Cemiterio de Chandebrito, en Nigrán, tras a vaga de lumes do 2017 / Miguel Núñez

Chandebrito... Dous anos despois da traxedia

Medio Ambiente - 15 Outubro 2019

Hai xusto dous anos, Chandebrito era un inferno. Un inferno de lume, fume e terror, como en boa parte de Galicia, especialmente o sur de Pontevedra, que ardía polos catro recunchos. Pasaron xa 24 meses e os veciños desa pequena parroquia chantada nos montes de Nigrán non esquecen. Alí moreron as dúas primeiras vítimas dunha vaga de lumes que calcinou case 60.000 hectáreas en cinco días na que tamén perderon a vida outras dúas persoas.

Carballo / AXM

Investigado por corta árbores autóctonas en Trabada

Medio Ambiente - 13 Outubro 2019

A Garda Civil investiga a un veciño de 62 anos do municipio lucense de Lourenzá como suposto autor dun delito de danos.

O incerdio no Xurés corta unha estrada / Axentes MM CCOO

Un incendio provocado no Parque do Xurés afecta a Galicia e Portugal

Medio Ambiente - 12 Outubro 2019

A Consellería do Medio Rural dá por estabilizado o lume.

Río Mendo / Wikiloc.

Unha vertedura no río Mendo obriga a pechar a captación de auga destinada ao abastecemento en Oza-Cesuras

Medio Ambiente - 11 Outubro 2019

O Concello asegura que a contaminación non entrou na rede e que o abastecemento está garantido.

Temporal Galicia, vento, choiva, mal tempo. EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Chega o outono a Galicia cunha fronte fría a partir do domingo

Medio Ambiente - 11 Outubro 2019

Meteogalicia explica que aínda que os refachos de vento non van ser moi fortes, "non se pode descartar" un aviso por mal tempo.

Ana Miranda presenta iniciativas sobre a ría de Cee e Corcubión.. BNG - Arquivo / Europa Press

Ana Miranda pregunta polo financiamento para sanear da ría de Cee e Corcubión

Medio Ambiente - 10 Outubro 2019

A portavoz do BNG en Europa critica que "a contaminación repercute dun modo tremendamente negativo no medio ambiente e nos sectores marítimo e pesqueiro".

Caza, Xabaril

Trinta concellos galegos aparecen na declaración de emerxencia cinexética polos danos do xabaril

Medio Ambiente - 09 Outubro 2019

Esta medida permitirá abater ou capturar a estes exemplares nun total de 481.170 hectáreas sen límites de cota entre ambos os sexos.

Imaxe de balsas con lodo tóxico en Sobrado dos Monxes / PP da Coruña

A Cámara galega pide que se investigue a balsa de lodos en Sobrado, pero non o xurro da Limia

Medio Ambiente - 09 Outubro 2019

PP e PSOE culpanse do acontecido no concello coruñés, pero coinciden en votar en contra e absterse, respectivamente, de investigar a contaminación por xurro da Limia.

Traballos de limpeza forestal en Galicia. CEDIDA - Arquivo / Europa Press

A Xunta dá permiso para queimas con comunicación previa a partir deste mércores

Medio Ambiente - 09 Outubro 2019

Xa se poden tramitar as peticións de autorización de queimas de restos agrícolas ou forestais a través da páxina web de Medio Rural ou chamando ao 012.

Parcela onde se ubicará o

Un camping, primeiro gran proxecto turístico do Xeoparque Montañas do Courel

Medio Ambiente - 09 Outubro 2019

Estará en Ribas de Sil e destacará pola súa estética e pola súa capacidade. Será o primeiro de Galicia no que os bungalows están construídos aproveitando contedores mariños reciclados.

Gráfica dos encoros da conca Miño-Sil na semana do 1 ao 8 de outubro. EPDATA / Europa Press

Os encoros galegos chegan ao 60,5% da súa capacidade durante a última semana

Medio Ambiente - 08 Outubro 2019

Este retroceso explícase pola perda de máis de 50 hectómetros cúbicos dos encoros de Miño-Sil e os 8 que caeron os da demarcación Galicia Costa.

Xabaril. EUROPA PRESS/UCLM - Arquivo

Denunciarán ante o Parlamento europeo o plan da Xunta para combater a sobrepoboación de xabaril

Medio Ambiente - 07 Outubro 2019

O colectivo animalista Libera di que a medida supón un "risco" para "calquera" persoa que queira pasear ou realizar actividades".

Xabaril / Europa Press.

Propoñen que Galicia imite o exemplo de Nova York e vete a caza de xabarís fronte "a escasa capacidade" da Xunta

Medio Ambiente - 05 Outubro 2019

O Goberno galego permitiu a actividade cinexética diaria nun total de 33 concellos de todas as provincias.

Carme da Silva critica a presentación da ampliación da depuradora de Pontevedra: "foi un power point, nada máis"

Medio Ambiente - 04 Outubro 2019

Construirase un emisario submarino de tres quilómetros e medio para canalizar as augas doces por 12 millóns de euros.

Comisión de Agricultura. PARLAMENTO GALEGO / Europa Press

Anuncian a creación dun sistema público de tratamento do esterco con catro plantas en zonas gandeiras

Medio Ambiente - 04 Outubro 2019

A Consellería de Medio Rural expuxo esta idea na comisión de Agricultura para responder sobre a problemática da Limia pola contaminación por xurros.

O Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol. / Europa Press

Presentan máis de 200 alegacións contra as novas autorizacións pedidas por Reganosa

Medio Ambiente - 04 Outubro 2019

O Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol denuncia que Reganosa "non só non se está cumprindo a lei, senón que estamos ante unha actitude delituosa por parte dos responsables ao permitir o funcionamento desta instalación".

O ano hidrolóxico 2019-2020 comeza cun 90% menos choivas do normal.. AEMET / Europa Press

O novo ano hidrolóxico estréase cun 90% menos de choivas normal

Medio Ambiente - 04 Outubro 2019

No primeiro día choveu menos dun litro por metro cadrado no conxunto de España, cando o normal nesa xornada son dous litros por metro cadrado.

Acción polo clima en Santiago de Compostela

Imaxes e vídeo | Acción pola emerxencia climática en Compostela: "O noso fogar está ardendo"

Medio Ambiente - 03 Outubro 2019

O colectivo Extinction Rebellion Galicia desenvolveu este xoves, 3 de outubro, unha acción performática e non violenta co obxectivo de concienciar a cidadanía sobre os efectos do colapso ecolóxico.

Xabaril / Arquivo.

Unións Agrarias acusa a Xunta de esquivar a súa responsabilidade ao deixar aos cazadores o control do xabaril

Medio Ambiente - 03 Outubro 2019

O sindicato agrario recolle firmas para que o Goberno galego inclúa medidas contra este animal na lei de acompañamento aos orzamentos.

Cambio climático / WWF España

As medidas da Xunta contra o cambio climático: colectivizar tractores e plans para adaptar a costa ante furacáns

Medio Ambiente - 03 Outubro 2019

Presenta un ambicioso plan para facer fronte as emerxencias climáticas e para reducir os gases de efecto invernadoiro entre 2019 e 2023. Mobilizará 1.250 millóns.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.