Presentan ante Fiscalía unha denuncia por filtracións dunha balsa na mina de Touro (A Coruña). ALDEA VIVA

Como as minas seguen contaminando os ríos 30 anos despois

Medio Ambiente - 05 Agosto 2019

As entidades contrarias á mina de Touro presentan un vídeo no que denuncian que os residuos das antigas balsas de lodos da antiga explotación mineira, pechada hai 30 anos, seguen filtrando refugallos tóxicos a regatos e ríos.

Estado no que quedou a herba logo dunha fumigación en Ourense ao carón do río Bargaña

O barato que sae contaminar os ríos galegos: 99,53 euros

Medio Ambiente - 04 Agosto 2019

Esta foi a multa que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil lle impuxo a un dos concellos máis ricos de Ourense, o de San Cibrao das Viñas, por un novo episodio de contaminación do Río Barbaña.

Incendio forestal - ARQUIVO

Extinguido un incendio forestal en Cualedro (Ourense) tras queimar 21,32 hectáreas

Medio Ambiente - 04 Agosto 2019

O suceso iniciouse ás once da noite do sábado, na parroquia de Montes.

Rural.- Pleno.- Un total de 31 lobos foron cazados desde abril de 2018. LIFE LOBO ANDALUCÍA - Arquivo

Os lobos volven aos montes galegos

Medio Ambiente - 04 Agosto 2019

Distintos proxectos están analizando a poboación destes mamíferos en Galicia.

A Consellería de Medio Ambiente realizan repoblamiento do salmón no Baixo Miño. XUNTA / Europa Press

A Xunta solta 6.000 crías de salmón no río Deva para a repoboación desta especie no Baixo Miño

Medio Ambiente - 04 Agosto 2019

Este programa de reprodución artificial tenta recuperar o antigo coto que existía nesta vía fluvial

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade executará accións de limpeza e conservación nos ríos Sar e Sarela ao seu paso por Santiago. XUNTA / Europa Press

A Xunta executa actuacións de limpeza e conservación nos ríos Sar e Sarela ao seu paso por Santiago

Medio Ambiente - 04 Agosto 2019

Retiraranse árbores mortas e madeira acumulada no cauce.

Parque eólico. ARQUIVO

A Galicia que non quere un rural ameazado por "megaparques" eólicos

Medio Ambiente - 03 Agosto 2019

As comarcas do Xallas e de Bergantiños opóñense a un proxecto do que din que traerá consecuencias negativas para a economía agrogandeira e o medio ambiente. Para darlle visibilidade a esta problemática, convocan unha andaina de 10 quilómetros para este domingo 4 de agosto.

Caverna da Tara, no Courel / falbo.blogspot.com

O gran museo xeolóxico de Galicia está no Courel

Medio Ambiente - 03 Agosto 2019

Inaugurouse en 2011 e está dedicado á divulgación, estudo e protección dos valores xeolóxicos da Comarca de Quiroga. Ten o valor engadido de ser o único en Galicia dedicado a esta temática.

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, no centor de recuperación de fauna en Maceda (Ourense). XUNTA / Europa Press

Os centros de recuperación de fauna silvestre de Galicia atenderon máis de 3.300 animais o pasado ano

Medio Ambiente - 02 Agosto 2019

A maioría dos animais atendidos foron aves.

Flotadores de ferro das bateas ciscados nun terreo no monte de San Lourenzo, en Moaña / © Miguel Núñez.

Un vertedoiro no monte con flotadores de bateas

Medio Ambiente - 01 Agosto 2019

Varias estruturas de aceiro e poliéster utilizadas para soportar as bateas da ría de Vigo foron ciscadas no monte de San Lourenzo, en Moaña.

Rosa Quintana / EP

Rosa Quintana sinala que a extracción de estrelas de mar en Pontevedra permitirá "compensar o ecosistema" local

Medio Ambiente - 01 Agosto 2019

A concelleira do Mar descarta denominar a situación de "praga" senón como unha "concentración" deste organismo que en valores normais convive "co resto de peces e moluscos" no ecosistema mariño.

Río Avia / wikiloc

Investigan unha vertedura industrial no río Avia ao seu paso polo Carballiño

Medio Ambiente - 01 Agosto 2019

Foi un veciño quen puxo a denuncia.

Fábrica de Ence en Lourizán, na ría de Pontevedra / Europa Press.

APDR presenta recurso de alzada contra a Xunta por non facilitar información sobre verteduras de ENCE

Medio Ambiente - 31 Xullo 2019

Di que esta postura da Consellería do Medio Ambiente entra "en colisión" co dereito ao acceso á información pública.

Lume en Quiroga que afecta a paraxes dos Ancares / Remitida- Carlos

Prisión provisional para o presunto autor de seis incendios en Maceda desde finais de xuño

Medio Ambiente - 30 Xullo 2019

Os lumes orixinábanse "sempre de madrugada", cando os medios aéreos non poden actuar, e varios deles a escasos metros das casas, que non resultaron afectadas "grazas á rápida intervención dos medios de extinción e dos veciños".

Incendio no Courel/ BRIF Laza

O Courel, o pulmón verde de Galicia, segue sen brigada contra incendios

Medio Ambiente - 30 Xullo 2019

C@urel Vivo denuncia que o Concello de Folgoso do Courel aínda non convocou ningunha praza de brigadista nin motobomba, a pesar do alto risco de incendios destas semanas.

A estrada N-634, tralo derramamento de lodos vermellos de Alcoa / GOOGLE FOTOS

Criticas polo vertido de lodos vermellos da fábrica de Alcoa

Medio Ambiente - 30 Xullo 2019

A multinacional afirma que a perda produciuse ao ir mal pechadas as comportas dun camión e sostén que a concesionaria decidiu "unilateralmente" limpar o residuo con auga.

Presentación do documental do Salto / cedida

Cando galegos e portugueses se enfrontaron conxuntamente á construción dun megaencoro no río Miño

Medio Ambiente - 30 Xullo 2019

O documental O Salto, que terá unha primeira parada nas Neves, Pontevedra, érguese como unha homenaxe a aqueles que loitaron polo patrimonio cultural e medioambiental que se vería en perigo se se levase a cabo a proxección deste encoro nun tramo transfronteirizo do río Miño.

Manifestación de axentes forestais en Vigo que contou co apoio de bombeiros e brigadistas de todo o país / Miguel Núñez

A creación dunha “policía" da Xunta para o medio ambiente desconcerta a axentes forestais e medioambientas

Medio Ambiente - 29 Xullo 2019

Estes profesionais denuncian que a Xunta pretende duplicar as súas funcións para “enchufar” a un colectivo sen titulación como vixilantes de recursos naturais, desprezando o ciclo superior requerido agora.

Rolda de prensa a bordo do Rainbow Warrior de Greenpeace en Vilagarcía de Arousa. GREENPEACE / Europa Press

Galicia podería satisfacer 30 veces a demanda enerxética ata 2050 con fontes renovables, segundo Greenpeace

Medio Ambiente - 29 Xullo 2019

A organización ecoloxista alerta de que o cambio climático pode ser "especialmente perigoso" aquí.

Cría de balea común morta tras varar na praia  / CEMMA.

Atopan morta unha balea en Cervo

Medio Ambiente - 29 Xullo 2019

Integrantes de CEMMA din que se podería tratar do mesmo exemplar avistado hai uns días nunha praia do concello.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.