Un traballador tala unha árbore na Gran Vía de Vigo diante do Corte Inglés / Miguel Núñez

Abel Caballero é criticado por cortar 58 árbores no centro de Vigo

Medio Ambiente - 20 Xullo 2019

O voceiro da asociación ecoloxista Amigos da Terra considera que é unha irresponsabilidade todo este proceso de reconversión da arteria viguesa e ve complicada a supervivencia tamén das árbores que se transplantarán a Castrelos. Marea de Vigo levará a Europa o caso polo que consideran unha mala praxe no uso de fondos europeos.

Rainbow Warrior de Greenpeace / Roberta F. en Wikipedia.

O buque de Greenpeace atracará en Vilagarcía de Arousa ante a "hostilidade" do presidente do Porto de Vigo

Medio Ambiente - 19 Xullo 2019

A ONG considera "desproporcionada" a reacción do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga.

Ilustración de Cestola na Cachola para o libro "Árbores que non arden". / Proxecto Batefogo

Son só homes os que loitan contra os lumes?... O papel invisible da muller no mundo forestal

Medio Ambiente - 19 Xullo 2019

O proxecto Batefogo prepara un libro colectivo sobre o papel das mulleres na xestión do territorio e na prevención dos incendios no país. Leva por nome "Árbores que non arden: as mulleres na prevención dos incendios forestais". O GC fala con Miguel Pardellas, un dos seus impulsores, para poñer luz sobre a escuridade da muller no mundo forestal. "Que as mulleres teñan voz na xestión do monte axudaría a diversificalo a nivel produtivo e cultural", subliña.

Activistas de Greenpeace e o palangreiro

Cruce de acusacións entre Greenpeace e o Porto de Vigo tras decidir os ecoloxistas non atracar na cidade

Medio Ambiente - 19 Xullo 2019

O 'Rainbow Warrior' decidiu non parar no porto de Vigo ante o temor a ataques de mariñeiros galegos, mentres que o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, volveu a acusar a esta entidade de levar a cabo unha "deterioración constante" da actividade pesqueira galega e de "desprestixiala".

Balsas mineiras na zona de explotación de áridos en Monte Neme, entre Carballo e Malpica (A Coruña). SALVEMOS A CABANA / Europa Press

Feijóo sobre posibles accidentes no Monte Neme: "A responsabilidade é da antiga empresa da mina"

Medio Ambiente - 18 Xullo 2019

Di que, ante posibles accidentes, a Xunta "non vai suplir" as responsabilidades privadas, "e menos con diñeiro público". A empresa Leitosa, no seu momento vinculada á familia Cotino do PP valenciano --que tamén está salpicada pola trama Gurtel-- deu en quebra en 2012 e asegura non ter bens cos que poida atender a débeda cos seus acredores.

ENCE, na ría de Pontevedra / juantiagues en Flickr.

Acusan a Ence de producir enerxía queimando toneladas de aceite "contaminante" e a empresa négao

Medio Ambiente - 18 Xullo 2019

A compañía pasteira advirte que emprenderá medidas legais contra a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) de Pontevedra.

Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/

Críticas ao Goberno galego por "potenciar a repoboación con 500.000 hectáreas de eucaliptos"

Medio Ambiente - 18 Xullo 2019

Representantes da plataforma 'Por un monte galego con futuro' cren que o Pladiga "fomenta" o "negocio ao redor do lume".

Río Furelos / santiagoturismo.com

Expediente sancionador por unha vertedura no río Furelos que afectou parte da Rede Natura 2000

Medio Ambiente - 18 Xullo 2019

A Consellería de Medio Ambiente podería incoar un segundo expediente administrativo sancionador por unha infracción moi grave en materia de conservación da natureza.

Reganosa. EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

O Supremo declara nula a exención dun trámite ambiental que concedeu o Goberno de Rajoy en funcións a Reganosa

Medio Ambiente - 18 Xullo 2019

O tribunal estima que se deberon adoptar outros remedios procesuais distintos "e sen dúbida máis acordes co principio de proporcionalidade".

Un can maltratado / GC

Animalistas piden 18 anos de prisión aos propietarios dos cans que morreron de sede en Lugo

Medio Ambiente - 18 Xullo 2019

Din que este tipo de actos pode ser “constitutivo dun delito de malos tratos animais” e as persoas responsables da “dobre morte" poderían ser condenadas até a 18 meses de prisión.

