimosa (Acacia dealbata) que mobilizou a medio centenar de voluntarios o pasado 23 de febreiro.

Marta Geada, co

Unha galega, segunda muller en pescar o ‘campanu‘ do Eo

Medio Ambiente - 19 Abril 2019

A segunda muller en pescar o ‘campanu‘ do Eo foi unha mariñá. Marta Geada, natural do Valadouro e veciña de Barreiros, quitou o pasado xoves o primeiro salmón da tempada nos treitos asturianos do río.

Lugar das Castiñeiras, na parroquia de Fonteo, en Baleira (Lugo).

Denuncian un vertedoiro “ilegal e incontrolado” de residuos industriais en Baleira

Medio Ambiente - 19 Abril 2019

Segundo Verdegaia, a parcela, designada como masa común nun proceso recente de concentración parcelaria, converteuse nunha “verdadeira mole na que se amorean pneumáticos, cascallos procedentes de construción e mesmo residuos perigosos como chapas de fribrocemento con amianto ou electrodomésticos“.

Mina de San Finx, en Lousame.

ContraMINAcción critica a divulgación das pescudas do caso de San Finx e alerta da posible destrución de probas

Medio Ambiente - 18 Abril 2019

O colectivo pide condena a "todos os responsables", entre os que se atoparía o director xeral de Minas da Xunta, que está a ser investigado por un suposto delito de prevaricación ambiental.

Marisqueo / Arquivo Galicia Confidencial

A Xunta inclúe 30 novas especies de peixe e marisco na aplicación móbil 'Non piques, non peques'

Medio Ambiente - 18 Abril 2019

Esta ampliación dos contidos da plataforma coincide coa época de vacacións de Semana Santa e ten o obxectivo de promover o coñecemento dos peixes e mariscos que se poden atopar no mercado galego.

Purin vertido na comarca do Val do Limia / MEL

O exceso de cabezas de gando, posible causa do problema dos xurros na Limia

Medio Ambiente - 17 Abril 2019

A polémica polo tratamento de xurros procedentes das explotacións gandeiras chegou xa a Bruxelas. A creación da Mesa da Limia é un intento de porlle unha solución, mais a cuestión apuntada por sectores veciñais e ecoloxistas é a sobresaturación de explotacións gandeiras.

O Director Xeral De Industria, Enerxía E Minas, Anxo Bernardo Tahoces. EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Esixen a dimisión do director xeral de Minas por suposta prevaricación ambiental na mina de San Finx

Medio Ambiente - 17 Abril 2019

A plataforma Mina Touro-O Pino Non esixe a dimisión "inmediata" do director xeral, e advirten de que "non pode ser o responsable de decidir sobre o futuro" do proxecto que lles afecta como veciños.

Parador de Baiona / amaianos en Flickr.

Pretenden substituír o piñeiral do Parador de Baiona por unha gran carballeira

Medio Ambiente - 17 Abril 2019

O Parador de Baiona cortará o piñeiral de máis de 50 anos que rodea a Península de Montreal para solucionar a praga de oruga procesionaria que afecta a esta zona.

Estación metereolóxica. Entre outras funcións realiza medicións para estudar o cambio climático / meteorologiaenred.com

Que é un "migrante climático" e por que se pide o seu recoñecemento?

Medio Ambiente - 16 Abril 2019

O movemento Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio trasladou unha petición a todos os grupos políticos con representación no Parlamento galego para que se apoie a creación desta figura a nivel internacional

Río Gafos, en Pontevedra / Wikipedia

Pontevedra xa ten outro espazo natural protexido

Medio Ambiente - 15 Abril 2019

Trátase do río Gafos que é desde este luns Espazo Natural de Interese Local.

Bengalas que se utilizan como artefactos incendiarios / Garda Civil

Aparecen artefactos incendiarios nun monte de Vigo

Medio Ambiente - 15 Abril 2019

A Policía Nacional abriu unha investigación tras o achado, o pasado venres, de catro bengalas incendiarias nas proximidades da Madroa, pero descoñécese de momento a intencionalidade coas que se utilizaron e os seus autores.

María García, concelleira de Medio Ambiente da Coruña/Concello da Coruña

A Coruña intensifica a campaña de prevención de incendios triplicando os avisos para a limpeza de leiras

Medio Ambiente - 15 Abril 2019

A concelleira de Medio Ambiente, María García, destacou que os incendios forestais, "ademais dun problema ambiental que afecta a todos os elementos do noso ecosistema, está a converterse nunha cuestión de seguridade pública".

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.