Tren AVE de Talgo, Avril / Arquivo

Os outros efectos medioambientais dos atrasos do AVE en Galicia: 120.000 toneladas de CO2 innecesarias

Medio Ambiente - 08 Abril 2024

O avión emite uns 115 quilos de dióxido de carbono por pasaxeiro, mentres que o tren de alta velocidade só emite 14. Os continuados atrasos da chegada do tren de Alta Velocidade a Galicia tamén poden ter influido no aumento das emisións contaminantes.

Río Ulla / Arquivo

Especies invasoras: o río Ulla, onde 6 de cada 10 quilómetros están colonizados pola orella de gato

Medio Ambiente - 07 Abril 2024

A asociación medioambiental Amabul leva dez anos organizando labores de retirada desta planta que onde prolifera remata cos narcisos e os freixos. "A situación agora mesmo no Ulla está bastante mal", asegura o seu presidente, Rubén Villasenín.

Orella de gato / Arquivo

Especies invasoras: orella de gato, unha planta que se espalla preto dos ríos como por arte de maxia, sen sementes

Medio Ambiente - 06 Abril 2024

O seu nome provén da forma da súa flor, con tres pétalos brancos rematados en punta, que recordan ás orellas dos gatos. Como conta a Galicia Confidencial o investigador Jonatan Rodríguez nunha nova entrega da serie de especies invasoras, é todo un enigma, pois "nun principio as flores que aparecen en Galicia poderían ter a posibilidade de ser polinizadas e producir froitos, pero nunca se viu ningún froito con sementes, todas abortan".

A senadora Carme da Silva pregunta na Cámara Alta / BNG - Arquivo

O BNG pedirá ao Goberno central que se opoña ao proxecto de Altri

Medio Ambiente - 05 Abril 2024

O BNG reclamará na próxima sesión de control ao Goberno no Senado que manifeste a súa oposición ao proxecto e que quede excluído das axudas PERTE de descarbonización industrial.

Lugar onde se quere facer o parque eólico de Monte da Croa, paralizado cautelarmente polo TSXG / Adega

O TSXG paraliza outro parque eólico, o de Monte da Croa, que afecta a 26 especies protexidas

Medio Ambiente - 05 Abril 2024

O TSXG cre que existen suficientes indicios que proban as deficiencias da avaliación ambiental do polígono eólico proxectado na Costa da Morte.

A fábrica de aluminio de Alcoa, en San Cibrao, Cervo, en xaneiro de 2024 / Carlos Castro - Arquivo

A organización Ecoloxistas Galicia denuncia irregularidades na autorización ambiental de Alcoa

Medio Ambiente - 04 Abril 2024

Ecoloxistas Galicia “Atlántica e Verde” apunta que nos metadatos do expediente de autorización ambiental (AAI) aparece a sinatura dun traballador en lugar da sinatura de técnicos da Xunta

Arquivo - Viaduto sobre o Río Ulla.. ADIF - Arquivo / Europa Press

Ecoloxistas piden protexer o río Ulla ante a "ameaza" da fábrica de Altri

Medio Ambiente - 04 Abril 2024

PACMA oponse tamén á megacelulosa que se quere instalar en Palas de Rei.

Ría do Burgo / Ministerio de Transición Ecolóxica - Arquivo / Europa Press

Os mariscadores do Burgo denuncian que o dragado no permite a sementeira do marisco

Medio Ambiente - 03 Abril 2024

"Non hai información sobre o tipo de sedimento final", alerta un informe da Confraría de Pescadores.

Pancarta en contra de Altri nunha ponte sonbre o río Ulla ao seu paso por Monterroso. ULLOA VIVA / Europa Press

UU.AA. rexeita o proxecto de Altri na Ulloa, critica que non é o presentado inicialmente e presentará alegacións

Medio Ambiente - 02 Abril 2024

A CIG súmase ás alegacións das plataformas da comarca e da Ría de Arousa e Fruga ve "perigo" para a actividade agropecuaria.

Proxecto de Altri en Palas de Rei (Lugo) e a súa localización xunto á ZEC Serra do Careón.. ADEGA

O que a Xunta oculta con Altri: a ampliación da Rede Natura e tres especies en extinción na Serra do Careón

Medio Ambiente - 31 Marzo 2024

Entidades ecoloxistas e políticos denuncian que a Xunta reduciu a zona de protección proposta para a Rede Natura na zona onde se proxecta a planta de Altri. Hai tres especies en perigo de extinción. O Ministerio de Transición Ecolóxica recomenda á Xunta ampliar a Rede Natura Serra do Careón pola presenza de especies protexidas.