A píllara no Concello de Carballo / Concello de Carballo

Carballo deseña unha píllara como símbolo para reivindicar un turismo sustentable no litoral

Medio Ambiente - 18 Xullo 2019

Asistiron á instalación deste "animal icónico" que serve de contedor os artesáns que crearon a figura, o alumnado do obradoiro de cestería no que se materializou, o concelleiro de Medio Ambiente e o alcalde do concello. Apelan así a "concienciar a xente sobre a importancia de recoller o lixo".

Os galegos reciclaron no primeiro semestre deste ano máis de 24.535 toneladas de envases de vidro / Europa Press

Os galegos reciclan un 16% máis de vidro no primeiro semestre deste ano

Medio Ambiente - 17 Xullo 2019

Aumenta as toneladas recicladas ata un total de 34.340 e Ecovidrio destaca "unha maior implicación" cada ano.

Can. ROYAL CANIN/MASCOTEROS SOLIDARIOS - Arquivo

A revista Coralia e o músico Budiño realizan un donativo ao Refuxio de Animais de Bando

Medio Ambiente - 17 Xullo 2019

O diñeiro será utilizado tanto para alimentos como para medicamentos, materiais e todo o que necesite o refuxio.

Vistas desde o Monte Neme / Plataforma pola Defensa do Monte Neme

Opinións sobre o Monte Neme galego que uns "frikis" converteron no "Chernobyl galego"

Medio Ambiente - 17 Xullo 2019

A Plataforma pola Defensa do Monte Neme aborda neste artigo titulado "O monte Neme Galego" a turistización indiscriminada e sen control dun monte que debería ser patrimonio cultural e natural da Costa da Morte. "Queremos un “posTurismo” ou “turismo negro” (“dark tourism”) de paisaxes degradadas alieníxenas devidas en escenarios do glamour?, ou pola contra, queremos ter unha oferta verde e cultural que encaixe coa historia do noso monte e da nosa terra?", apunta.

Golfiño común varado e morto en Corrubedo / CEMMA.

Aumentan preocupantemente os varamentos de cetáceos en Galicia

Medio Ambiente - 16 Xullo 2019

A media é dun cetáceo varado cada día este ano, segundo datos da CEMMA. Os casos cuadruplicáronse respecto a 2015.

Presentación de informe sobre terras rústicas en Galicia. XUNTA / Europa Press

O prezo medio de terra rústica aumenta un 12% en 2017 en Galicia

Medio Ambiente - 16 Xullo 2019

Houbo case 40.000 operacións de compravendas de parcelas que abarcan case 10.000 hectáreas.

Representantes dos colectivos Sociedade Galega de Historia Natural, Adega, Rede Galega de Custodia do Territorio e Sociedade Galega de Ornitoloxía ás portas do Parlamento de Galicia acompañados por Patricia Vilán, Antón Sánchez e Luís Bará / Europa Press

Os ecoloxistas critican a Lei de Patrimonio Natural: "Queren celebrar o Xacobeo verde, pero co verde eucalipto"

Medio Ambiente - 16 Xullo 2019

Catro colectivos censuran que o texto non avanza respecto da normativa vixente que data de 2001 e afean a Xunta que non tivese en conta as súas propostas.

Can con desnutrición e extrema delgadez intervido pola Garda Civil de Santiago, que investiga por abandono animal a un veciño de Ames (A Coruña).. GARDA CIVIL

Piden ampliar a Lei de Benestar Animal tras o caso de catro cans desnutridos en Ames

Medio Ambiente - 16 Xullo 2019

FFW e Libera é "endurecer" as condicións para a cría e venda de animais.

Avespa velutina ataca unha abella / Danel Solabarrieta en Flickr.

Expertos avisan de que “en 15 ou 20 días” producirase “unha eclosión brutal” de velutinas

Medio Ambiente - 16 Xullo 2019

A empresa viveirense Serpa despregou esta primavera o seu trampeo nos municipios do Valadouro, Viveiro, Burela, Foz e Muras e cazou 2.400 raíñas.

 Fotografía no Monte Neme / INSTAGRAM

Monte Neme, á procura da foto "cool" no epicentro dunha gran ferida medioambiental

Medio Ambiente - 15 Xullo 2019

Detrás desta mina abandonada hai unha triste historia, como a doutras partes de Galicia. Unha mina abandonada que segue contaminando os acuíferos da zona. A pesar de que está prohibido acceder a ela, ata hai pouco, Turismo de Carballo e a propia Xunta animaban a visitar a zona e os instagrammers, tolos polas fotos, acoden na procura do seu ego fotoxénico alleos ao desastre medioambiental que os rodea.


Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.