Exemplar de pardela cincenta / Axencia SINC. Unha pardela cincenta co seu ovo / SEO-BirdLife.

Galicia, último refuxio da pardela cincenta

Medio Ambiente - 29 Febreiro 2016

Científicos explican por primeira vez como se produciu a estraña colonización desta especie ameazada, que empezou a reproducirse nas illas Cíes, Sisargas e Coelleira hai só unha década, ampliando a súa distribución 500 quilómetros cara ó norte no Atlántico.

Cría de mazarico real / Jesús Domínguez Conde.

Obxectivo: salvar o mazarico real

Medio Ambiente - 24 Febreiro 2016

Investigadores da Universidade de Santiago inician un novo proxecto para protexer esta ave, da que só quedan catro parellas reprodutoras, localizadas na provincia de Lugo.

Ence, dende a praia de Lourido / Diego Portela en Flickr.

Ence acusa aos que están en contra da papeleira de usala con fins políticos

Medio Ambiente - 23 Febreiro 2016

Nun anuncio publicado en varios medios a papeleira nega as acusacións de contaminación no concello e i nsta aos que non están de acordo coa súa ampliación a que vaian aos tribunais.

Manifestación contraMINAacción en Santiago contra a minería en Galicia

Comeza a loita contra outro megaproxecto mineiro en Galicia

Medio Ambiente - 22 Febreiro 2016

Os proxectos mineiros do Grupo M-FM 2001 SL afectan a catro concellos da Costa da Morte e é cinco veces maior ao de Corcoesto. Os veciños comezan a organizarse para presentar alegacións.

Lobo mariño atopado en Camelle. / Diego Alonso Freire en Youtube.

Recollen unha cría de lobo mariño en Camelle

Medio Ambiente - 22 Febreiro 2016

O exemplar foi levado ao centro de recuperación da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños - CEMMA. Vídeo no interior.

Plantación de eucalipto/greenpeace.org

Todos a favor de potenciar as árbores autóctonas, agás o PP

Medio Ambiente - 19 Febreiro 2016

Unha campaña de ADEGA pide a prohibición do cultivo do Eucalyptus nitens e a creación dun Catálogo Galego de Especies Alóctonas Invasoras.

Exemplar na UCI de lobos mariños / CEMMA.

Morre o lobo mariño atopado na praia coruñesa de Bens

Medio Ambiente - 08 Febreiro 2016

O animal fora recollido o pasado día 4 e faleceu tras chegar á costa galega con grave deshidratación, desnutrición, anorexia e esgotamento extremo. A CEMMA advirte de que poden aparecer máis exemplares polos temporais. Tamén apareceu morto un golfiño en Vigo.

Lobo mariño atopado na Coruña. / Policía Local da Coruña.

Consellos para actuar ante os lobos mariños na costa galega

Medio Ambiente - 05 Febreiro 2016

A tempada de lobos do mar nas nosas costas comezou antes do previsto e continúa. Por iso, a CEMMA ofrece unha serie de recomendacións por se nos atopamos con algún exemplar. Este xoves apareceu un na praia coruñesa de Bens.

Lobo mariño atopado na Coruña. / Policía Local da Coruña.

Expectación na praia coruñesa de Bens pola aparición dun lobo mariño

Medio Ambiente - 04 Febreiro 2016

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) xa se fixo cargo del.

Un exemplar de raposo vermello / I, Malene.

Os raposos vermellos proban que Galicia ten niveis baixos de contaminantes metálicos

Medio Ambiente - 02 Febreiro 2016

Un equipo de científicos estuda por primeira vez exemplares galegos para coñecer a situación ambiental do noso territorio e comparar os resultados cos obtidos noutras zonas de Europa.

Espazo protexido do complexo húmido de Corrubedo e a mina que ten ao seu carón / Adega

Galicia contará cunha rede de parques naturais este ano

Medio Ambiente - 02 Febreiro 2016

A Xunta quere que os sete parques naturais galegos e o Parque Nacional das Illas Atlánticas "aproveiten sinerxias" e teñan unha "folla común de traballo".

Cortan un carballo de 160 anos en Ourense / Amigos da Terra

Cortan un carballo de 160 anos en Ourense por mor dunhas obras de Fenosa

Medio Ambiente - 29 Xaneiro 2016

Amigos da Terra denuncia que a árbore estaba a carón do Camiño de Santiago. Tiña unha altura de 25 metros e un perímetro de 4 metros e 10 centímetros.

Campus de Santiago. / USC.

A USC, unha universidade comprometida co medio ambiente

Medio Ambiente - 26 Xaneiro 2016

O GreenMetric Ranking of World Universities 2015 destaca a Universidade de Santiago entre as que máis esforzos fan no mundo por protexer o medio ambiente.

Viaxe ás Cíes de varios destacados usuarios das redes sociais / Oliver Vegas

Os “instagramers” toman as illas Cíes

Medio Ambiente - 24 Xaneiro 2016

Once destacados usuarios das redes sociais visitan o arquipélago dentro dunha iniciativa turística impulsada polo Concello de Vigo.

Bulldozer abrindo a canle artificial na Lagoa da Frouxeira- Valdoviño / ADEGA

Baleiran artificialmente o humidal protexido da Frouxeira

Medio Ambiente - 10 Decembro 2015

Adega cuestiona esta actuación e denuncia que alterar a dinámica natural "a golpe de escavadora para salvagardar un paseo marítimo mal deseñado" non é unha estratexia válida para xestionar un espazo protexido.

Balsa de auga da mina de Neme, en Carballo

Galicia súmase ao pacto sobre auga e cambio climático no Cumio do Clima de París

Medio Ambiente - 09 Decembro 2015

A conselleira Beatriz Mato participa neste encontro mundial para loitar contra unha das maiores ameazas que afronta a humanidade.

Tiburón peregrino no porto de Ares.

Un tiburón peregrino no porto de Ares

Medio Ambiente - 07 Decembro 2015

O exemplar, de case cinco metros, morreu tras ser atopado no trasmallo dun barco pesqueiro. Vídeo no interior.

Campus de Vigo. / DUVI.

A Universidade de Vigo marca mínimos históricos en emisións de CO2

Medio Ambiente - 05 Decembro 2015

A UVigo vén reducindo as emisións contaminantes desde o ano 2009, cando acadaron o seu máximo histórico.

Golfiño varado na praia de Razo / CEMMA.

Morre un golfiño na praia de Razo logo de varios intentos de volvelo ó mar

Medio Ambiente - 23 Novembro 2015

O cetáceo varou no areal carballés e foi atendido primeiro por Protección Civil e logo por un equipo de CEMMA.

Catedral de Santiago/ periodistadigital.com

O ano 2015, camiño de ser un dos máis secos das últimas tres décadas en Compostela

Medio Ambiente - 21 Novembro 2015

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC advirte de que desde o primeiro de outubro se contabilizaron só 249 litros por metro cadrado.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.