Uña de gato / Arquivo

Especies invasoras: uña de gato, unha planta cuxa primeira descrición botánica en España data do ano 1900 no Grove

Medio Ambiente - 30 Marzo 2024

As Rías Baixas no mes de abril están invadidas pola cor violeta, a desta especie invasora chamada 'Uncaria tormentosa'. Encántanlle as altas temperaturas e as zonas de dunas, nas que se impón fronte a especies endémicas. Jonatan Rodríguez, investigador da USC que participa nun estudo sobre a perigosidade desta planta para os ecosistemas, conta ao Galicia Confidencial as características desta planta.

Trampas geolocalizadas contra as velutinas. XUNTA DE GALICIA / Europa Press

A Xunta coloca trampas xeolocalizadas contra as velutinas onde se atoparon niños en anos anteriores

Medio Ambiente - 29 Marzo 2024

Este é o primeiro ano que se establece un plan de actuación homoxéneo para todos os municipios galegos.

Proxecto de Altri en Palas de Rei  e a súa localización xunto á ZEC Serra do Careón.. ADEGA

Sindicato Labrego Galego pide un informe sobre o impacto da factoría de Altri na reserva Terras do Miño

Medio Ambiente - 27 Marzo 2024

O SLG sinala que existe unha "preocupación cada vez maior" entre os cidadáns ante a posibilidade da instalación desta industria "depredadora de recursos naturais"

Terreos onde se construirá a planta de Altri en Palas de Rei / EP

A SGHN sinala a planta de Altri como "arma de eucaliptización masiva" para Galicia

Medio Ambiente - 26 Marzo 2024

A Sociedade Galega de Historia Natural tamén destaca que é "un novo exemplo de maquillaxe verde do sector eucalipto-celulosa en Galicia"

Voluntarios de Lazoiro retiran lixo do río Tea / Lazoiro

Identificados 4.000 residuos abandonados en ríos, lagos e encoros galegos na campaña de Libera

Medio Ambiente - 26 Marzo 2024

Entre o lixo máis presente e caracterizado nas contornas fluviais galegos destacan as pezas de plástico de 2,5 cm-50 cm, as pezas de plástico de 0-2,5 cm e as latas de bebida.

Mimosas / UVigo - Arquivo

Sabes como foron colonizando as mimosas os montes autóctonos galegos?

Medio Ambiente - 24 Marzo 2024

A 'Acacia dealbata' leva connosco uns 200 anos e xa é imposible de erradicar. Jonatan Rodríguez, investigador de CRETUS na USC, liderou varios estudos nos que observaron que "nas zonas onde hai manchas de mimosas a diversidade de especies de insectos herbívoros, que poderían alimentarse dela, era menor en número á cantidade que hai nas zonas onde non hai mimosa".

Captura do vídeo nas redes sociais do Galicia Confidencial

(Vídeo) A plataforma Ulloa Viva recolle sinaturas na Feira do Queixo de Friol fronte á celulosa de Altri

Medio Ambiente - 24 Marzo 2024

Olalla Rodil apunta a que vai destruír "miles de postos de traballo vinculados á pesca e ao marisqueo".

Mimosas / UVigo - Arquivo

Especies invasoras: a mimosa, unha planta imposible de erradicar asasina o sotobosque autóctono

Medio Ambiente - 22 Marzo 2024

Dende o Galicia Confidencial continuamos coa nosa serie sobre especies invasoras en Galicia falando con Paula Lorenzo, investigadora da Universidade de Coimbra que nos afonda nas particularidades dunha planta procedente de Australia hai algo menos de dous séculos e que xa ten colonizada a nosa terra. Xunta ao seu equipo de investigación buscan formas de aproveitar o residuo que xera o control desta planta para sacar algo beneficioso de tantas cousas negativas que aporta, tendo en conta que "o nivel de invasión é tal que a súa erradicación xa é imposible no noroeste da Península Ibérica".

Carballo da Portela

As frondosas galegas en perigo mentres o eucalipto duplica a súa extensión en trinta anos

Medio Ambiente - 22 Marzo 2024

Os soutos e as fragas foron perdendo terreo de maneira acelerada durante as tres últimas décadas. Logo de que se aprobase o Plan Forestal de Galicia en 1992 a superficie de eucalipto en Galicia acabou duplicándose antes da finalización do plan prevista para 2030. Porén, algunhas voces de expertos piden realizar estudos previos de cara á repoboación e ao aproveitamento das diferentes árbores fuxindo de posturas encontradas.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.