Medio Ambiente - 29 Xuño 2017
A Asemblea Contra a Eucaliptización reacciona á traxedia do incendio de Pedregao Grande. O grupo de colectivos ecoloxistas identifica o monoculitvo de eucalipto para fornecer a ENCE como unha das principais causas dos incendios e lembra que antes dos anos 70 non había tantas vagas de lumes.
Medio Ambiente - 28 Xuño 2017
O programa que impulsa a Universidade de Santiago, en colaboración coa da Coruña, busca facer máis rendible esta área de montaña con accións agrogandeiras e forestais. O proxecto é liderado pola Deputación de Lugo e ten dous millóns de financiamento no marco do proxecto Life in Common Land.
Medio Ambiente - 27 Xuño 2017
Medio Ambiente destaca o "bo nivel” do aire tras os informes do pasado ano. Só a estación da Torre de Hércules superou o valor límite diario da partícula PM10. Amtega impulsa a creación dun novo Rexistro Galego de Emisións na Plataforma Galega de Información Ambiental (GAIA).
Medio Ambiente - 27 Xuño 2017
Na media noite do luns ao martes 27 de xuño, os pescadores de luras do peirao de Malpica puideron ver este exemplar de quenlla peregrina. O xornal Que pasa na Costa publica o vídeo.
Medio Ambiente - 26 Xuño 2017
A Corbicula fluminea xa colonizou 197 quilómetros na conca do Miño-Sil, segundo datos recollidos nunha tese doutoral da Universidade de Vigo.
Medio Ambiente - 23 Xuño 2017
Lugononovo anucia que levará o asunto ao Parlamento para que a Xunta responda por unha “intervención desproporcionada” que "terá repercusión" nos pacientes e familiares do centro hospitalario de Calde.
Medio Ambiente - 23 Xuño 2017
Destaca que Galicia leva anos "dando pasos" cara as enerxías limpas e márcase o reto de que o 100% da electricidade proceda de renovables.
Medio Ambiente - 21 Xuño 2017
A Axencia Espacial Europea publica máis imaxes tomadas polos seus satélites sobre a área de Pedrógão Grande.
Medio Ambiente - 21 Xuño 2017
Investigadores da Universidade de Hawai crean un mapa interactivo que recolle as grandes ondas de calor acontecidas nas últimas décadas e as predicións para este século. Galicia non se atopa entre as zonas con máis riscos, pero si aporta dous dos casos máis destacados polos científicos nos últimos tempos. Os investigadores alertan dos enormes perigos que afrontamos no mundo se non se reducen as emisións de gases de efecto invernadoiro.
Medio Ambiente - 20 Xuño 2017
O satélite Proba-V da Axencia Espacial Europea mostra a dimensión da traxedia.
Medio Ambiente - 19 Xuño 2017
Científicos galegos alertan da rápida expansión e colonización da corvinata real (Cynoscion regalis), especie nativa da costa atlántica de Norteamérica e depredadora de peixes e crustáceos. En Galicia foron atopados seis exemplares en 2016. Agora, investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC), do Grupo de Estudo do Medio Mariño e da Universidade de Vigo confirman "os primeiros rexistros desta especie en augas galegas e o informe máis setentrional da Península Ibérica".
Medio Ambiente - 16 Xuño 2017
Di que sen compromisos serios de xestión, sen orzamentos, e con ferramentas deseñadas para permitir autorizar calquera cousa ao abeiro dos intereses de turno, “é un engano”.
Medio Ambiente - 15 Xuño 2017
Galicia conta con 80.000 hectáreas de espazos protexidos en seis reservas. O obxectivo da Xunta é que todas “compartan” recursos e impulsen a actividade económica dos concellos nos que se atopan.
Medio Ambiente - 14 Xuño 2017
Os populares buscan aprobar unha nova proposta para 2018. En Marea, PSdeG e BNG critican que Galicia está "no furgón de cola" da protección da natureza.
Medio Ambiente - 13 Xuño 2017
A Dirección Xeral de Patrimonio Natural somete a información pública a inclusión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia na lista Ramsar.
Medio Ambiente - 07 Xuño 2017
Medio Ambiente licita os traballos de elaboración do censo de aves invernantes en Galicia e de valoración do estado de conservación das aves acuáticas invernantes na Rede Natura 2000. Aprafoga denuncia que se contrate empresas privadas con fondos europeos cando esa labor é parte das funcións dos axentes medioambientais.
Medio Ambiente - 06 Xuño 2017
Investigadores das universidades de Vigo e Coimbra constatan que a Acacia dealbata está invadindo comunidades vexetais inalteradas ata agora. Conclúen que os incendios teñen un importante papel na súa dispersión e a matogueira sería unha barrera eficaz.
Medio Ambiente - 05 Xuño 2017
ENCE só declarou 13 de 46 contaminantes en 2015. Que pasa para que haxa medicións tan distintas?. Un informe do experto en contaminación ambiental Ramón Varela detectou grandes disparidades nos datos da empresa que foron validados pola Xunta.
Medio Ambiente - 05 Xuño 2017
Tamén analizará a repoboación deste espazo, afectado por un elevado número de especies exóticas invasoras.
Medio Ambiente - 02 Xuño 2017
A Xunta pon en marcha un plan con fondos europeos para protexer esta especie nas serras do Courel e Os Ancares.