Grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos da Universidade de Santiago / USC.

Galicia participa nun dos mellores proxectos europeos LIFE+ de medio ambiente

Medio Ambiente - 07 Abril 2016

A Univesidade de Santiago e Viaqua participan no proxecto LIFE+ Aquaenvec, desenvolvido en localidaces galegas e catalás, e que vén de ser premiado pola Unión Europea.

Monte Pindo visto desde Fisterra / Asociación Monte Pindo Parque Natural

Máis de 200 entidades apoian a declaración do Monte Pindo como Parque Natural

Medio Ambiente - 06 Abril 2016

Entre elas están o Concello de Carnota, comunidades de montes e organizacións patronais, científicas, académicas, deportivas e culturais.

Parellas de aguias reais no Macizo Central ourensán / Ramsés Pérez, ADEGA

O Macizo Central; un debate entre industrias mineiras e químicas e a protección da natureza

Medio Ambiente - 06 Abril 2016

Viana do Bolo ten dous grandes proxectos industriais; unha planta química para gasificar carbón e producir metanol e a explotación dunha mina de tantalio. Uns proxectos que se desenvolven moi preto dunha zona proposta para a Rede Natura e que ameazarían directamente a supervivencia da aguia real e de colonias de morcegos, tal e como denuncian ADEGA e a SGHN.

COMPOS3D, para fomentar a educación en valores medioambientais

Medio Ambiente - 05 Abril 2016

Concello e Universidade de Santiago, ademais da empresa Ferrovial, poñen en marcha este concurso de modelado 3D, no marco da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Detalle dun exemplar de Rumex rupestris / Miguel Serrano.

Recuperan na illa de Ons a labaza de ribeira, única na Península Ibérica

Medio Ambiente - 29 Marzo 2016

Botánicos da Universidade de Santiago reintroducen con éxito poboacións da planta Rumex rupestris, extinta nesta illa dende comezos deste século e que só se atopa na costa occidental galega, Gran Bretaña e Francia.

 Corvo mariño cristado, unha especie ameazada / ADEGA

Denuncian que unha carreira de montaña ameaza unha especie en perigo e un castro

Medio Ambiente - 29 Marzo 2016

Varias entidades ecoloxistas din que o Costa Trail de Oleiros "Seixo Branco" poría en perigo ao corvo mariño cristado e o castro catalogado de Punta Roza, en Dexo.

Mapa de sustentabilidade forestal en España / Javier Martínez-Vega, , Samir Mili , Pilar Echavarría (2016):

Os bosques de Pontevedra e Ourense, entre os máis ameazados en España

Medio Ambiente - 23 Marzo 2016

O sur de Galicia e parte da costa mediterránea teñen os peores índices de sustentabilidade global dos bosques, segundo un estudo do CSIC. A Coruña tamén destaca polos seus valores negativos e só se salva Lugo. Os lumes son a principal ameaza para a masa forestal galega.

Auga da billa.

Canta auga consumimos?

Medio Ambiente - 22 Marzo 2016

Os seres humanos consumen centos de millóns de litros de auga ao día sen darse de conta; no aseo, na cociña ou na produción de alimentos. Por iso é importante a prevención deste ben necesario para a vida.

Plantación de eucalipto/greenpeace.org

Denuncian que o novo Plano Forestal privatiza os montes comunais

Medio Ambiente - 19 Marzo 2016

Varias entidades critican a política de montes do Partido Popular por ser "totalmente forestalista e primar a Ence e din que “seguirá a provocar a perda de solos e a persistencia dos incendios forestais”.

Os integrantes de Ecotox: Óscar Nieto, Ricardo Beiras, Paula Sánchez, Raimundo Blanco, Tania Tato, Leticia Vidal e Sergio González / DUVI.

Menos contaminación por chumbo e máis augas fecais nas rías galegas

Medio Ambiente - 09 Marzo 2016

O grupo Ecotox da Universidade de Vigo xestiona o único visor cartográfico que achega información inmediata da situación ambiental das augas costeiras de Galicia.

Exemplar de pardela cincenta / Axencia SINC. Unha pardela cincenta co seu ovo / SEO-BirdLife.

Galicia, último refuxio da pardela cincenta

Medio Ambiente - 29 Febreiro 2016

Científicos explican por primeira vez como se produciu a estraña colonización desta especie ameazada, que empezou a reproducirse nas illas Cíes, Sisargas e Coelleira hai só unha década, ampliando a súa distribución 500 quilómetros cara ó norte no Atlántico.

Cría de mazarico real / Jesús Domínguez Conde.

Obxectivo: salvar o mazarico real

Medio Ambiente - 24 Febreiro 2016

Investigadores da Universidade de Santiago inician un novo proxecto para protexer esta ave, da que só quedan catro parellas reprodutoras, localizadas na provincia de Lugo.

Ence, dende a praia de Lourido / Diego Portela en Flickr.

Ence acusa aos que están en contra da papeleira de usala con fins políticos

Medio Ambiente - 23 Febreiro 2016

Nun anuncio publicado en varios medios a papeleira nega as acusacións de contaminación no concello e i nsta aos que non están de acordo coa súa ampliación a que vaian aos tribunais.

Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia

Comeza a loita contra outro megaproxecto mineiro en Galicia

Medio Ambiente - 22 Febreiro 2016

Os proxectos mineiros do Grupo M-FM 2001 SL afectan a catro concellos da Costa da Morte e é cinco veces maior ao de Corcoesto. Os veciños comezan a organizarse para presentar alegacións.

Lobo mariño atopado en Camelle. / Diego Alonso Freire en Youtube.

Recollen unha cría de lobo mariño en Camelle

Medio Ambiente - 22 Febreiro 2016

O exemplar foi levado ao centro de recuperación da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños - CEMMA. Vídeo no interior.

Plantación de eucalipto/greenpeace.org

Todos a favor de potenciar as árbores autóctonas, agás o PP

Medio Ambiente - 19 Febreiro 2016

Unha campaña de ADEGA pide a prohibición do cultivo do Eucalyptus nitens e a creación dun Catálogo Galego de Especies Alóctonas Invasoras.

Exemplar na UCI de lobos mariños / CEMMA.

Morre o lobo mariño atopado na praia coruñesa de Bens

Medio Ambiente - 08 Febreiro 2016

O animal fora recollido o pasado día 4 e faleceu tras chegar á costa galega con grave deshidratación, desnutrición, anorexia e esgotamento extremo. A CEMMA advirte de que poden aparecer máis exemplares polos temporais. Tamén apareceu morto un golfiño en Vigo.

Lobo mariño atopado na Coruña. / Policía Local da Coruña.

Consellos para actuar ante os lobos mariños na costa galega

Medio Ambiente - 05 Febreiro 2016

A tempada de lobos do mar nas nosas costas comezou antes do previsto e continúa. Por iso, a CEMMA ofrece unha serie de recomendacións por se nos atopamos con algún exemplar. Este xoves apareceu un na praia coruñesa de Bens.

Lobo mariño atopado na Coruña. / Policía Local da Coruña.

Expectación na praia coruñesa de Bens pola aparición dun lobo mariño

Medio Ambiente - 04 Febreiro 2016

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) xa se fixo cargo del.

Un exemplar de raposo vermello / I, Malene.

Os raposos vermellos proban que Galicia ten niveis baixos de contaminantes metálicos

Medio Ambiente - 02 Febreiro 2016

Un equipo de científicos estuda por primeira vez exemplares galegos para coñecer a situación ambiental do noso territorio e comparar os resultados cos obtidos noutras zonas de Europa.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.